Novos actores no sector lácteo – Xoán Antón Pérez-Lema

637b2-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaNOVOS ACTORES NO SECTOR LÁCTEO

No proceso de mobilizacións desenvolvido en Galicia este verán salientou unha nova organización , a Plataforma  na defensa do sector galego, que soubo achegar a moitos dos alcaldes dos concellos máis concernidos, ao  comercio , aos produtores e cooperativas, ás Asociacións de consumidores…O sector mobilizouse independentemente dos sindicatos agrarios, fortemente cuestionados na súa representatividade. Non por acaso Xóvenes Agricultores caeu por mór da súa liquidación controlada polo PP  e os produtores rexeitaron maioritariamente a aposta de Unións Agrarias por controlar as mobilizacións. Emerxen, pois, novas formas de representatividade e achegamento á sociedade, conscientes de que só acadando a complicidade social poderá chegar a súa mensaxe.

Das resultas deste novo proceso , os produtores puxeron na axenda galega e estatal unha problemática que ameaza a supervivencia dun sector que perde unha explotación gandeira galega por día desque no 1 de abril  se liberalizou a produción pola UE. Así e todo, a nova Plataforma, protagonista das mobilizacións convocadas a semana que entra en Compostela, haberá superar tamén tensións como as amosadas en Lugo, onde a Xunta xogou  desmobilizar con promesas inconcretas.

O sector lácteo, como outros moitos fulcrais para a economía galega, precisa de canles axeitadas para facerse ouvir, non só a respecto dos Gobernos, senón dos consumidores, que son antes ca nada cidadáns. O tempo dirá se estas novas formas e estruturas saberán dar a resposta que non souberon ou non quixeron dar algúns dos vellos actores do sector lácteo.

A ARRINCADEIRA: MENOS SEGURIDAD XURÍDICA, MENOS LIBERDADE

No balbordo destes días aprobouse inadvertida a reforma da Lei de Axuizamento Criminal, que fixou o máximo da detención incomunicada ordinaria en cinco días, no canto dos tres até agora lexislados. Un despropósito que limita substancialmente as garantías e que  acrecenta as restricións das liberdades das últimas reformas lexislativas do PP.

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.