PEDRO SÁNCHEZ COPIA DA DEREITA EXTREMA.-Xoán Antón Pérez-Lema*

Pedro Sánchez esqueceu ben axiña que a afiliación do PSOE votou por él para superaren a o foxo onde os meterá a primeira alma do PSOE (Felipe González, Alfonso Guerra, García-Page, Ybarra, Borrell, Susana Díaz et alter). As eleccións andaluzas do 2-D activaron todos os medos dos líderes territoriais socialistas. E tamén os de Sánchez-Castejón.

A solución para algúns baróns como os presidentes castelán-manchego García-Page ou o aragonés Lambàn é asumir o discurso da dereita extrema tripolar de Casado, Rivera e Abascal, ilegalizando os partidos soberanistas. E Pedro Sànchez, no discurso perante o Congreso o 12-D e mantendo o Consello de Ministros do 21-D en Barcelona (xa non como elemento de achegamento, senón como elemento de imperio e provocación), asumiu grande parte deste relato.

Porén, o Presidente do Goberno do Estado non escoita o que ven de dicir R. Zapatero nun xornal madrileño da dereita españolista ”…os soberanistas cataláns non son golpistas”,  “…animo Pedro Sánchez que siga  a dialogar…”. e “Otegui foi unha persoa clave na fin da ETA”. ZP representa a segunda alma do PSOE, hoxe seica maioritaria na Galicia, Euskadi, Cantabria, Asturies ou Illes Balears, así como en amplos segmentos do PSC e do valenciano PSPV…

Non se decata Sánchez que este xiro cara á dereita españolista é extemporáneo. En grande parte da cidadanía xa prendeu o discurso dereitista tripolar de que lle debe o cargo a Unidos-Podemos, as súas confluencias catalá e galega e aos soberanistas. Mais tamèn é desaquelada. Porque a xente escolle sempre antes o orixinal ca a copia. E porque o único espazo político baleiro na España central e meridional é a esquerda que tente explicar España en clave plurinacional, propoñendo solucións de gobernanza  en rede e respectuosas con esa pluralidade, así como asumindo o principio democrático do dereito dos pobos a decidir o seu destino.

A arrincadeira. Segue a folga de fame da maioría dos presos políticos catalàns.

Seguen en folga de fame Jordi Sánchez, Jordi Turull, Josep Rull e Joaquim Forn.  Mentres, o Tribunal Constitucional retén a decisión sobre a continuidade de cadansúas prisións preventivas, contra a normativa da Lei de Axuizamento Criminal que obriga decidir esta caste de cuestións no prazo máximo de 30 días naturais e impedindo mentres que recorran perante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos

*Xoán Antón Pérez-Lema, avogado e analista politico

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.