A loxica do mal menor- Xesús Veiga

264c2-xesusveigaA lóxica do mal menor ven presidindo os xuízos valorativos sobre a evolución das vellas Caixas de aforro galegas dende o ano 2009.O contexto dominante naquel momento estaba caracterizado por tres feitos relevantes:a coñecida liña estratéxica da gran banca en favor da eliminación destas entidades non privadas, de carácter social; a política permisiva do Banco de España ante esa dinámica liquidadora e a constatación dos graves problemas de solvencia que presentaban as Caixas por mor da xestión temeraria dos seus directivos.

Caixanova e Caixagalicia tiñan dous camiños alternativos para buscar unha saída aos graves problemas que padecían:seguir en solitario asumindo a contrastada posibilidade dunha absorción ou fusión con Caixas ubicadas noutros territorios do Estado ou acometer a unión de ambas para reforzar a súa posición ante as novas circunstancias que se estaban rexistrando no ámbito financeiro.Dende o ámbito político, o BNG defendeu a segunda opción (ademais de postular un novo marco normativo que solventase as graves eivas da lexislación precedente) para evitar o mal maior dunha desaparición fáctica das entidades galegas a través da integración subordinada noutros grupos que se estaban xestando naquela altura.

A posición da organización nacionalista asumía os riscos teóricos asociados á fusión (eliminación dunha parte do persoal e diminución do grao de competencia vixente no panorama financeiro galego) a cambio dunha nova andaina que rachara coa nefasta liña de Méndez e Gayoso e dificultara a deslocalización que figuraba na folla de ruta dos principais centros do poder económico e político.Núñez Feijoo apuntouse á defensa formal da opción unionista porque temía o custe electoral derivado da desaparición total das Caixas galegas.A postura adoptada polo goberno Zapatero facilitáballe desempeñar un xogo que ofrecía menos vulnerabilidade fronte a un estado de opinión moi amplo que rexeitaba con indignación a tolerancia exhibida coas prácticas realizadas polos directivos desas entidades e non aceitaba o papel subalterno de Galiza na nova redistribución dos centros de gravidade financeiros no ámbito do Estado español.

Consumada a conversión de Novacaixagalicia nun banco propiedade do FROB, o presidente da Xunta non quixo defender o mantemento de NCG na área pública (coa necesaria transferencia da súa titularidade aos órganos do autogoberno galego) e nin sequera foi quen de aprazar a poxa ate o prazo establecido pola UE.Chegouse, pois, a unha situación con dúas saídas.A peor:a entrega de Novagalicia a un dos tres grupos hexemónicos do sector bancario español.A menos mala:a adquisición por Banesco ou por algún dos fondos norteamericanos presentes na poxa.A decisión finalmente tomada abre mais posibilidades para a pervivencia da dirección operativa da entidade galega, supón unha menor ameza para o cadro de persoal e non consolida o dominio oligopólico vixente no sector.

Os fans mediáticos de Feijoo anotan no seu haber o desenlace deste lamentábel calvario.Porén, a historia recente non se pode agachar ou simplificar.O PPdG é un dos principais responsábeis da desfeita protagonizada por Caixagalicia e Caixanova:os mandarinatos de Méndez e Gayoso só resultan explicábeis pola complicidade dos gobernos galegos que non exerceron o papel que lles correspondía.O bipartito tamén compartiu –obviamente nunha dose moito menor- semellante neglixencia suicida.A reacción tardía de Alberto Núñez obedeceu a unha dupla circunstancia:neutralizar a presión exercida dende  sectores relevantes da oposición parlamentaria e da opinión publicada, buscando, ao mesmo tempo, unha singularidade na propia estrutura de poder do PP.Tiña que evitar a imaxe final dunha entidade bancaria convertida na sucursal do BS, do BBVA ou de Caixabank para non arruinar definitivamente a súa ambiciosa carreira política.

Xesús Veiga

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.