A decisión escocesa- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

O reino de Escocia formouse no sèculo IX  e mantivo a súa independencia por séculos en loita continua contra Inglaterra. Dende 1603 até 1688 unha dinastía escocesa, os Stuarts, reinou sobre ambos os dous países e esta proximidade incrementou as presiòns anexionistas de Inglaterra. O Parlamento escocés aprobou no 1707 a Unión co reino de Inglaterra no novo Reino Unido. Foi unha decisión impopular, explicábel polos  intereses da nunca fiábel aristocracia escocesa, dominante na Cámara e pola carga financeira xerada por unha fracasada aventura colonial no istmo de Panamá.

Os escoceses mantiveron a súa Igrexa, Dereito, sistema xudicial e rèxime local, mais perderon todas as sùas liberdades políticas despois de 1745 polo seu apoio aos Stuarts. A emigración, a aventura colonial británica e a industrialización da conca do Clyde serveron para encaixar o país no Imperio británico. Mais as guerras mundiais no século XX liquidaron o Imperio  e  Escocia perdeu os seus horizontes. Londres multiplicou a súa presenza no agora máis pequeno Reino Unido. Xa non era doado o encaixe de Escocia neste inglesizado Reino.

Hai algo máis de 40 anos apareceu o petróleo do Mar do Norte e Londres privou aos escoceses de grande parte dos seus beneficios, agachou a información sobre a magnitude da achega do crú ao PIB escocés e argallou unha campaña baseada na desinformación e no desprestixio dos nacionalistas do Scottish National Party (SNP), que acadaran o 32% nas eleccións ao Parlamento de Westminster no 1974.

Porén, no 1998 a devolution foi aprobada por unha ampla maioría e o Parlamento escocés foi restaurado. O SNP gañou as eleccións no 2011 con maioría  absoluta. En cumprimento das súas promesas electorais, o primeiro ministro escocés pactou co británico a celebración do referéndum de independencia o 18 deste mes que andamos.

Cameron rexeitou teimudamente unha terceira opción para lle devolver máis autonomía a Escocia, malia que o seu ministro de Finanzas, diante do avance da opción pro independencia (que gañaría 51-49% segundo unha recentísima enquisa do Sunday Times) ven de ofrecer esta ampliación autonómica no caso de gañar o yes.

A poucos días de que a cidadanía escocesa vote nada está decidido, malia o esforzo de Londres porque gañe o No.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.