VERDADES SOBRE O TERRORISMO ISLAMITA.-Xoán Antón Pérez-Lema (*)

Para enxergarmos a realidade do terrorismo yihadista cómpre enfrontar as solucións dende a perspectiva europea,  desenvolvendo a escalas continental e local todas as actuacións de represión e prevención a curto prazo que sexan compatíbeis co Estado de Dereito e co contido esencial das liberdades. Urxe, neste senso, transformarmos a Europol nun auténtico FBI europeo que coordine as respostas de intelixencia ao terrorismo na Europa toda. Mais non haberá solución global e europea sen modificacións substanciais nas políticas de inclusión dos residentes musulmáns na Europa e sen unha remuda substancial das políticas exteriores europeas.

A case totalidade dos terroristas actuantes na Europa non son refuxiados da guerra de Siria, senón nacionais europeos ou, cando menos, residentes estábeis. Na súa conversión en terroristas adoita ser decisivo o discurso dalgunhas mesquitas adoito financiadas polo diñeiro saudí. De feito, wahabismo e dinastía saudí son inseparábeis dende o século XVIII e a aplicación radical da sharia e o concepto de yihad son semellantes en cadansúas cosmovisións do réxime saudí e do Estado Islámico. Arabía Saudí é socio comercial privilexiado do Estado español no que atinxe á merca de armas, construción de infraestruturas e venda de petróleo. Os intereses comerciais de determinadas grandes empresas españolas son alí moi importantes e mesmo o anterior Xefe de Estado foi quen garantiu a subministración de petróleo saudí naqueles anos 1977 e 1978. Por qué  non se curta o financiamento saudí a moitas mesquitas españolas?

Por outra banda, o apoxeo do Estado islámico veu da mán da intervención militar USA, secundada  polo Reino Unido, ao destruir a ditadura de Saddam Hussein en Iraq e financiar a oposición islamista á ditadura siria de Bashar al Assad. Os intereses petrolíferos occidentais preferiron Estados faliidos que remataron co apoxeo dun Estado Islámico que vendía barato o petróleo de Mossul a través de Turquía. Unha Turquía que tampouco quere destruir de todo aos yihadistas, porque non quere un Kurdhistan forte, reunificado e independente.

Non pode haber loita eficaz contra o yihadismo sen actuar sobre estes parámetros. Compre analisalos polo miúdo e non mercarlle aos de sempre explicacións islamófobas de todo a cen.

(*) Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.