A parcialidade do alcalde da Coruña- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaA  POUSADA NO CAMIÑO

A propiedade privada non é un dereito absoluto. Calquera propietario pode ser privado do seu terreo ou vivenda por razóns xustificadas de utilidade pública ou interese social e a medio do pagamento da correspondente indemnización (xusto prezo). Na Coruña existen 15.000 vivendas baleiras, polo que semella que a construción das 2100 vivendas previstas no chamado Ofimático (sector 10 do Plan Xeral do 1998) non é a principal prioridade cívica nun concello cun índice de emprego industrial por volta do 13%, sinal do grave subemprego que vive a nosa Marineda. Malia isto, Isabel-75 anos- e o seu fillo Álvaro veñen ser despexados da súa casa (que foi xa destruída) e do seu medio de vida (o taller de motos de Alvaro, que desapareceu tamén).

 Non é novo. Pasou xa cos lugares do Curro e da Hermida, en Culleredo, onde toda a súa veciñanza tivera de abandonar estes lugares, poboados dende o século XII, por mor da ampliación dunha pista do aeroporto coruñés no 2010.Un proxecto de 120 M€ para só 400 m. do socialista Xosé Blanco, anulado canto á urxente ocupación dos terreos polo Tribunal Supremo e que só saiu adiante pagando cos cartos de todos prezos fóra de mercado que “incentivaran” o éxodo dos multiseculares habitantes destes núcleos de poboación.

No caso de Isabel e Alvaro recebiron en troques do seu terreo unha parcela edificábel de 500 m2 que ninguén lles merca e os cartos percebidos pola expropiación da súa casa fóronlles retidos para o pagamento dos custos de urbanización, os máis caros nunca acadados nunha urbanización da Coruña, pois que chegaron á tolemia de 42 M€. “Un roubo legal”, dicía o venres un vello veciño de Elviña, a parroquia de pertenza dos expropiados. A inxustiza da situación agrávase, nun ámbito no que ningún promotor constrúe aínda por mór da falla de demanda, polo feito de que a urxencia do despexo viña esixida para construir un paso elevado pouco necesario.

O alcalde Negreira puido buscar, no seu intre, solucións axeitadas. Mais preferiu enviar á Policía. A cidadanía pregúntase como poden estar tan afastados os gobernantes e os gobernados e como o goberno municipal partilla tan poucos valores coa maioría social coruñesa.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.