O síndrome da Cup – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

A CUP catalá ven de rexeitar a investidura de Màs, malia que a metade dos votos da súa asemblea de Sabadell do domingo pasado foran a prol desta decisión. A abstención dos cupaires impediría que os 62 deputados de Junts per el Si invistan ao até de agora president. Haberá novas eleccións en Catalunya o 5 de marzo.

As democracias avanzadas baséanse nas liberdades, na xustiza social, en tecer consensos, na transparencia, na participación cidadá, na inclusión e na cohesión social. Na democracia avanzada “o pobo é quen máis ordena” e a boa gobernanza tenta construirse coa cidadanía, dende a cidadanía e para a cidadanía.

Mais en último de contas, sexa dende posicións indepes, fór dende o autonomismo, federalismo ou confederalismo, a política  trata de regras de xogo e de Institucións, trata da gobernanza. Un pode estar máis ou menos dacordo-ou en desacordo- co proces, mais do que trata é de construir unha República, nonsí?. E velaí o grave erro da CUP, que xa diagnosticou no pasado debate da investidura Pilar Rahola, porque parte substancial desa organización anticapitalista non quere construir novas Institucións de goberno, instalados nun certo aquel de anarquismo que afunde as súas raíces na poderosa CNT-FAI da II República. Mesmo hai nesa organización quen olla con superioridade a vontade de construir pactos e de cumprir unhas regras de xogo. O anticapitalismo foi quén de vencer  a construción nacional. Pero xa verán como non van facer mañá a revolución.

As eleccións de marzo serán letais, en primeiro lugar, para a CUP. Esquerra (ERC) vaille papar, soa ou na coalición Junts per el Si boa parte do seu electorado, consciente da ledicia  coa que esta votación da CUP foi recebida nos partidos unionistas. E outra boa parte migrará cara a coalición de ICV, EUiA, Podemos e o partido de Ada Colau (Barcelona en comú). Antonio Baños,número un cupaire nas eleccións do 27-S, xa anunciou a súa demisión. Outros, como Julià de Jòdar poderían ser os seguintes.

E o procès leva un duro golpe. A declaración unilateral de independencia fica máis lonxe ca onte e semella que a bandeira da consulta catalá podería ser a nova referencia das forzas de Junts per el Si, das que non sabemos se concorrerán xuntas ou por separado, como de certo non o saben arestora nin Màs nin Junqueras.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.