Marca Galicia vs. Marca España- Xoan Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lema CADERNOS DA VIAXE

O 2014 comeza co máis baixo recoñecemento internacional da “Marca España”: a Monarquía atinxida por un escándalo de lavado de capitais e malversación de cartos públicos, Sacyr  chantaxeando á Autoridade da Canle de Panamá para obter o tan español “reformado” despois de eliminar á competencia internacional cunha oferta temeraria ou un Ministerio de Industria que subvenciona en 1300 M€ á REE para potenciar o transporte da enerxía no canto da produción e autoconsumo, como recomendan os expertos  internacionais.

A “marca España” identifícase co capitalismo castizo do BOE, condenado ao fracaso como todos os capitalismos que non respectan dúas liñas vermellas: a cohesión social e a libre concorrencia. Rajoy, como bó Rexistrador da Propiedade, acredita máis nos aranceis, nos basculeiros e nos listeiros ca na innovación e competencia. Mentres Madrid, cun 20% do PIB estatal, duplica o nível que por economía produtiva habería acadar. Velaí a Marca España.

Diante desta catástrofe, é absurdo subordinar a “Marca Galicia” a esta decadente referencia. Como tamén, probábelmente, confrontala. O máis intelixente é facer marca propia, de noso. Porque Galicia é relativamente ben coñecida no ámbito europeo, latinoamericano e, potencialmente, lusófono, sobardando con moito os 500 millóns de persoas de público obxectivo que reside nos espazos territoriais que coñecen o noso País no mundo. E desfrutamos de  elementos referenciais tan sobranceiros como o Camiño de Santiago, a mesta rede de Centros Galegos no exterior, Inditex, as Rías Baixas ou o Deportivo da Coruña, canda unha marca “Galicia Calidade”, ben potente no que atinxe ao sector agroindustrial e ao complexo mar-industria e que precisaría da súa referenciación sobranceira no complexo monte-industria, nas novas tecnoloxías agrogandeiras e acuícolas, no téxtil e nas tecnoloxías da información e comunicación.

Galicia ten unha nidia vocación portuaria, ponte entre América e Europa e atópase xusto a carón da principal autoestrada do mundo, que dende London, a desembocadura do Rhin e a área do Ruhr amorea máis do 20% do PIB europeo. Unha caste de Quinta Avenida de New York fronte á que Madrid e o centro do Estado constitúen algo semellante ao Bronx.

Aínda seremos quén a dubidar cara onde temos que ollar?

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.