Pois vai ser que non. Que non somos iguais ante nada- Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayAínda co patriarca da tribo borbónica afincada de xeito teimudo nestes vales afirmase enchendo peito, que os españois somos ¿todos? iguais diante da lei, nunha das súas homilías de nadal, o certo e verdade e que nin somos nin pinta que vaiamos selo a curto prazo iguais diante da femia dos ollos vendados a carón dunha balanza.

Magoa. Pois a afirmación prometía. Mais a crúa realidade e que non somos iguais, nin diante da xustiza, nin da facenda, nin da saúde, nin do ensino. Mesmo cada dia, ou mais ben, cada Consello de Ministros que pasa somos mais desiguais, e dende logo co discorrir  do tempo, gárdanse menos as formas para disimulalo

Non hai parangón que homes ou mulleres a quen as circunstancias da a súa vida poida levalos a atoparse diante dun xuíz, que conten coa afervoada loita dun fiscal a prol de desimputalos dos seus problemas. Ou cun avogado do estado, que a tempo completo, poña todos  os seus saberes e coñeceres ao seu servizo;  ou que tratándose dun tema económico unha Axencia Tributaria mostre unha comprensión e afabilidade que mesmo fai saltar as bagoas cal si tratásese dun pasaxe dos Contos de Nadal con Dickens poñendo sordina.

Diante dunha inspección dos sempre severos funcionarios de Facenda, – e non por eles precisamente, que salvo moi raras excepción son xentes rigorosas e imparciais, e sobre todo de impecable profesionalidade -, non vai ser o mesmo prognostico o dun mileurista (¡que sorte a dia de hoxe¡) que se trabucou nunha cantidade mínima que o dunha empresa do IBEX ou similares para as que o Sr. Montoro non para de matinar agasallos, aínda a costa de separar “díscolos” funcionarios entregados pulcramente ao cumprimento da súa actividade profesional.

Cando o Sr. Borbón,  (o mellor amigo de Dumbo), operase a cadeira, faino cos cartos do común nunha sanidade nada común, cuns doutores menos comúns (quizais de nome), tras de superar unha lista de espera que levaría ao éxtase orgástico a calquera responsábel da sanidade común. Cando a cadeira forma parte do corpo dos vasallos, lestes esperan con paciencia franciscana, aportan o seu óbolo en forma de repago, e si están en activo séguese inquisitorialmente o seu proceso non sexa anden de vagar un día mais da conta.

O ensino estase a converter nunha carreira de obstáculos para os que menos teñen. O que debera ser o maior dos mecanismos de socialización de horizontes dentro dun marco de igualdade de oportunidades estase a trocar nun feito real de discriminación a través de medidas económicas regresivas. Regresivas e cargadas de intención segregadoras.

Trescentos anos ante de Cristo Aristoteles sinalaba que “o único estado estable e aquel en que tódolos os cidadáns son iguais ante a lei”.. Cun toque cínico ou pragmático, velaí a dubida,  Abraham Lincon falaba que “tódolos homes nacen iguais, pero e a derradeira vez que o son”…

Ogallá non fora certo aquel conto da sabedoría popular, pero que todo o que acontece cada dia e dende os medios de comunicación achegase a nos dalle plena validez: “cando un probe esta bébedo todos din borrachón…cando un rico embriagase todos din, que simpático esta o cabaleiro”.  A realidade ven de ser terca, non si Dona Cristina, Sr. Blesa, Sr. Oriol Pujol, e demais nomenclatura da diferenza mantida adrede?

Ogallá alguén escoitase a un “radical extremista”, o Sr. Jefferseon,  que fai xa dous séculos cando nacia a república norteamericana, proclamaba “Igualdade de dereitos para todos, privilexios para ninguén”

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.