Ocorrencias nada políticas – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

Un dos fenómenos políticos máis interesantes dos últimos tempos son as candidaturas de unidade cidadá ou “confluencias”, que integran partidos, axentes sociais e persoas do cómún de moi variada pluralidade. A cidadanía agasalla a unidade, recoñece a superación das diferenzas e aposta forte por esta caste de respostas políticas. Vímolo nas eleccións locais en Madrid e Barcelona e, no noso país, n’A Coruña ou Compostela.

Mais a praxe desta caste de instrumentos políticos habería ter en conta sempre que a cidadanía outorga a súa confianza para unha acción política urxente e de mínimo común denominador. Isto é, para construirmos unha gobernanza transparente e ética, para pormos a economía ao servizo das persoas e para arrincarmos a corrupción, entre outros obxectivos de ampla converxencia.

Xa que logo, estarán de máis ocorrencias como a promoción do veganismo (opción persoal respectábel, pero que non pertence ao ámbito do mandato recebido pola cidadanía), a consideración do aleitamento materno como o único xeito admisíbel  para criarmos nenos ou a imposición da doutrina decrecionista, que non é un elemento teórico de xeral aceptación entre as bases cidadás destes novos instrumentos politicos.

Doutro xeito córrese o risco de entrar no ámbito propio da burremia, onde se insiren propostas como a da CUP de Manresa  substituindo tampóns e compresas por copas vaxinais ou a bolivariana recomendando á muller venezuelana o uso de toallas sanitarias supostamente revolucionarias.

A xente vota esta caste de alternativas políticas para que resolva os problemas da gobernanza do común dende parámetros de servizo cidadán, renovación e participación democrática. Non vota, pois, para que os seus representantes así eleitos inflúan no ámbito propio das decisións persoais de cada unha nin para crearmos novos problemas onde non os había.

Compre, pois, atendermos ao importante, priorizar unha boa xestión transformadora e lembrar a busca constante do mínimo común denominador que permita integrar e seducir máis sociedade.

Por riba de todo, compre non perdermos o oremus.

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.