A monarquía como problema- Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

En termos estritamente abstractos, o confronto entre República e Monarquía é moi desigual, pola evidente eiva democrática da provisión hereditaria propia da Monarquía. No caso español, asemade, a Monarquìa  foi instaurada “ex novo” por Franco no 1969. Velaí a falla absoluta de lexitimidade de orixe do rei Juan Carlos à altura da fin do 1975, cando principiou o seu mandato.

Mais Juan Carlos de Borbòn gañou a sùa lexitimidade co exercicio que fixo da “auctoritas” real entre a fin do 1975 e a fin do 1978. Unha tempada na que a a aprobación da Constituciòn reasignou a prol de Instituciòns democráticas determinados poderes reais que sobardaban os dunha monarquia parlamentaria no sistema das Leis Fundamentais franquista. Pero o voto favoràbel dunha moi ampla maioría do corpo electoral español o 6 de decembro do 1978 non supuxo, en termos sociolòxicos, un cheque en branco “in aeternum” para a restauración do rèxime monárquico. Porque a cidadanìa española comprendeu que o pacto pola reforma levaba no lote a Monarquía e a negación do Estado plurinacional en troques das liberdades, do pluralismo político e dunha limitada descentralización política.

Malia os 33 anos decorridos dende o golpe de estado do 23-F do 1981, aínda non ficou clarexado o ambivalente papel do Xefe do Estado nesta crise. O que si ficou evidente foi a virada cara a consolidación dun bipartidismo monárquico e a limitación do autogoberno das nacionalidades, diluído no “café para todos”. Dende entón, a Coroa é o elo que define a España contemporánea, dándolle sentido a un sistema políticamente bipartidista e económicamente definido por un “capitalismo castizo de BOE”, alicerzado na colusión entre política e empresa, na hexemonía das empresas financeiras e construtoras sobre o sistema produtivo e na potenciación extrema de Madrid como inviábel centro económico.

Velaí que, hoxe por hoxe, a Coroa, ademáis do seu anacronismo histórico e da súa evidente falla de utilidade e exemplaridade, teña o problema engadido de non poder cumprir a función simbólica de lle dar abeiro a un fondo anovamento constitucional que lle  recoñeza á cidadanía o dereito a decidir para construir unha democracia de calidade nunha sociedade inclusiva e cohesionada.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.