A cultura dun pobo é o que define a súa identidade.
Este é un chamamento ao cidadán do común.
Estamos a vivir nestes difíciles días de confinamento, fermosísimas mostras de solidaridade dos nosos artistas nas redes sociais e nas rúas e prazas públicas, con concertos improvisados dende as fiestras e balcóns de todo o país.
Todos eles (nós) agasallamos co noso talento e esforzo para que tí, cidadán, poidas levar un chisco mellor esta situación.
Cada día que pasa observamos con horror como van esvaecéndose debaixo das nosas fiestras os festivais, concertos, bolos, etc deste vindeiro verán.
Detrás de cada artista (algúns xa nos definen despectivamente como “titiriteros”) está unha persoa ou familia, técnicos de luces e son, producción, transportistas, programadores, salas…
Todos eles (nós) tamén imos ao Gadis, ou ao Froiz, tamén gardamos a distancia social de metro e medio, lavamos as mans… en definitiva… tamén comemos todos os días.
Estes artistas esperaban os meses de verán para logo tirar nos meses duros de inverno.
Ti, cidadán do común, consumidor ou non da oferta cultural, Cando saias aí fora e volvas a escoitar de novo aos paxaros, a ver os nosos prados dun verde cegador, a sentir o vento zoar no Cabo Vilán, lembra quen che axudou a soportar o estado de confinamento e corre a mercar unha entrada dos artistas que o fixeron posible.
Para entón os nosos artistas seguirán indo ao Gadis e ao Froiz, pero xa con luvas e mascarilla.
Non vivimos dos “likes”.
*Luis Soto e Frautista na Real Filharmonía de Galicia e no Taller Atlántico Contemporáneo (TAC)