DITOS E DICIRES… Dalia Koira Cornide*

“Quen foi a primeira muller, a que se fartou de vivir para Adán e marchouse do Edén? 
Quen foi a muller que pasou do Paraíso do Ben e do Mal e, sen pensalo, foise?
Nin heroína, nin princesa, nin voluble, nin perversa, crece libre e non se deixa someter…”

As lembranzas son sempre acontecementos dramáticos  de situacións que asociamos a un  tempo non tan alonxado que desaniña a xenreira que os provocan.

Os ‘ditos e dicires’ son como unha orballada que paseniño foi enchoupando as concencias e fixo das mesmas un noxento credo. Non se atopa peor maldade que aquela que se agocha en verbas que semellan ser inofensivas.  Dun ou doutro xeito ninguén fai patrimonio de seu dicires que mágoan a dignidade e debían  avergoñar a quen os xenera. Non se pode dar ao esquecemento, soterrar no silenzo… finxir… o arrepío que produce só a súa lembranza.

A memoria é persistente. O vento non leva as verbas para que non as poidamos lembrar. Están na mente, navegan por o subconsciente e o ronsel cóase por as físgoas das entranas e saen por a boca escachando en anaquiños  a  ialma.

Será por iso… só por iso… por o que sigo aquí a lembrar verbas, feitos, historias… que quixeran ser esquecidas… mais non, poboan as mentes e debullan os sentimentos.

Por os anos ’60 do século pasado falar de feminismo era tan utópico como facelo de dereitos, igualdade ou democracia…

A soltería era un hándicap para toda muller —calquera que fose o seu status— chegar a unha determinada idade sen estar matrimoniada, era una circunstancia que daba lugar a ditos e dicires pexorativos e  sempre desacertados…   “Xa queda para vestir santos”, “Unha muller no é ‘ninguén’ sen un home o seu lado”… “O home para o traballo, a  muller para a casa e coa pata quebrada”… e unha etenra ringleira… que prefiro omitir.

Ditos e decires dunha época que perduran no tempo… senón cas mesmas verbas con outras que veñen a ser a mesma cousa.

Incríbel …

…  os últimos resultados do eurobarómetro, relacionado ca igualdade de xénero,  realizado en 2017, non deixa de ser sorprendente: un 45% dos ciudadáns da Unión Europea pensan que o principal papel da muller é cuidar o fogar, e un 43% dí que rol do home é gañar diñeiro.

Demáis están os comentarios…

Por  a década dos ‘60 comencei a coñecer a poesía de Rosalía de Castro e lembro o impacto que causou no meu ánimo a súa escrita de bardo, por unha banda, reivindicativa i por otra de denuncia social…  e no caso que me ocupa lembro o abraio que me supuxo os seguintes versos:

“San Antonio bendito,

Dádeme un home,

Anque me mate,

Anque me esfole…

[…]

Unha muller sin home…

¡Santo bendito!

É corpiño sin alma,

Festa sin trigo

Pau viradoiro…

[…]

No ‘argot’ popular andaba a seguinte historia, inda que variaba segundo a zona:

“Non teño vacas nin arado nin leiras para a labranza… tampouco sementes para sementar… nin homiño para os pés quentar… por ter… ter… non teño ren…”

A romaría de San Antón foi a moza, a pregar ao santiño —moi milagreiro e casamenteiro—rogar foi a mociña por un homiño…

“Santiño, Santórum, cariña de rosa… daime un homiño, sexa grande ou pequeno… torto, eivado  ou viradoiro…”

Foi tal a rogativa que o benefactor apiadouse dela e concedeulle tan desexado galano.

Un tempo despois a mociña —que xa non o era—, voltou a romaría e, de xeonllos,  aos pés do santiño de tal xeito lle oraba:

“Santo, Santórum… cara de corno así Deus che de gloria como a min me deche home”.

Unha mostra sinxela para entender o papel da muller a través da historia é unha tarefa complicada: o seu rol irrelevante, simplista, superficial… dependente, obediente, sumisa,  alienada…,  una subordinación anacrónica que os tempos cultivaron ata a saciedade… relegandoa a os papéis máis humillantes por razón de xénero.

Nembargantes, neste heteróclito mundo  onde a muller é valorada  só si  foi matrimoniada, atopamos unhas poucas en que os ‘ditos e dicires’ alimentan a súa pertinaz soltería moi respetable e non sempre respetada. Impregnadas de aires de liberdade que chegaba por uns Pirineos ‘descapotables’ dunha Francia chea de inquedanzas e dunha Sorbona ruxente que fixo tremer ao moi honorable ‘General De Gaulle’.

Tratabase dun recendo que se esparexía dende as radios clandestinas, da música reivindicativa,  de anasia de liberdade… nun país abafado e abafante por o analfabetismo  i a incultura, favorecido todo ilo por ideólogos dun reximen represor e unha igrexa atávica,  inamovíbel e servil ao servizo duns principios que nunca dignificaron  o rol da muller na sociedade, contribuindo a súa degradación.

Mais o percorrido é longo, os obstáculos moitos,  os logros febles, os recoñecementos exiguos… niste contexto unha  xermolación de ditos,  dicires e faceres está a rexurdir… Unha paradóxica involución!  Unha mágoa que xeracións que nasceron na liberdade, cuestionen os valores da igualdade  i esteñan a percorrer un camiño de regresión.

*Dalia Koira Cornide es Licenciada en Pedagogia

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.