As contradicions da Presidenta do Parlamento de Galiza- Antonio Campos Romay

83bab-antoniocamposromayAS CONTRADICIONS DA PRESIDENTA DO PARLAMENTO DE GALIZA 

Dona Pilar Rojo, Presidenta do Parlamento de Galicia, nunha entrevista dunha plana na Voz de Galicia (10/01/2015- pág. 12) exprésase ante Galicia e ante os galegos en idioma castelán. Está no seu dereito. Como cidadán galego, e como ex – deputado do Parlamento de Galicia desexo coa maior cortesía – estando tamén no meu dereito -, pedirlle amablemente que por un mínimo de coherencia e respecto a Galicia,  recapacite sobre a conveniencia da súa permanencia como Presidenta da Cámara que representa o noso autogoberno e á cidadanía galega.

A Presidenta da Cámara, representación máxima da voz común dunha nacionalidade historica, (unha rexión mais seguramente nas claves de Dona Pilar), parece incapaz de mostrar un mínimo de sensibilidade ante o alto cargo que lle foi conferido. E desde o cal debe velar polas sinais de identidade do noso pobo. Entre as que o idioma é unha das máis destacadas. Quizais Dona Pilar minimice a súa alta maxistratura presidindo a expresión máxima da vontade do noso país, a ser unha mandada, non pola soberanía galega, senón polo seu compañeiros de grupo de parlamentario e polo seu xefe,  o Sr. Feijoo.

O artigo 5 do Estatuto de Galicia consagra o galego como lingua propia de Galicia, sendo cooficiais galego e castelán. Tamén subliña que os poderes públicos potenciaran o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa e dispoñerán os medios necesarios para o seu coñecemento.

Tanto a Sra. Rojo, como o propio presidente da Xunta de Galicia e diversos membros do seu goberno, en numerosas ocasións é habitual fagan coa maior lixeireza, deixación do uso do noso idioma en claro desprezo dos valores do pobo que presúmese dirixen. As actuacións do Sr. Feijoo, en permanente agresión ao idioma, oculta en verbas amables, confronta frontalmente as do Sr. Fraga Iribarne, o seu mentor, en cuxa época aprobase por consenso a Lei de Normalización Lingüística.

No caso da Sra. Rojo é lacerante que quen preside a  nosa Cámara mostre tal maltrato ao noso idioma, tal abulia e desidia na utilización do que aparenta considerar unha rareza do país que debe permanecer como lingua oculta, esquecendo que é noso principal aceno de identidade. Ignora desde logo a mensaxe dun galeguista da moderación de D. Valentín Paz Andrade, que reclamaba “facer loubanza do que realmente únenos a todos como país, que é a lingua”.

Parece incrible que quen cobra do orzamento común, como é o caso da Sra.Rojo, para que entre outras actuacións a prol de Galicia, faga bandeira da defensa do idioma, use a lingua propia como elemento de confrontación e renuncie ao seu uso cunha lamentábel indiferenza, próxima a un pouco disimulado desexo da súa decadencia.

A Sra. Rojo, seguramente atesoura numerosas e brillantes calidades, pero non parece que entre elas estea o amor aos acenos de identidade desta terra, caso do idioma, o que a inhabilita moralmente, de un xeito moi importante,  para estar á fronte da Institución que simboliza a identidade de Galicia, o seu Parlamento.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en Antonio Campos Romay, AUTORES. Guarda el enlace permanente.