Gaña Catalunya- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

Josep, o avó dos meus amigos Marc e Mireia, tería agora 97 anos. Na guerra do 1936 fixo parte, como afiliado ao partido Estat Catalá, da 132 brigada mixta e sofriu, logo de caer preso na fin do 1938 en Borges Blanques, dez anos de campo de concentración e desterro. L’avi Josep, como lle chamaban todos,  botou anos desterrado no noso País e casou en Ourense con Carmiña, quen aprendeu a fillos e netos sentir a galeguidade como l´avi Josep transmitiulles a súa pertenza a Catalunya.

Porén, hoxe si votou o seu amigo Lluis, que integrou a garda do President Companys dende 1936. E votou pensando no Companys. Aquel president da Generalitat que foi extraditado dende a Francia ocupada por Hitler e fusilado por Franco en Montjuic o 15 de outubro de 1940.  O mesmo Companys que salvou a vida do primado catalán, o cardenal Vidal i Barraquer.

Velaí como o proceso principiado no verán do 2010 coa sentenza do Tribunal Constitucional que anulou parcialmente o novo Estatut do 2006 foi quén de activar vellas vivencias e lembranzas que semellaban esquecidas. Porque 1714, 1934 ou 1936 son datas históricas ás que as novas xeracións dan un ou outro sentido en función do seu percorrido vital. E á vista está que millóns de cidadáns cataláns non acreditan que España rectificase de todo as políticas desenvolvidas a respecto de Catalunya na historia. E iso que non escoitaron este sábado ao antigo alcalde da miña cidade d’A Coruña, cando falou diante dos- poucos- nacionalistas españois convocados pola plataforma “Libres e iguales” de levar a Garda Civil ou quitar os tanques.

Este domingo participaron máis de dous millóns nunha consulta que, evidentemente, non ten valor xurídico, mais si un nidio valor político, recoñecido na Europa toda. Madrid  non pode, xa que logo, seguer a se pór de esguello. Hai sinais claros de que millóns de cataláns queren decidir o seu futuro.

Tempo, pois, de dialogar para facer posíbel un referendo con todas as garantías. Nin maís nin menos que o que tiveron na Escocia hai menos de dous meses ou en Quebec noutras dúas ocasións.

É a hora da política.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.