O mito da creación de emprego – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

O MITO DA CREACIÓN DE EMPREGO

Xoán Antón Pérez-Lema

Unha mentira repetida mil veces remata por se asumir, polo menos por amplos sectores sociais, como unha verdade. Boa parte da opinión publicada madrileña insiste en que o Estado español é líder europeo na xeración de emprego. Segundo estes propagandistas de quenda estaríamos saíndo da crise.

Non hai tal. A creación de novo emprego relaciónase íntimamente co moi intensivo proceso de destrución de emprego sofrido polo Estado nos anos da Grande Depresión, que chegou acadar un 25,7% de desemprego segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) nos anos 2012 e 2013 (19% agora). Mais o novo emprego non se contrata nas condicións do destruido. Perdeuse, nomeadamente na Galicia, emprego industrial con soldos  que hoxe nos semellan dignos. E xeráronse ducias de milleiros de subempregos suxeitos a condicións moi desfavorábeis: xornadas parciais (que logo se convirten,  moitas veces e sen remuneración adicional en totais), retribucións baixas pola desregulación (emprego creado á marxe dos convenios ou privatización de servizos públicos) e temporalidade.

Hai expertos que calculan o subemprego no 27% do conxunto do emprego a nível estatal. Estaríamos no Estado en níveis reais de paro estimado do 24-25%, no canto do 19% que nos dí a EPA hoxendía. As novas rendas salariais  non xeran, pola súa cativeza, case cotizacións para a Seguridade Social nin impostos directos. Os novos trabalalladores son pobres, na súa maioría. E unha sociedade que crea un emprego que non permite sair da pobreza é unha sociedade fracasada e con graves problemas de lexitimidade.

Esta caste de emprego non lle permite desenvolver un proxecto de vida á xente nova. Pois logo, a natalidade seguirá nos níveis actuais ou empeorará.  A estrutura demográfica española (que lles dicir da galega!) anticipa un futuro con crecementos próximos a cero.

Velaí que o crecemento nominal de emprego dos últimos dous anos non fixera maís que alimentar os desequilibrios dunha economía sen correcta asignación de recursos nin xustiza na distribución.

 

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.