Corrupción endémica e recorrente- Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

O auto de apertura do xuizo oral ( que determina que unha instrución penal xa pasa a xuizo e os acusados van sentar no banco) da primeira peza da Gurtel  e máis os termos da acusación da Fiscalía Anticorrupción sentan no banco aos tres últimos tesoureiros do PP, para os que se piden severas penas e imputa ao proprio PP como responsábel civil, reclamándolle máis de 250.000 € só polo beneficio directo obtido nuns anos en só dous concellos de Madrid. Fican varias outras pezas separadas desta causa que seguerán a xulgar persoas chave do PP que presidiron Aznar e Rajoy, canda unha organización á que se lle entregou dende a sede popular de  Génova  a organización de milleiros de eventos na España do aznarismo. Velaí que ao caso Gurtel ben se lle poida chamar caso PP.

O estadio das pescudas da xuiz Alaya reflicten unha corrupción endémica na Administración andaluza, que o PSOE dirixe ininterrompidamente dende 1982. O saqueo dos fondos públicos para a promoción do emprego resulta nomeadamente inmoral, o mesmo ca a conciencia xeneralizada de impunidade que acubillaban os altos cargos andaluces atinxidos. Velaí que ao caso EREs ben se lle poida chamar caso PSOE de Andalucía.

E, no noso país, estes días coñecimos do auto da xuiza de instrución 1  de Lugo, Pilar de Lara, no que lle outorga a cualidade de testemuña protexida a un técnico do Acuario coruñés, mentres relata supostas relacións moi íntimas e colusorias entre o actual contratista do mantemento biolóxico do Acuario, algúns dos funcionarios municipais que alí serven e o vicealcalde coruñés Julio Flores. Sen poder determinar a entidade penal destas condutas (a presunción de inocencia ha ser respectada absolutamente) o texto deste auto e o que coñecemos da instrución reflicte unívocamente a existencia de comportamentos absolutamente inmorais en termos cívicos, que merecen a absoluta reprobación política. A que agarda o alcalde Negreira para cesar ao vicealcalde Julio Flores? Non se decata o alcalde que está a proxectar o espectro da dúbida a respecto do conxunto do goberno local da Coruña?

A corrupción  endémica desprestixia as institucións, dana a competitividade empresarial e manca anímicamente á cidadanía, que terma en esixir unha clara remuda de paradigma que recupere para a política os valores da decencia.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.