Medo á luz- Xoán Antón Pérez Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

De cativos algún tiñan medo á escuridade e de maiores todos temos medo á luz. Ou, para sermos máis exactos, á factura da enerxía, que constitúe  un grave abuso canto á súa contía e transparencia. Non por acaso o Estado español é o terceiro da UE onde a enerxía é máis cara, tendo medrado dende 2004 nun 70% por mor da política de absoluta parcialidade a prol das grandes distribuidoras dos ministros de Zapatero- Sebastián- e de Rajoy-Soria-. Grandes distribuidoras onde atopan retribución abonda en cómodos postos de conselleiros ou asesores antigos dirixentes socialistas e populares como Felipe González, Elena Salgado, José Mª Aznar, Angel Acebes ou Nemesio Fernández-Cuesta, a xeito de retribución polos servizos prestados. O actual ministro de Economía, Luis de Guindos, foi conselleiro de Endesa entre 2010 e 2011, percebindo nese tempo un pagamento de 368.000 €.

Os gobernantes socialistas e populares optaron, xa que logo, por se pregar ao oligopolio colusivo das tres distribuidoras-comercializadoras dominantes (Gas Natural-Fenosa, Iberdrola e Endesa) e por abandonar á súa sorte aos cidadáns e empresas deste País. Os primeiros, nun grande número, ficaron condenados á pobreza enerxética. As segundas, nomeadamente as empresas industriais, aturan uns custos desproporcionados que mancan a súa competitivade, cando non determinan a súa inviabilidade.

A reforma eléctrica do PP afonda, tamén, na absurda penalización dun autoconsumo que habería estar ben tratado, por acadar os custos de transporte e distriubución o 15% dos totais de posta na rede da enerxía producida. A maior abastanza, as novas reformas agravian aos países produtores de enerxía, como Galicia, que aturan os custos ecolóxicos da produción hidroeléctrica, térmica ou eólica recebindo en troques unha sobrepenalización, mentres a súa  potencialidade eólica é destruída a mantenta. O réxime tarifario discrimina abafantemente a Galicia e beneficia aos territorios como Madrid, que consumen sen producir.

Velaí o sentido da recentemente creada ACOUGA, entidade apartidista de defensa dos consumidores galegos. Centrada nomeadamente nos sectores enerxético, asegurador, bancario e de telecomunicacións, que é onde se producen os abusos máis graves.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.