O CÁRCERE DENTRO DO CÁRCERE.-Xoan Antón Pérez-Lema*

     Por se non fose abondo coas penas de cárcere (e de cárcere substitutiva da multa para persoas insolventes), os Xulgados de instrución españois adoitan decretar encarceramentos preventivos pouco xustificados, sen interpretar a xeito a doutrina constitucional a respecto da lexislación de axuizamento criminal  Nesta teima, amplos sectores da ciudadanía lles outorgan o seu apoio. Non sempre sectores exclusivamente conservadores, reaccionarios ou extremistas de dereita, senón tamén sectores vencellados a opcións progresistas e a sensibilidades feministas e mesmo ecoloxistas. Sen se decatar, nestes últimos supostos, que máis cárcere e máis represión só agrava os problemas sociais, económicos e políticos que xeran os delictos.

      A Constitución e a Lei Xeral penitenciaria española recoñecen que o reisertamento social dos penados é a principal finalidade da pena. O Estado español, con case 60.000 persoas presas, ten unha das maiores poboacións penitenciarias europeas cun dos seus menores índices de criminalidade. Por outra banda, Michelle Bachelet, Alta Comisaria das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, denunciaba xa en marzo de 2020 o agravamento, por mor da Covid-19, das condicións hixénicas e penitenciais dos cárceres do mundo, suprimindo toda caste de visitas, actividades comúns e contactos co exterior e pedía avanzar na excarcelación das persoas presas que non presentasen un perigo evidente.  

   Mais dentro do cárcere hai outra cárcere. Da devandita poboación penitenciaria case 2000 persoas en todo o Estado enfrontan medidas, moitas veces ilegais, de isolamento ou confinamento penitenciario, sen posibilidade de partillar nos xantares colectivos e botando moitas veces máis de 20-22 horas illadas no cárcere, malia as directivas da Alta Comisaria das NN.UU. que predica a abolición ou restrición desta caste de sanción penitenciaria dende o 2004. Esta caste de sancións, alén diso, haberían durar canto máis catorce días, mais adoitan alongarse no tempo.

    A organización galega pro dereitos humanos Esculca, en coordinación con outras organizacións do resto do Estado, desenvolve unha potente campaña para rematar con estes abusos. Para remataren ou, polo menos, reduciren ao mínimo o uso do isolamento provisional, da coerción mecánica e máis da forza física como castigos ou medidas de seguranza.

     Nun réxime de democracia liberal as persoas poden ser condenadas, mais nunca privadas da súa dignidade persoal e dos dereitos non atinxidos pola súa condena. Nunha democracia liberal haberíamos traballar para reducirmos o uso do cárcere (e moito máis do cárcere dentro do cárcere) como única vía para sermos persoas e reinsertarmos aos que nalgún momento fallaron ou fallamos.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

  

Acerca de Contraposición

Un Foro de Estudios Políticos (FEP) que aspira a centrar el debate sobre los diversos temas que afectan a la sociedad desde la transversalidad, la tolerancia, la libertad de expresión y opinión. Desvinculado de corrientes políticas o ideologías organizadas, pero abierto a todas en general, desde su vocación de Librepensamiento, solo fija como límite de expresión, el respeto a las personas y a la convivencia democrática. El FEP se siente vinculado a los valores republicanos, laicos y civilistas como base de una sociedad de librepensadores sólidamente enraizada en los principios de Libertad, Igualdad, Fraternidad.
Esta entrada fue publicada en ARTÍCULOS DE OPINIÓN. Guarda el enlace permanente.