Recentralización e elites madrileñas – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Outravolta xuntáronse os gobernos catalán e vasco (a primeira vez foi en decembro) para avaliar o implacábel proceso de recentralización  desenvolvido por Rajoy desque chegou ao Goberno do Estado. E os seus voceiros chegaron dicir que o PP estaba a destruir o autogoberno deseñado nos Estatutos de Autonomía.

Rajoy  está a rematar unha  silente e trampulleira reforma constitucional, blindada pola absoluta parcialidade do árbitro, pois que un partido que desfruta de maioría absoluta nas dúas Cámaras estatais nomea ao seu xeito ao Tribunal Constitucional, como de feito fixo o PP nesta lexislatura.

Velaí a recentralización de contidos e o empoderamento do castelán no ensino da contrareforma educativa da LOMCE. A desmontaxe de moitos dos standares de calidade ambiental e control administrativo en beneficio dos consumidores da Lei de unidade de mercado ou a adopción da licenza deportiva única contra do criterio de case todo o mundo federativo galego. Xunto co desapoderamento dos concellos en beneficio dunhas Deputacións concibidas como ferramentas favorecedoras da privatización a prol de grandes grupos empresariais estatais e da igualación por abaixo dos servizos públicos locais.

A recentralización ten claros gañadores e perdedores. Gañan as elites madrileñas no seu proceso de hexemonización da intermediación financeira, das concesións dos servizos públicos e do espazo comunicacional de todo o Estado, como ven de definir a xeito Suso de Toro nun seu recente artigo. E perden a calidade dos servizos públicos,  as empresas locais, nomeadamente as pemes e as posibilidades de espazos territoriais que tenten desenvolver con políticas de proximidade os intereses da cidadanía e dos consumidores, o desenvolvemento sostíbel e a saúde ambiental.

Galicia sofre este proceso moito máis ca Euskadi ou Catalunya, que posúen ferramentas empresariais, políticos e sociais que nós non temos. Galicia representa só o 5% do PIb e o 6% da poboación estatal e depende duns alicerces económicos que para o Estado son prescindíbeis. Velaiquí que os recurtes do seu autogoberno se traduzan de xeito directo en perda de tecido empresarial e de benestar para a súa cidadanía.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.