Castro na Historia – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE

CASTRO NA HISTORIA

Xoán Antón Pérez-Lema

O réxime castrista (certamente unha ditadura) non pode ser comparado, nin na súa xénese nin na sùa evolución, cos réximes represivos de Pinochet, Videla ou Franco, que xurden de cadanseus golpes militares contra a legalidade constitucional.  Nin tampouco coa revolución bolxevique de Lenin , que constituiu un golpe violento dunha minoría contra o goberno constitucional ruso. Calquera destes réximes baseouse nunha represión sanguiñenta, no que os mortos se contan por ducias de millares (mesmo por millóns no caso soviético), xa que o que se pretende é a aniquilación dos cadros políticos do adversario. Ninguén pode negar que no  castrismo non houbera represión nin presos políticos, mais os níveis represivos non admiten comparanza ningunha.

Porén, se Castro entrou na historia foi polo xorne popular e interclasista da súa revolución, desenvolvida fronte a ditadura sanguiñenta de Batista, só apoiada pola mafia do xogo e polos terratenentes do azucre. O movemento dos barbudos, como a Fronte Sandinista na Nicaragua do 1979 foi quén de xuntar unha potente coalición de clases medias e populares e elementos intelectuais fronte un ditador odiado que só resiste pola violencia.

Ben é verdade que Castro prometera no 1959 unhas eleccións libres que nunca convocou, coa xustificación  da invasión norteamericana de Playa Girón no 1961. Esta agresión norteamericana obrígalle ao réxime castrista a xogar a tope a carta da URSS como aliado. Castro, entón,  enfrontou a tarefa de construir o seu modelo colectivista e esqueceu o pluralismo.

No 1959 Cuba era un país con certo grao de desenvolvemento que excluía na miseria a un terzo da poboación e onde os analfabetos contábanse por millóns.  A revolución castrista acadou uns níveis sanitarios e educativos propios de Occidente, malia o bloqueo sofrido, nomeadamente intenso dende 1990 por mor da caída da URSS. E, malia os efectos deste bloqueo, acadou que as clases populares desfrutasen, no conxunto destes 57 anos, dun nível de vida superior ao destes estratos sociais no resto do Caribe e Mesoamérica.

O bloqueo USA blindou toda evolución posíbel do castrismo. Agora o arquivamento da apertura de Obama polo novo presidente Trump pode frustrar unha eventual evolución democrática, desexada tamén por millóns de cubanos que hoxe choran a Castro.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.