A forza das candidaturas abertas- Xoán Antón Pérez Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Percorre a nosa sociedade a necesidade de acadarmos a transparencia do sistema de representación e máis a rexeneración das estruturas políticas, o que conleva precisamente a adopción das candidaturas abertas, a elección dos candidatos en primarias abertas á cidadanía e mesmo a adopción de mecanismos de control,como a posibilidade de que a cidadanía poida instar,na metade do mandato do cargo representativo correspondente, un referendo que confirme ou revogue ao cargo eleito para o resto do mandato.

Fronte esta onda de cambio àlzanse as xerarquìas burocráticas das organizaciòns do bipartidismo dinástico-e màis algunhas outras- que queren manter un “status quo”, no que un Xefe manda e unha pequena elite dirixen os Partidos. Partidos nos que se tenta recrutar xente pouco crìtica e pouco pensante, que non cuestione  as ideas e ocorrencias dos líderes nin a lòxica interna destas burocracias. En troques, os partidos, nomeadamente PP e PSOE, proven de postos de traballo ben retribuìdos a persoas que, malia o seu carácter de cargos gobernamentais, orgánicos ou  eleitos, non teñen capacidade real de modificar nin influir no discurso e programas do Partido.

Co sistema de candidaturas abertas e coa elección dos candidatos en elecciòns primarias abertas a afiliados,simpatizantes e simples cidadàns que manifesten a sùa adhesión ao proxecto do Partido correspondente, tronzarase  o mecanismo xeràrquico que lles impide  a moitos líderes cìvicos  fornecer as candidaturas. Nun sistema transparente e democrático de primarias o líder veciñal ou social, o profesional, o bò  xerente, o comunicador ou o intelectual poderàn concorrer con bò suceso fronte aos funcionarios de Partido favoritos de cadansùas direcciòns endogámicas. Abrìranse as fiestras e ventilarase o abafante ambiente político, onde se achegaràn persoas con opinión, traxectoria social e dedicación profesional de seu allea à política. Para alèn diso, os candidatos estarán moito màis pendentes de conectar coas bases e coa sociedade e deixaràn nunha terceira orde a compatibilidade cos burócratas ao mando.

Candidaturas abertas, primarias abertas à cidadanìa, referéndum revogatorio e moita màis proporcionalidade electoral sen umbrais mìnimos. Velaì unha boa proposta para acadarmos màis e mellor democracia

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.