Os nosos queridos Estados Unidos de América- Iñaki Martínez

love-usa-ny-small800Os nosos queridos Estados Unidos de América

Moito amamos ós Estados Unidos. Queremos ás súas estrelas de cine e televisión, queremos vivir como os protagonistas das súas teleseries e ter o seu aspecto. Nos gusta probar todo o que comen, que primeiro vemos na tele e logo chegan ata nos estantes dos supermercados e nas franquías de comida rápida. Engaiólanos o seu bo cinema, o seu jazz, os seus cómics e videoxogos, o seu rock. Ollamos ó mundo a través dos seus ollos, e facemos nosa a súa ollada, ata o seu pasado. Tiveron un papel importantísimo na derrota dos fascismos na Segunda Guerra mundial e tamén na extensión dos valores da democracia constitucional e dos dereitos humanos na postguerra.

É ben certo que os Estados Unidos tamén ten feito boas falcatruadas: o superfluo bombardeo nuclear do Xapón, o golpe de estado en Indonesia contra Sukarno coa escabechina subseguinte, o minucioso e desproporcionado esmagamento de Vietnam, o golpe contra a democracia chilena… pero semellaba que esa faceta feroz dos Estados Unidos quedara atrás. Nos tempos do presidente Clinton e incluso de Bush pai os Estados Unidos fixeron o esforzo de lexitimar a súa política exterior e militar manténdoa dentro das formas do dereito internacional. Eran os tempos das misións das Nacións Unidas e do deseño das operacións militares con participación de asesores xurídicos militares, que tanto alporizaba os “falcóns” do Pentágono, ca fin de garantir que os resultados dos ataques non supuxesen unha vulneración dos tratados e do dereito da guerra.

Todo iso rematou con Bush fillo. Se acabaron os pesados trámites para conseguir o visto bo da ONU, agora as operacións militares avalaban non con mandatos da ONU senón có voluntarismo dos “estados decididos”. E se acabou esa pretensión de limitar os horrores da guerra respectando os límites do dereito internacional que define as crimes de guerra, a partires de Bush fillo o goberno dos Estados Unidos utiliza abertamente a tortura (chamada eufemisticamente “técnicas de interrogación melloradas”), as detencións extraxudiciais indefinidas e os asasinatos selectivos con drones. Agora xa non hai dúbida sobre se en Cuba se respectan ou non os dereitos humáns, na parte de Guantánamo está claro que non. Voltabamos ós métodos da época de Kissinger pero aplicados con máis descaro.

A chegada de Obama a xefatura de estado da república angloamericana foi recibida con alivio pola opinión pública internacional, como a fin do período nefasto de agresividade tola dos Estados Unidos. Incluso se lle concedeu o premio Nobel da paz (tamén llo deron a Kissinger en realidade), antes de ter tempo de facer nada, só polas expectativas de cambio. Porén con Obama nada ou case nada cambiou na política exterior dos Estados Unidos, un caso sobre o que espero que os historiadores de dentro duns anos podan dar algunha explicación: ¿Obama foi ameazado para continuar sen modificacións a política imperial? ¿Foi persuadido? ¿Foi o prezo a pagar por conseguir sacar adiante o seu sistema de saúde pública? ¿Mantén esa política por convicción persoal?

Hoxe, con Obama, continúan as execucións extraxudiciais con drones en que morren o obxectivo e os que pasan por alí, continúan os programas de torturas e as cadeas clandestinas de Guantánamo, Diego García e en sitios aínda máis discretos, non sería de estrañar que se lles traspapelara algún prisioneiro, se cadra nuns anos coñecemos algo ó respecto. E se cadra aínda peor, nos últimos anos Estados Unidos se está convertendo na principal forza de desestabilización política da escena internacional, unha desestabilización que pode chegar a facer moito dano incluso ós propios Estados Unidos, é o mellor abono para o crecemento de monstros. Cando a liña política (ou máis ben económica) dun estado soberano non é favorable ós intereses das transnacionais domiciliadas nas terras de Columbia, igual que un xogador de backgamon volta a tirar os dados cando o resultado da primeira tirada non lle semella favorable, o goberno dos Estados Unidos non dubida en desestabilizar gobernos e sistemas políticos por ver se o resultado é máis favorable ós intereses da súa oligarquía. Vimos a xogada, lograda ou intentada, en Exipto, Libia, Siria, Venezuela, Honduras, Ucraína… E cada nova tirada de dados adoita supoñer milleiros de mortos e millóns de refuxiados desprazados.

¿E cal poder ser a causa de que os Estados Unidos estean a aplicar unha versión amplificada e hipervitaminada da “teoría do tolo” de Richard Nixon, que sementa o caos en toda a Terra? Probablemente que, como ben se deron de conta os deseñadores do “Proxecto para o Novo Século Estadounidense”, o ascenso de novas potencias, sinaladamente o de China pero tamén o de a Rusia resurrecta, o Brasil ou a India,  fai albiscar un futuro no que a Unión norteamericana perde a hexemonía. A tendencia natural parece ser que ante o ascenso das novas potencias os Estados Unidos perdan a hexemonía polo que os estrategas hexemonistas estadounidenses entenden que, para reverter esa tendencia natural é manter a súa primacía mundial compre un forte exercicio de vontade e acción utilizando medidas máis alá do que ata agora era aceptable.

Porén, os Estados Unidos non precisan da hexémonía global para proporcionar unha vida boa ós seus cidadáns, os Estados Unidos son un país inmenso, continental, cheo de recursos, que por si mesmo é quen de organizar unha vida de seguridade, liberdade e abundancia para os seus cidadáns. Aínda máis, a dilapidación de recursos económicos no gasto militar (tan similar ó que derrubou imperios como o soviético ou o español), a metade do gasto militar mundial, , por máis que a certa escala poda crear burbullas económicas asociadas a industria armamentística que son un bo negocio para algúns xogadores de vantaxe, é un atranco para as políticas sociais estadounidenses e unha carga esmagadora para o contribuínte norteamericano, é perniciosa para o benestar dos cidadáns estadounidenses. Son as transnacionais domiciliadas nos Estados Unidos, non o pobo, as que si precisan, para seguir a aumentar os seus beneficios, desa hexemonía global que lles manteña abertos os mercados e accesibles as materias primas. Polo ben do pobo dos Estados Unidos, e polo noso, ogallá que a cidadanía estadounidense teña o pulo para cambiar a dirección da política internacional dese país que ten tantas cousas que nos encantan.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Iñaki Martínez. Guarda el enlace permanente.