Criminalizarmos as opinións – Xoán Antón Pérez-Lema

2681b-xoc3a1nantc3b3npc3a9rez-lemaCADERNOS DA VIAXE 

CRIMINALIZARMOS AS OPINIÓNS

Xoán Antón Pérez-Lema

Até primeiros do 2001 no Dereito Penal español o réxime punitivo a respecto da apoloxía do terrorismo era o xeral que rexía e rexe para toda apoloxía do delicto: só se castiga aquela apoloxía en canto constitúa unha provocación que, ademáis, pola súa natureza e circunstancias, supoña un convite directo a cometer un delicto.

Mais un neófito ZP mercoulle a teoría ao peor Aznar do aznarato e, da mán do chamado Pacto antiterrorista, aprobouse en decembro de 2000 unha reforma que introduciu un novo delicto destinado só á apoloxía do terrorismo, que pena todo xeito de reivindicación ou xustificación e calquera conduta que, ademáis, promova a falla de creto ou humillación das vítimas. Ou sexa, que temos unha regra excepcional para o terrorismo que non se predica dos asasinatos en xeral, dos crimes machistas ou dos crimes do franquismo. Unha norma excepcional, que representa unha concepción propia do Dereito Penal do inimigo e, polo mesmo, resulta inconstitucional. A Constitución interprétase no eido dos dereitos fundamentais consonte coa xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos  e máis cedo ca tarde haberemos asistir á anulación das sentenzas que defenden unha interpretación da apoloxía do terrorismo allea á regra xeral da apoloxía do delicto (a última a do Tribunal Supremo condenando ao Strawberry de Def con Dos).

Para entendermos a grandísima trapallada da persecución destas condutas, abonda saber que ETA abandonou a súa actividade hai xa máis de cinco anos. Pois ben, no 2011 abríronse 5 causas por esta caste de delictos, no 2015 25. Non fai sentido ningún, verdade? No canto de perseguer a corrupción ou percurar a nosa seguranza fronte o yihadismo, policía xudicial, fiscais e xuices dese Tribunal de excepción-sucesor do franquista Tribunal da Orde Pública- chamado “Audiencia Nacional” adican os recursos que lles pagamos todos para pescudar e mesmo condenar tweets de gamberros, freakies ou descerebrados.

Nas democracias existe un amplísimo respecto á liberdade de expresión. O Dereito Penal  do  Estado democrático  só ha castigar as condutas verdadeiramente lesivas e graves para a convivencia. Nas democracias non se impón pena por opinar, por bárbara que a opinión fór.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema. Guarda el enlace permanente.