A deriva bélica da Unión Europea- Iñaki Martínez

imagen-gastos_0Hai uns días publicouse no Diario Oficial da Unión Europea un acordo internacional entre a Unión Europea e a República de Chile. Podedes ver o acordo en http://www.boe.es/doue/2014/040/L00001-00007.pdf .

 O acordo non trata de comercio internacional nin de colaboración científica e cultural, se trata de un tratado militar para que as Forzas Armadas chilenas participen en operacións de “xestión de crises” (ou sexa, de guerra) que a Unión Europea desenvolva na súa “área de influenza”.

 A cousa ten miga. Por un lado deámonos de conta de que o tratado non é ca OTAN senón coa Unión Europea, que como se ve, aínda que no plano social non parece que asuma novas obrigacións e competencias, as súas actividades están en plena expansión no eido militar. A perspectiva se confirma non so pola actividade da Unión Europea como tal no control militar das fronteiras libias senón tamén en acordos como este ou outro cuspido firmado con Xeorxia e que apareceu no mesmo Diario Oficial da Unión Europea uns días despois. Por outra banda é rechamante que se fale dunha “área de influenza” na que a Unión Europea se atribúe o dereito de intervir militarmente, unha deriva imperial incompatible co respecto á soberanía nacional dos estados situados na “área de influenza” europea. Tamén sorprende que Chile recoñeza a existencia desa “área de influenza”.

 Esta deriva militarista da Unión Europea, sen dúbida, como en Libia, en defensa dos intereses dos lobbies, pódenos traer máis de un desgusto. Por unha banda o custo en vidas de soldados europeos, combatentes inimigos e civís no papel de danos colaterais. Pola outra o enorme custo económico destes despregues militares, que non os pagarán ás corporacións cuios intereses se defenden senón os humildes cidadáns contribuíntes dos estados europeos, cuios intereses poden diverxer entre pouco e moito dos de as grandes corporacións. E se cadra estas operacións na “área de influenza” poden meternos en lios importantes, sobre todo cando a “área de influenza” da U.E. se superpoñe coa área de influenza doutras potencias. Pode ser un bo exemplo diso a situación actual de Ucraína, país en risco de guerra civil en cuio conflito a Unión Europea non fixo un papel pacificador senón máis ben o contrario, especialmente Alemania que xa tivo bastante responsabilidade na guerra Iugoslava coas súas estratexias xeopolíticas continentais. No caso de Ucraína a cousa pode ser moito máis grave para o resto de Europa pois falaríamos dunha guerra civil nun país con grandes divisións de tanques, tipo soviético, e armamento nuclear.

 É sorprendente ver como aquela Europa dos cidadáns que nos prometeron vaise convertendo nesta Europa dos oligopolios e os exércitos.

 ¿E que interese poder ter o Goberno de Chile en firmar un tratado militar desta caste coa Unión Europea? ¿Para que pode estar interesado en que soldados chilenos anden por exemplo por Mali ou outros países do Magreb? Podería ser unha maneira de manter ocupados ós seus militares, que andaban algo amolados polo que xulgaban abandono económico do goberno de Sebastián Piñera, é de recordarlles cal é o seu traballo. Sería unha maneira de telos entretidos bastante cara pois no acordo militar se especifica que cada exército se paga os seus propios gastos e non hai cousa máis cara que a guerra. Tamén pode ser que o goberno de Piñera sexa sensible a influenza dos mesmos lobbies que están interesados en que a Unión Europea actúe militarmente nos seus arredores. En calquera caso semella un aliñamento militar que afasta máis a Chile dos procesos de integración sudamericana e da procura dun papel máis independente de Sudamérica na escena internacional.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Iñaki Martínez. Guarda el enlace permanente.