Non está nada decidido – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

NON ESTÁ NADA DECIDIDO

Xoán Antón Pérez-Lema

Malia que todas as enquisas publicadas a sete días das eleccións nacionais galegas outórganlle ao PP a maioría absoluta, na banda de entre 38 e 41 escanos, o xogo electoral segue aberto e hai partido. As enquisas coinciden todas cun nível de voto ao PP entre o 43% e o 46,7%, polo que unha meirande mobilización das xeracións novas e intermedias podería producir remudas importantes, na liña das eleccións nacionais do 2005, cando Fraga perdeu a maioría absoluta ou das recentes eleccións estatais de decembro 2015.

Porén, baten as principais forzas da oposición co relativo descoñecemento dos seus candidatos e candidatas fronte ao xeral coñecemento de Núñez Feijóo. Velaí que as posibilidades reais de alternativa pasen pola non agresión entre as forzas galeguistas e progresistas, pola mobilización da metade da sociedade galega que vota contra o PP e por uns resultados de C´s no limiar dos escanos, mais sen obtelos, pouco por debaixo do 5% en cada unha das catro circunscricións.

O pacto de non agresión entre as forzas progresistas vai indo, en liñas xerais. Porén, máis incerta é a mobilización  dese 57,2% da enquisa do CIS que quere “outro ou outros partidos distintos do PP” no Goberno da Xunta, malia que semelle ser posíbel. Por outra banda, as enquisas anuncian que C´s si lle vai roubar uns milleiros de votos ao PP que non lle darán doadamente para escano.

Indubidábelmente existe unha maioría social que perdeu co PP e con Núñez Feijóo estes sete anos e medio. Que perdeu cos graves recurtes en sanidade, dependencia e educación, coa suba do desemprego do 12% ao 17,7% e coa redución das rendas salariais. Que viu emigrar milleiros de rapaces e rapazas ben estudados. Que sofriu unha política desleixada, cando non agresiva a respecto dos mexilloeiros, produtores do cerco, gandeiros e sector naval.

Velaí a necesidade dunha remuda na gobernanza deste País. Os partidos que poden darlle a alternativa ao PP (que contará de certo cos escanos de C´s no caso de quitalos) non están a prometer a lúa e os seus candidatos e candidata semellan persoas honestas e competentes. Unha coalición que substitúa o goberno de Feijoo non será o caos nin vai matar ninguén. Pola contra, pode ser o comezo para un programa de goberno a catro anos que revirta o mal camiño polo que Núñez Feijóo leva a Galicia.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.