A (I) lóxica antisistema- Xoán Antón Pérez Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Case todos estamos dacordo que, na Europa actual, està a avanzar un capitalismo financeiro que tende liquidar todos os avances sociais obtidos despois de 1945 (no Estado despois do 1977) e que posibilitaron, co Welfare State e co Estado social e democrático de Dereito, a meirande liberdade e calidade de vida obtida na historia contemporànea universal. Tamèn compre recoñecer que moitos partidos socialdemócratas europeos non foron quen a parar esta onda, senòn que mesmo contribuiron à mesma, como os Blair e Zapatero de cadansùas derradeiras etapas.

Mais o  recoñecemento desta indubidàbel realidade non constitùe chata ningunha para arquivar definitivamente as políticas gradualistas de transformaciòn social, de progresividade fiscal, de inclusión e cohesión social, de reformas electorais cara unha meirande transparencia e proporcionalidade, de igualdade de xènero… para adoptarmos unha táctica maximalista de todo ou nada onde se desprezan os avances transformadores co pretexto de que o que compre è facer unha revolución na que todos podemos estar dacordo contra que è, pero da que ninguèn coñece o obxectivo. Mesmo adoito se teñen presentado estas actitudes baixo fasquìa pseudocientífica, segundo teses defensoras de que xa non son posìbeis os sistemas mixtos porque a lòxica do capitalismo levarìao à liquidación de calquera concesión à integración social.

A historia moderna apréndenos que sò as sociedades cohesionadas son quèn a avanzar. Se non hai inclusión social haberà barbarie e mesmo violencia. Unha persoa oposta à integración social dos minusválidos ou à garantìa social da suficiencia enerxètica ou alimentaria da cidadanìa non è conservadora, è fascista. E o fascismo tende à liquidaciòn do sistema democràtico.

A polìtica ten que xerar soluciòns concretas e de ampla base que enfronten os problemas económicos e sociais. E mentres algùns sò consideren avanzar a medio de procesos reolucionarios non serán posìbeis alianzas sociais amplas que lle dean pulo aos procesos de transformación que garantan a cohesión social. Porque sò se pode reverter o actual proceso dende formulaciòns que se dirixan a todos ou  case todos e non sò a unha parte.

Gobernar supòn decidir entre o malo e o menos malo todos os días. Non obrigar escoller entre eu e o caos.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.