Xustiza, non vinganza – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Dende o Código Penal Belloch do 1995, agravado por reformas varias do segundo mandato de Aznar, o sistema punitivo español é dos máis rigorosos e represivos da Europa toda, malia que o Estado español presente menores níveis medios de delictuosidade. Non é certa a lenda urbana que dí que os delincuentes entran por unha porta e saian por outra. O que vemos decote os xuristas é, pola contra, que as penas tenden a se cumprir íntegras (“a pulso, na fala do cárcere) e os beneficios penitenciarios  a se limitar substancialmente. Por outra banda, a aplicación de tipos penais agravados baseados moitas veces en conceptos xurídicos indeterminados (organización criminal, banda armada, medio perigoso…) determinan a imposición de penas absolutamente desproporcionadas, como as impostas hai meses aos acusados de pertencer a Resistencia Galega.

A maioría absoluta do PP decidiu unilateralmente agravar substancialmente estas penas, deseñando entre o novo Código Penal e a lei de seguranza cidadá un “Dereito penal da perigosidade”, que tende considerar todo cidadán crítico e consciente coma un perigo social. As condutas relativas aos dereitos de reunión e manifestación despenalízanse para convertelas en infraccións administrativas, nas que non xogará xa a presunción de inocencia propria das infraccións penais, senón a presunción de veracidade dos atestados policiais. É dicir, os cidadáns aos que se lles impoñan as elevadas multas lexisladas terán que recorrer na vía contencioso-administrativa, pagando taxas desproporcionadas e arriscándose  á condena ás custas procesuais, xa que non sempre será viábel atopar probas que destrúan a presunción do atestado policial.

 Canto á reforma do Código penal, o PP introduciu unha “prisión permanente revisábel” que non é nin máis nin menos ca o cárcere perpetuo prohibido na Constitución. Poderase impór esta pena para delictos graves e só revisábel xudicialmente aos 25 e 35 anos consonte con criterios moi restritivos. Si, ao ler isto,lles veu a imaxe de Edmond Dantés no castelo de  If acertaron. Pechar e guindar coa chave.

 A deriva autoritaria do PP agrávase tamén pola imposición dunha maioría parlamentaria- que xa non existe socialmente- para decidirmos cuestións que só compre facer por consenso, como son o Dereito Penal ou a lexislación sobre as liberdades.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.