SALVARMOS SARGADELOS.-Xoán Antón Pérez-Lema*

Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, dende o Laboratorio de Formas, crearon o Grupo Sargadelos. Querían un grupo empresarial comercialmente potente, financeiramente viábel, mais que fixese País na creación cultural, informativa e no benestar social . Velaí a fundación de Edicións do Castro e o Instituto Galego de Información.

“Cerámicas del Castro, S.L” (O Castro). ten case o 40% do capital social de  “Fábrica de Cerámicas de Sargadelos, S.L.” (Fábrica de Sargadelos), o que lle permite o control indirecto da mesma e do Grupo Sargadelos todo.

No 2006 a xenerosidade e patriotismo de Isaac Díaz Pardo (que transmitira de balde importantes cotas do capital social a determinados colaboradores)  privoulle do control d’ O Castro e, moi logo, por mor  do seu control indirecto, da Fàbrica de Sargadelos e do Instituto Galego de . Entón, a nova maioría elixiu conselleiro-delegado ao socio Segismundo García.

Despois dun tempo no que se afastou da xestión, Segismundo García pactou no 2014 coa familia Vázquez Freire ( beneficiarios daquelas cesións gratuitas de capital de Díaz Pardo) o seu nomeamento como administrador único da Fàbrica de Sargadelos (xa que entre él e a devandita familia controlaban o 51% d’O Castro). Dende entón, a Fábrica de Sargadelos enfrontou un concurso de acredores e unha reorientación comercial e de proxecto que pasou por: i) liquidar todo o legado de  Díaz Pardo e  Seoane e todo compromiso cultural con Galicia (Instituto Galego de Información e Edicións do Castro) ii) Liquidar toda relación co Laboratorio de Formas , antes responsábel da dirección artística, do seu  “know how”. iii) Prescindir dos mellores tècnicos da empresa, o que incrementou a porcentaxe de fallos na produción do 10-15% anterior a case o 40%. iv) Perder a identidade e o deseño orixinal como sinais propios, impedindo na práctica cara ao futuro garantir a merca dos produtos do Grupo na gama alta de prezo onde se moveron historicamente.

Hoxe Segismundo García quere botar fóra ao 50% do cadro de persoal da Fabrica de Sargadelos pola súa incapacidade de dirixir a actividade empresarial nas marxes da Lei, pois  quere descoñecer sentenzas xudiciais e convenios colectivos. Mais Galicia asume o risco da perda do patrimonio inmaterial do Grupo Sargadelos, hoxe administrado de xeito irresponsabel.

Cómpre salvarmos Sargadelos.

*Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e analista político.

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.