Un virus persistente- Xesús Veiga

264c2-xesusveigaUN  VIRUS  PERSISTENTE

Cada certo tempo resucita e ocupa un lugar destacado na axenda mediática.O último episodio foi a constitución do padroado da nova Fundación vinculada á entidade bancaria que emerxeu sobre as cinzas das vellas Caixas de Aforro galegas.A controversia de maior impacto foi, mais unha vez, a delimitación da sede dos órganos executivos da institución.Abel Caballero apareceu inmediatamente no escenario para realizar a enésima demostración de vitimismo vigués fronte ás “forzas norteñas do mal” que encabeza Feijoo.

Estamos ante unha das asignaturas pendentes que acompañan a traxectoria dos mais de trinta anos de existencia das institucións políticas galegas.O localismo constitúe un dos virus mais letais para a viabilidade de todos os proxectos relevantes que se podan acometer nos vindeiros anos e obriga a establecer diagnósticos compartidos sobre as orixes e os factores causantes desa grave epidemia.E o reto é moito maior para os dirixentes dun partido político –o PP- que recibiu, habitualmente, o apoio de mais do 40% dos votantes.Neste caso, ademais de asumir unha grande cota de responsabilidade na existencia de tal fenómeno social, deberían formular propostas solventes que permitan emprender unha dinámica críbel de rectificación.

O nacemento do Parlamento e da Xunta podían ter representado un punto de inflexión nas inercias localistas protagonizadas pola meirande parte das elites do Pais.Era unha oportunidade para xerar unha nova cultura política que fixese realidade a propia definición constitucional de Galiza como nacionalidade histórica, proxectando unha mirada diferente sobre os problemas existentes no corpo social galego.A pesar dos avances rexistrados, a distancia entre as potenciais virtualidades do novo marco institucional e os resultados prácticos efectivamente contabilizados foi moi elevada.Sirva como exemplo demostrativo o singular matrimonio de conveniencia protagonizado por Manuel Fraga e Francisco Vázquez durante 16 anos.Nin a presunta firmeza do ex-presidente da Xunta, nin a teórica rivalidade derivada da pertenza de ambos dirixentes a partidos competidores foron quen de cortocircuitar o caso mais senlleiro de localismo político.Con qué autoridade moral podía actuar Fraga contra as políticas habituais dos seus alcaldes se aceitaba a mesma filosofía nunha das cidades mais simbólicas do Pais?Qué cabía agardar dun Partido Socialista que toleraba e/ou aplaudía o labor do alcalde coruñés?

Se Alberto Núñez Feijoo quere abrir unha batalla seria contra o localismo dispón de bos instrumentos:preside un goberno que ten maioría absoluta na Cámara do Hórreo e dirixe un partido sen ningún rival interno que poda discutir frontalmente o seu liderado.A cita electoral do vindeiro mes de Maio é un test para contrastar a súa vontade real de combater a lóxica que habita no universo político e social do PP.No canto de postular reformas legais que degradan seriamente a calidade dunha democracia pluralista, debería dedicar esas enerxías a este grave problema.Realizará propostas de reconversión das Deputacións?Aproveitará a evidente redución dos recursos públicos para cuestionar o reparto clientelar das axudas aos concellos e propiciar ámbitos de diálogo permanentes a través de instancias consorciadas entre as administracións?

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.