A política do sentido común – Xoan Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A Grande Recesión mancou á sociedade cunha política galega, estatal e europea pensada nos intereses dunha pequena elite financeira, que crebou bastantes das conquistas do Estado do Benestar, amáis de prexudicar aos tecidos empresariais locais, ás clases medias e aos sectores traballadores. Ao tempo, o bipartidismo dinástico (PSOE-PP), apoiado na estrutura institucional da transición, mantiña os privilexios da chamada casta  e tentaba agachar as corrupcións varias xeradas polo sistema do 1978. No ámbito dos servizos públicos dos concellos é paradigmático como recentemente se potenciaron as Deputacións, apostando polas grandes empresas multinacionais e estatais no canto da calidade no servizo e das empresas locais.

Velaí a resposta das opcións da chamada “Nova Política”, coa fin de encher o baleiro que as forzas dinásticas deixaran.  Mais algunhas das súas actuacións  decepcionan. Velaí o  espectáculo de “Ciudadanos”(C´s) n’A Coruña, Ferrol e Compostela. Nos dous primeiros casos decidiron “dedocráticamente” a súa presentación electoral por intereses alleos ás organizacións galega, coruñesa e ferrolá, nunha medida “in extremis” que tenta blindar a derradeira oportunidade de sair alcaldes dos rexedores da Coruña e Ferrol. No terceiro impuxeron  un meritorio candidato, mais pasando por riba da decisión democrática da organización compostelá.  O que demostrou que C´s non acredita na autonomía local e na substantividade das eleccións locais. Albert Rivera só mira polo seu proxecto estatal que moitos ollan, non sen razón, a xeito da lista branca do PP.

Canto ás novas alternativas cidadás, fronte á base cívica, pluralidade e independencia da Marea Atlántica e de  Lugo Novo, confronta  o espectáculo de división de Ferrol e Vigo e máis o mal perder dos actuais xestores de Ourense en Común, ao desbotar o candidato pertencente a Compromiso por Galicia que gañara lexitimamente as súas primarias.

Ninguén dubida que arrincarmos a corrupción e construirmos dende a transparencia e a participación cívica han ser os eixos dan nova política. Mais, esta nova política ha ser, tamén, a política do sentido común. Da inclusión maioritaria e do mínimo común denominador. Porque á nosa sociedade abóndanlle os profetas e salvadores e cúmprelle xente comprometida, prudente e que saiba traballar en equipa.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.