Relato de país- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Algúns lectores fixéronme chegar as súas achegas a respecto do artigo da semana pasada sobre a Marca-Galicia. E unha delas, dunha cidadá da Mariña luguesa, resume aqueladamente o sentido xeral destas: “Xoán, está ben facermos unha Marca-País, pero eche ben máis importante termos un Relato de País”.

E si, á sociedade galega cúmprelle un relato para respostar as preguntas “quen somos?” e “onde imos?” de xeito que unha ampla maioría da cidadanía galega poida reflectirse nel. E teño para mín que un tal relato habería pensar máis en ofrecer propostas en positivo ca  resistencialismos ou definicións “en contra”. Tamén por proxectar os nosos valores de modernidade e os nosos campións científicos, empresariais e tecnolóxicos. Galicia é o País onde remata o camiño, principal itinerario cultural europeo. É o País dos cientificos Angel Carracedo e Jorge Mira, dos deportistas Raña, Gómez Noya ou Verónica Boquete. E de Inditex, coas súas luces e, tamén, coas súas sombras.

Este relato habería ser inclusivo: Galicia é plural e un tal relato habería integrar e interpretar esta pluralidade. O que esixe unha grande cordialidade e apertura a respecto de España e dos demáis países europeos e iberoamericanos. Mais tamén por copiar dos modelos que interesan. E eses non pasan hoxe, de certo, por ollar cara Madrid, senón por aprender democracia directa e participación cidadá dos suizos e californianos, de explotacións forestais dos suecos, de fomentar as exportacións dos vascos, de ordenar o territorio e potenciar o turismo dos escoceses ou de explotar os portos de flamengos e holandeses.

Este relato habería apostar pola cohesión social. A educación e sanidade públicas e os servizos sociais de calidade son conquistas que definen un modelo de sociedade orientada á convivencia e ao equilibrio.Un tal relato habería apostar polo equilibrio  e declarar  á exclusión social como o maior inimigo público.

Este relato apostaría, en fin, por unha Galicia con vocación de concorrencia no mundo con voz propia, como país de noso e non como provincia ou rexión. O que obrigaría a definir os instrumentos políticos de integración do País na Unión Europea e no Estado, como mínimo dende esquemas de soberanía partillada.  Esixíndoos dende a firmeza máis cordial.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.