O futuro político da Escocia- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

O FUTURO POLÍTICO DA ESCOCIA

O 55% dos escoceses votaron NO á independencia e o 45% a prol dela. A participación foi dun 84,5% sobre os electores rexistrados. Os números son nidios abondo para concluir que Escocia quere seguer a partillar o Reino Unido moitos anos. Mais…

Mais o first minister demisionario Alec Salmond e a campaña pro independencia fixeron medrar o número dos seus partidarios dun 30 a un 45% e votar YES a un 71% da xente nova, mentres rexeitaban a independencia o 73% dos maiores de 65 anos. Os sectores máis populares apostaron tamén pola independencia (velaí Glasgow, cun 54% a prol ), xunto cos verdes, o mundo das organizacións solidarias e os empresarios máis dinámicos e innovadores.

E dirán vostedes, “home, deixe estar, o tema estalle xa ben pechado”. Hoxe doulles a razón. Pero resulta que os tres partidos británicos maioritarios, para evitar que o voto afirmativo gañase, prometeron unha mellora substancial dos poderes fiscais, orzamentarios e de protección social do Goberno escocés. E agora o líder laborista, Ed Miliband, por razóns de curto interese partidista, dí que non é o tempo axeitado, mentres varios deputados conservadores rexeitan esta proposta de ampliación competencial, disque “fartos de que 5 millóns de escoceses determinen o futuro de 52 millóns de ingleses”.

Si esta ampliación do autogoberno escocés non se aproba no que fica da lexislatura do Parlamento de Westminster (até o vindeiro maio) as bases do SNP, o partido nacional escocés e dos seus aliados da campaña YES SCOTLAND denunciarán  que os unionistas gañaron con amaños e mentiras o referéndum. Por outra banda, a posíbel convocatoria no 2016 dun referéndum para a saída do Reino Unido da Unión Europea sería outra ocasión para pór de manifesto un proxecto político distinto para Escocia, reivindicando a súa permanencia na UE e, xa que logo, cuestionando a  súa adhesión ao Reino Unido.

Semella que esta acción futura vaina liderar dende novembro unha nova primeira ministra escocesa e líder do SNP, Nicola Stugeon. Porque seica moi pouca xente  no seu partido, que obtivo maioría absoluta no Parlamento escocés no 2011, cuestiona o proxecto de Salmond de facer transversal o proxecto do YES SCOTLANDi, que mesmo foi adherido pola maioría dos residentes nados fóra do Reino Unido.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.