O emperador vai espido- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Unha amiga galega, tamén avogada, recoméndame un “post” do “blog” da avogada madrileña Verónica del Carpio, que contén a súa opinión sobre a situación actual da xustiza e do Estado de Dereito español, concluíndo que,no noso sistema institucional, unha maioría absoluta no Congreso tradúcese en poderes omnímodos para o Goberno e a maioría que o sostén, de xeito que se deturpan os principios de control xudicial da legalidade da actuaciòn administrativa e de control da constitucionalidade das leis.

E a análise desta avogada madrileña é ben lúcida.  Porque a maioría parlamentaria e o Goberno controlan a elección do Tribunal Constitucional, que decide sobre se son ou non constitucionais as leis e decretos-leis que aproban os Parlamentos e Gobernos estatal e autonómicos. E, tamén, controla a elección do Consello Xeral do Poder Xudicial, que controla a elección dos maxistrados do Tribunal Supremo e doutros altos cargos xudiciais. Deste xeito, a incidencia gobernativa nos controis de legalidade e constitucionalidade convírtese en abafante.

O Goberno do Estado pode aprobar, como fixo hai poucos días, un Decreto-Lei que modifique centos de leis e, logo de ser convalidado polo Congreso, só o Tribunal Constitucional poderá declaralo inconstitucional, malia que non exista esa extraordinaria e urxente necesidade que habilita constitucionalmente para o uso dese instrumento excepcional ou invada materia reservada aos Estatutos de Autonomía ou a  leis orgánicas, invasión que determinaría tamén a súa inconstitucionalidade.

É o Tribunal Constitucional quen fixa a súa propia axenda; se por presión do Goberno que nomeou á súa maioría adian o fallo dun recurso contra un decreto-Lei inconstitucional, a sentenza virá cando o dano estea xa feito. Pola contra, cando lle interesa a este degradado sistema institucional, resólvese axiña. Velaí o atraso en resolver o recurso contra as taxas xudiciais.

Vivimos, xa, nun sistema xurídico contaminado polo Goberno do Estado. Compre, pois, vermos a realidade dun emperador que vai espido para enfrontar na vindeira reforma constitucional unha regulación que garanta  o equilibrio de Poderes e o control da constitucionalidade das normas por un Tribunal Constitucional obxectivo e independente do Poder Executivo.

ibunal Constitucional quen fixa a súa propia axenda; se por presión do Goberno que nomeou á súa maioría adian o fallo dun recurso contra un decreto-Lei inconstitucional, a sentenza

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.