O talante de Rajoy- Antonio Campos Romay

 

Sin títuloNa vergoñenta entrevista entre o Sr. Rajoy e a xornalista Gloria Fernández Lomana, directora de Informativos de Antena 3, casada con D. Josep Pique o que fose compañeiro de Consello de Ministros de D. Mariano baixo a batuta do Sr. Aznar, a mellor conclusión a que pódese chegar, e que D. Mariano gaña moito cando fala a través do plasma. Garantida a imparcialidade e xeito inquisitivo da xornalista, que so podería ficar atoldada por D. Paco Marhuenda, faise difícil determinar quen cometía mais despropósitos. Dende o principio ate entrega pola xornalista do “libro gordo de Petete” a un Sr. Rajoy fora de escena, sucedéronse abraiantes secuencias de vacuidades e imprecisións que mesmo invitaban a unha longa soneca nunha tardiña desapracible a carón dun radiador.

Esforzouse a reo na defensa dos mais impresentables membros do seu gabinete, e da consorte de Undargarin, que por razóns que a razón agocha, un adiviñador Don Mariano anticípalle un futuro plácido e feliz gozando dun patrimonio tan limpamente conseguido e con rumbosos patróns dispostos a que na súa mesa (nesa polo menos) non falten os doces. O pan, xa dicíao María Antonieta,  e cousa de probes. En canto a defensa dos seus perdularios, non e senón un recoñecemento de que baixo a súa faciana de cordeiro degolado D. Mariano e o único responsable das falcatruadas  cometidas contra da cidadanía por eles. A súa tarefa e  poñer cara as tropelías, pero o autor intelectual das mesmas e un só: D. Mariano Rajoy Brey.

El e autor intelectual do desmantelamento da Sanidade, do recurte das pensións, da esnaquización do ensino público, do proxecto de lei de aborto mais retrograda de toda Europa… Mesmo a ultradeireta francesa  refugaa por boca de Marine Le Pen… Ese aborto de lei non e una pedrada ao dereito das mulleres exclsusivo dese ex-alcalde que sumiu na ruína o concello de Madrid mentres untaba a un tal Undargarin. Un “progre” de pacotilla que sacou a careta para mostrar a súa verdadeira vocación, servil lacaio da dereita clerical e reaccionaria. Non é Dona Ana Mato, cúas dificultades de visión non lle permiten distinguir un Jaguar dun Seat non seu garaxe. Non é ese tal Sr Wert que cando deixe o ministerio convíñalle facer unha reconstrución da faciana, pórse unha perruca a abandonar o país durante bastantes anos, mentres as mozas e mozos que encirrouse en esmagarlles o futuro cheguen a corentóns e esquezan tal personaxe, a vez sinistro e ridículo.

Non. O único responsable e un tal D. Mariano Rajoy,  – “Un home moderado de centro” -, que non e nin unha cousa nin a outra. El é, tal como goberna. Un intolerante suxeito empeñado en impedir que as xentes deste país convulso que convimos en chamar España practiquen a súa liberdade individual, e que poidan aspirar a unha sociedade con igualdade de dereitos. Un home que carece de respecto pola liberdade de expresión da cidadanía… Alguén que pon en práctica cada día dende o seu poder e os canles da súa formación política (PP) aquilo de “Disgústanos os que son distintos de nos. Os que non creen o que nos creemos, nin senten o que nos sentimos”.  E para eles non haberá lugar no reino deste mundo.

A Xustiza Social (da que fala a Constitución) o dereito ao Estado de Benestar (que impregna a Constitución) xunto co exercicio da Liberdade e a Igualdade , son os alicerces sobre que se basea o Estado Social e de Dereito que consagra a Carta Magna.

A cultura política democrática, cando non e apenas un verniz epidérmico, sínteo de seu. O que non e o caso dos gobernantes que encheselle a boca de constitucionalismo, e fan da Constitución unha maza para bater nas cabezas dos demócratas que de verdade creen os valores que consagra. A violan, vulneran e transgriden a cotio, coa a impunidade de quen no fondo non pensan senón que e aparello útil, en canto sirva as súas apetencias persoais.

Refrescar a memoria histórica podería ofrecermos a frase do Rei Felón, Fernando VII, Borbón como os que vexetan pola Zarzuela, cando dicía, “Marchemos francamente, e Eu o primeiro, pola senda constitucional”…Con constitucionalistas coma lestes xa non fan falla golpistas

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.