Tercermos consensos – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Os inquéritos amosan con claridade que o tempo das maiorías absolutas están xa para pasar á historia. Aquelas xogadas electorais onde un 27% do censo (43-45% dos votantes) acadaba nas institucións o poder da maioría absoluta semella que van ser cousa do pasado. E teño para mín que a sociedade non vai sentir mágoa ningunha por esta evolución dos tempos.

As maiorías reforzadas (absoluta, tres quintos…) deseñáronse na Constitución e no Estatuto de Galicia para chegarmos a acordos, para tecer consensos. Non, de certo, para que chegase Rajoy e modulase ao seu xeito os Tribunais Constitucional e de Contas e, por vía indirecta, o Tribunal Supremo. Nin tampouco para que Feijoo puidese recurtar a sanidade ou modificar o “status” do Consello de Contas dende a lexitimidade de orixe duns votos que son aptos para gobernar o día a día, mais non para modificar as regras da convivencia.

Velaí o tempo apaixoante da verdadeira política. Aquela que obriga ás distintas forzas políticas e sociais renunciar parte do seu ideario e aquelar axendas transversais con outras forzas e sensibilidades. A que obriga a construir espazos de diálogo e participación, a que proscribe o “ordeno y mando”. A que ve na gobernanza unha ferramenta de inclusión e cohesión social e non de división e enfrontamento, coma fixeron os últimos Gobernos conservadores e varios dos autonomeados “`progresistas”.

Esteamos ou non dacordo, un destes exemplos é o do pacto asinado este día en Catalunya polos partidos CDC e ERC, que quixeron abranguese ás CUP e outras forzas non nacionalistas e, tamén, a organizacións sociais coma a ANC e Omnium Cultural. Porque outra das características do paradigma que vén é o protagonismo das forzas sociais e cidadás, canda as forzas políticas.

Compre tecermos consensos. E, na nosa Galicia, urxentes son o do pacto galego polo crecemento, o consenso a respecto do réxime local, o pacto polo territorio, o medio rural e o ambiente e o pacto pola lingua e pola educación. Sabermos tecer eses acordos, voltarmos á idea que para gañar uns temos que gañar todos, é a chave  do noso futuro económico e institucional.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.