Dez anos despois, aínda a miseria dalgún tenta rabuñar réditos da maior masacre que sufriu España nun acto terrorista-Antonio Campos Romay

11MNon lles chegou mentir entón. Non lles chegou difamar as forzas e corpos de seguridade do estado,(“a policía de Rubalcaba”), cando levaba oito anos no poder una tal Sr. Aznar e o ministro de Interior era un tal Sr. Acebes. Non lles chegou maltratar a unha muller que perdeu ao seu fillo e por presidir unha asociacion de vítimas e ao tempo ser de esquerdas,  foi permanentemente aldraxada..Non lles chegou con denigrar ao xuíz e os fiscais que trataron o caso. Non, non lles foi abóndo. A súa insidia enfermiza nalgúns chega ate hoxe.

Nuns casos, entre dentes, coa boca torta. Cospedal,  ó Presidente da Comunidade de Madrid, (o do ático andaluz),  ou o Sr. Rouco mesmo no acto litúrxico, deslizando unha frase sibilina. Noutros casos e con mais encarnizamento dende púlpitos mediáticos seguen a verter o seu veleno. A seguir  sementando  suspicacias e insidias. O que deuse en chamar “conspiranoia”. Magoa para eles que como chicle podrecido xa non da mais de se.

Aquel home que enganou ao país coas armas de destrución masiva no Iraq, quixo voltar a  enganalo, aproveitándose dun drama pavoroso para axudarlle a gañar unhas elección ao que contaba como a súa marioneta na Moncloa, unha especie de Hector Campora en versión hispana. Pero non lle valeu nin unha cousa nin a outra . Nin gañou as eleccións co engano que voltouse contra el, nin a presunta marioneta foino tanto cando conseguiu gañar mais por el mesmo , -e polo desnortamento do Sr. Rodríguez Zapatero na súa derradeira etapa- , que polo apoio do inspector da facenda reconvertido en Presidente.

Mais nin os enfermizos” bunquerianos” da era do “Gran Mentireiro”, nin este mesmo que aínda agora anda a dicir (fora de España, en Xapón), : O 11-M “foi usado para dividir á xente”,  puideron sumando toda a súa biles evitar que, non sen tempo, a xuntanza de tódalas vítimas no décimo aniversario do maior dia de loito derivado dun atentado terrorista

Cando medios informativos locais e estranxeiros dubidaban xa da autoría de ETA segundo pasaban as horas e vían que ata xentes que case sempre calaban condenábano, o Gran Mentireiro e os seus colaboradores facían o imposible por manter a falacia sobre os responsables.  Así seguiron ate a comisión parlamentar. “os autores non se esconden en afastadas montañas nin en remotos desertos”…Aznar dixit…

Dez anos despois, só espazo ao dor e a solidariedade. Lembranza emocionada aos que morreron, aos que viven co a dor dos que morreron, dos que  aínda arrastran ou arrastraran polo resto das súas vidas as secuelas dun feito tan salvaxe como indigno. Solidariedade a todas e todos. Aos que xuntos no dor lembran as vítimas do fundamentalismo e a loucura.

Desprezo absoluto pola miseria moral e a procacidade dos que fixeron un circo dunha traxedia, dos que quixeron xogar cos sentimentos nobres dun pobo por trinta moedas de votos.

As vítimas quédanse para sempre no noso corazón. Na nosa memoria e no noso agarimo. Tanto como a repulsa e o asco polo seus asasinos.

Naqueles trens cargados de xentes con ilusións, esperanzas e proxectos de futuro, ía cada un  dos diversos sentimentos de España xunto con xentes foráneas que compartían ese ansias connosco. Naqueles trens, ía en certo modo cada un de nos

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.