Unha rectificacion necesaria – Xesús Veiga

264c2-xesusveigaUNHA  RECTIFICACION  NECESARIA

Unha primeira lectura superficial dos resultados electorais do 24-M na Galiza pode levar á conclusión de que os cambios rexistrados no panorama político foron menos relevantes que os elementos de continuidade constatados no cadro global.A consolidación do PP, PSdG e BNG como aquelas organizacións que dispoñen do maior número de votos, concellerías e alcaldías no conxunto do País –a pesar do evidente descenso ou estancamento padecido polas tres formacións- alimenta, sen dúbida, esa idea de conservación do existente a partir de 2011.

Poren, se realizamos un estudo mais desagregado das cifras, observaremos con maior precisión o alcance dos cambios operados.No universo conformado polas sete cidades mais poboadas da Galiza, múdanse substantivamente as posicións relativas existentes no mapa municipal global.Velaquí  algunhas circunstancias reveladoras:o PP só conseguiu ser a lista mais votada en catro cidades (e para iso, no caso da Coruña, por menos de 50 votos) e unicamente acada –sen maioría absoluta- a alcaldía de Ourense.O PSdG ficou desprazado á terceira posición no Ferrol, A Coruña, Santiago e Pontevedra, mantendo dúas das tres alcaldías que ostentaba dende 2011 e unha delas –a de Vigo- mediante un caudillo localista que non aceita mais disciplina partidaria que a emanada do seu obsceno cesarismo.O BNG conservou a hexemonía en Pontevedra pero foi superado en todas as demais cidades por plataformas unitarias creadas nesta ocasión e ficou fora das corporacións de Vigo e Ourense.

A organización nacionalista confirmou, nas urnas de Maio, a tendencia marcada polas eleccións galegas do outono de 2012 e polas europeas do ano pasado.A credibilidade e o atractivo da sigla creada en 1982 diminuíu en tal dimensión que resulta totalmente verosímil pensar na perda da representación no Congreso dos Deputados se o BNG concorre como tal ás vindeiras eleccións xerais.Calquera que coñeza minimamente os comportamentos do corpo social sabe que moitos votantes que apoiaron ás candidaturas encabezadas polos actuais alcaldes ou alcaldesas nacionalistas non farían o mesmo se os comicios tiveran por obxecto elixir representantes no Parlamento do Estado ou na Cámara do Hórreo.O Bloque foi penalizado por moitos dos votantes que fixeron posíbel o seu grande éxito  de 1999 (lembremos:alcaldías de Vigo, Ferrol e Pontevedra ademais da presenza nos gobernos de Santiago e Lugo) e que agora non entenderon a negativa a participar nos procesos de converxencia que deron lugar a diversas candidaturas unitarias.O argumento exhibido para xustificar tal decisión –a necesidade de ofrecer unha nidia alternativa nacionalista para todo o País- non foi asumida por milleiros de persoas que desexaban rematar co dominio do PP e querían primar ás alternativas que apostaban polos denominadores comúns no canto de afirmar os perfís partidarios.

A recente decisión adoptada polo Consello Nacional do BNG resulta congruente coa envergadura do problema electoral certificado o 24-M.Estamos ante unha posición inédita:por primeira vez na súa historia a organización nacionalista renuncia a concorrer coa súa sigla e postula a creación dunha candidatura galega unitaria e aberta sen exclusións previas por razóns de pertenza a grupos de ámbito estatal.Tratase dunha rectificación relevante e necesaria que merece ser xestionada coa máxima xenerosidade para facilitar a viabilidade da súa materialización.As dificultades son obvias.Hai moitas feridas abertas dende a Asemblea de Amio e son diferentes as ópticas e as sensibilidades que deberán aparecer no sumatorio final deste proxecto.Utilizar calquera diverxencia ou botar man das vellas teimas de cada quen, pode atrancar e mesmo arruinar este complexo proceso.En moitas ocasións, cando se pretende acumular forzas en favor dunha transformación política substancial, ocorre un paradoxo coñecido:é moi doado destruír e resulta moi complicado construír.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xesús Veiga Buxán. Guarda el enlace permanente.