A necesidade do emprendemento – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

É unha realidade doadamente constatábel, malia que quizais non xeralmente coñecida, que o emprendemento empresarial nunca tivo boa acollida no Estado español. A aristocracia castelá e a Igrexa da Contrarreforma nunca ollaron positivamente cara o emprendemento. Xa na época contemporánea, as grandes elites económico-financeiras do Estado sempre pularon polo proteccionismo alfandegario e polos negocios regulados dende o Poder, priorizando o o cultivo das influencias políticas a respecto da inovación. Neste contexto, o emprendedor que non acreditaba na mera busca de rendas dende as súas relacións privilexiadas percébese con desinterese, cando non con baerta desconfianza. “Al amigo el c…, al enemigo por el c… y al indiferente, la legislación vigente”, contan as lendas urbanas que dicía o conde de Romanones, resumindo o sentir das elites político-financeiras, da casta, naquela España de primeiros do século XX.

Contrasta este clima español co desenvolvido noutros territorios da Europa, acolledores a respecto de quen arriscaba os seus medios e posición por un proxecto empresarial. Foron éstas, pois, as sociedades, como nos aprendeu Schumpeter, que progresaron dende a avaliación do risco, da seguranza xurídica e do cumprimento das regras do xogo. Porque o aprezo polo emprendedor vai na Europa sempre unido á legalidade reguladora da libre concorrencia e ao sentimento de pertenza á comunidade.

Na Galicia dos últimos corenta anos e a níveis locais tense dado moito, tamén, a desconfianza cara ás persoas, máis  ou menos novas, que tentaban mellorar a súa contorna con proxectos empresariais que seica non eran do gosto das elites territoriais correspondentes, sempre atentas a que non se movera nada que non puideran controlar.”Que vides facer aquí”, “como non avisastes que queríades comprar iso”…son expresións anecdóticas que todos temos escoitado.

Velaí a realidade actual, na que se confunden os emprendedores cos falsos autónomos (realidade que xurde da desregulación laboral) e cos buscadores de rendas a carón do Poder. Cando a cultura emprendedora tería de ser coidadosamente cultivada na Galicia, que habería ser (dende o rigoroso respecto á legalidade fiscal, laboral e ambiental) o país europeo onde máis doado fose crearmos unha empresa.

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.