Concha Parga
Ediciones Galebook
Contos da poeta e escritora Concha Parga que mostra neste libro a sua capacidade de asombrarnos.
Miguel Anxo Fernán Vello dicía no prólogo de este libro «Parabéns a Concha Parga por este libro -todo un proceso creativo e un traballo felizmente culminado- e parabéns tamén aos lectores e ás lectoras da obra. Existe, sen dúbida, un factor de creatividade na recepción lectora, e establécese tamén un xogo de fantasía (aparición, imaxinación) e un principio de pracer. Os contos de Concha Parga están aí para iso. O fenómeno literario -lémbrao DarioVillanueva citando a Michael Riffaterre- non reside só no texto, senón tamén no seu lector e o conxunto de reaccións posibeis do lector ante o texto. Leamos, pois, os contos deste libro e descubramos outras realidades, outros ecos humanos, outra forma de sermos nós mesmos.
