A lingua e o Tribunal Superior de Galicia – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a medio dunha sentenza profusa, confusa e difusa, ven de estimar parcialmente o recurso contencioso interposto por unha coñecida organización contraria á nosa lingua a respecto da Ordenanza Municipal sobre uso do galego no concello de Lugo, aprobada no 2012 por unanimidade (PP. PSOE e BNG). A sentenza non foi quen a interpretar a xeito os preceptos do noso Estatuto e das nosas Leis de normalización lingüística e de Administración Local de Galicia, creando un perigoso precedente para inviabilizar determinadas medidas de discriminación positiva a prol da nosa lingua, que é a propia do noso País e  a que soporta unha moi minorizada posición, alicerzada tamèn por unha insuficiente protección legal.

O fallo anula as obrigas de uso do galego impostas aos concesionarios e contratistas, por considerar que non se pode vulnerar o dereito de opción lingüística dos cidadáns e emprtesas privadas. Esquece clamorosamente o TSXG un principio básico do Dereito Administrativo que distingue entre cidadáns en xeral e persoas suxeitas a unha relación de suxeición especial. Concesionarios e contratistas atópanse neste último suposto e, xa que logo, é perfectamente legal esixirlle un comprotamento lingüístico determinado. Como acertadamente afirma a recoñecida administrativista da USC, Alba Nogueira, deste xeito dase o paradoxo de que se recoñeza a externalización dos servizos públicos no ámbito local (blindada pola Lei de modernización dos gobernos locais aprobada polo PP) como fonte lexítima de discriminación dos nosos dereitos lingüísticos.

Mais o fallo xudicial vulnera a protección legal da nosa lingua noutros importantes aspectos, ao prohibir a sinalización monolingüe en galego ou o uso preferente da lingua tanto na atención ao cidadán como  na formación específica do persoal. Para máis anula o concepto “ámbito lingüístico”, descoñecendo que en Galicia o galego é lingua plenamente oficial e subordinando de feito a nosa lingua a unha posición preeminente do castelán en todo o Estado, que non atoparía cumprida excepción no noso territorio.

Mentres o TSXG  acertou claramente ao eximir no IRPF do transmitente os pactos sucesorios subscritos en vida do mesmo, na cuestión lingüística ven de se trabucar gravemente.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.