INIMIGOS DAS LIBERDADES.-Xoan Antón Pérez-Lema*

  Nas rexionais de Castela e León, o domingo 13-F, Vox sobardou o 18% de votos, acadando máis do 20% nas súas principais cidades (Valladolid e Burgos). O fenómeno agravouse substancialmente días despois, coa implosión do PP por mor das denuncias de grave corrupción de Casado e Gª Egea contra Díaz Ayuso, que coincidiron coa actitude refractaria daqueles  e favorábel desta a unha coalición de goberno do PP cos extremistas. Electomanía ven de publicar unha enquisa desenvolvida entre os días 14-F e 18-F que lle da o primeiro posto ao PSOE e o segundo a  Vox (quen seica  lle daría o sorpasso  ao PP) nunhas vindeiras eleccións estatais.

           Non partillo esa espallada idea  de que Vox sexa un partido fascista. É  un partido de extrema dereita que amorea xente hoxendía xa bastante diversa, mais coincidente nunha corrente central de franquismo sociolóxico. Porque tentan (canda un sector maioritario do PP madrileño, representado por Agirre e Díaz Ayuso) liquidar os avances democráticos do réxime de 1978-dende unha mutación constitucional pilotada polo Deep State- para voltar a unha sociedade española agresiva coa personalidade nacional  galega (e contra calquera plurinacionalidade e pluriculturalidade), coa igualdade de xénero e coa integración das persoas inmigrantes. Poirque tentan voltar a un Estado español que exclúa ás persoas que exercemos unha identidade nacional incompatível coa deles, canda as persoas feministas, ecoloxistas ou simplesmente progresistas.

           A ideoloxía e a praxe política de Vox é unha ameaza para Galicia e para a economía e a sociedade galegas. Porque representan unha fracción das elites españolas que  i) refugan de Europa como comunidade de dereito e  liberdades e espazo de políticas sociais e económicas comúns  e  ii) queren destruir calquera política autonómica e local que fomente a economía galega e xere oportunidades para as nosas empresas, mesmo impedindo as normativas europeas e galegas que favorezan a contratación de compañías locais para as obras e servizos públicos que precisan as Administracións Públicas.

              Velaí que Galicia, onde Vox é aínda anecdótico, teña de desenvolver unha acción política e social coordenada para construir un balado contra esta caste de política antidemocrática que quere liquidar tamén o noso autogoberno. Un autogoberno que, malia as súas gravísimas feblezas, podería constituir unha potente ferramenta de defensa da nosa economía.

               A extrema dereita franquista é inimiga dos intereses da empresa, economía e sociedade galegas, así como do noso autogoberno e mesmo existencia como País. E, tamén, constitúe unha fronte de millóns de persoas que non saben nin queren vivir en democracia e arelan destruir as nosas liberdades. As que nos pertencen como persoa e como cidadanía galega e europea.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en INIMIGOS DAS LIBERDADES.-Xoan Antón Pérez-Lema*

CASADO ATRAPADO NO SEU LABIRINTO.-Xesús Veiga*

Poucos analistas dubidan do feito de que a convocatoria anticipada das eleccións ás Cortes de Castela e León non foi a consecuencia directa dunha crise grave de gobernabilidade nesa Comunidade Autónoma senón que foi unha decisión adoptada por Fernández  Mañueco para facer realidade o dobre obxectivo estabelecido por Pablo Casado desde a rúa Xénova: amortecer o papel relevante que vén desempeñando Isabel Díaz  Ayuso e alimentar a idea dun cambio de ciclo electoral que debería finalizar co desexado acceso do líder máximo do PP ao Palacio da Moncloa.

Semellante estratexia supoñía alterar a lóxica que inspirou o nacemento e posterior funcionamento do Estado das Autonomías. As Asembleas lexislativas e os gobernos das CC. AA. teñen como función prioritaria exercer con eficacia e con eficiencia as competencias que foron asumindo ao longo das últimas décadas. Subordinar tal finalidade á consecución dunha vantaxe partidista a curto prazo non se  compadece co respecto que debería existir ás regras non escritas dun sistema democrático de calidade.

Os resultados desta operación electoral non se corresponderon, finalmente, coas pretensións de  Mañueco e Casado. O PP ficou atrapado nunha dependencia plena de  Vox se quere asegurar unha mínima estabilidade gobernamental. Obviamente, esta opción terá consecuencias importantes na dinámica futura da política española e suscita explícitas inquedanzas entre os socios europeos do PP. Os primeiros indicios apuntan a que Pablo Casado non é capaz de atopar unha saída do labirinto no que se meteu.

Algunhas voces están a defender a comenencia dun acordo político entre PP e PSOE que impida a presenza, directa ou indirecta, de  Vox no goberno de Castela e León. Trataríase de aplicar a mesma estratexia que se vén utilizando en Alemaña e Francia durante os últimos anos (e que, por certo, non coincide coa que se practicou en Austria, Italia ou Finlandia). Ocorre, con todo, que, no caso español, non se dan as condicións necesarias para facer viábel tal posibilidade. Nin o PP nin o Partido Socialista serían capaces de asumir o custo dun cambio tan importante porque os datos existentes sobre o estado de opinión actual no seo dos seus respectivos electorados non lles permitirían dispoñer da capacidade de manobra requirida para tal xiro. Circunstancias como o recente intento do PP para impedir a aprobación da reforma laboral do goberno ou o mantemento do bloqueo da renovación do  CXPJ ilustran sobre o clima de máxima tensión que se rexistra entre ambas formacións políticas.

Polo demais, as urnas do pasado domingo permitiron constatar dúas realidades relevantes. Por unha banda, a forza electoral demostrada por algunhas plataformas provinciais ( singularmente “Soria Ya”), confirmando que a vella estrutura  bipartidista segue padecendo unha seria fatiga de materiais. Por outra banda, as malas cifras acadadas por Unidas Podemos semella indicar un certo esgotamento da formación cuxa aparición -fai sete anos- alterou notabelmente o taboleiro político do Estado español. O anunciado e aínda non explicitado proxecto de Yolanda Díaz enfróntase á urxente e incerta tarefa de  refundar o que no seu día espertou grandes expectativas en amplos sectores sociais.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en CASADO ATRAPADO NO SEU LABIRINTO.-Xesús Veiga*

PÉREZ JÁCOME E NÚÑEZ FEIJÓO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

O alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, quitou 2 sobre 27 concelleiros no 2011, 8 no 2015 e baixou a 7 no 2019, malia que desta vez quitou a alcaldía por vez primeira coa inestimábel colaboración do voto do PPdeG de Núñez Feijóo. E mantén ésta alcaldía só con outros 3 concelleiros (4/27!!), logo de que os demáis marcharan do seu partido localista (Democracia Ourensana-DO-) no primeiro ano da súa alcaldía, por mor de graves sospeitas de corrupción (suposta esixencia de “peaxes”a respecto dos soldos dos cargos de confianza).

                Antes de entraren no concello e instrumentando a súa canle de TV e máis o seu partido, Jácome denunciara na xurisdición penal moitas das actuacións do goberno local de coalición PSdeG-BNG que gobernou Ourense entre xuño de 2007 e maio de 2015. Denuncias que ficaron todas en arquivos ou absolucións, malia que desfixeran daquela a gobernanza municipal ourensá. Foi un anticipamento da lawfare despois desenvolvida por Bolsonaro ou Trump.

                Mais Pérez Jácome non estivo só nesta angueira, pois que contou coa colaboración inestimábel do pasado fiscal provincial de Ourense, Florentino Delgado, que desenvolveu o cargo entre 1995 e primeiros de 2019 e que foi sancionado pola Fiscalía Xeral do Estado a 19 meses de suspensión pola comisión de  dúas faltas moi graves e outras dúas graves (atrasos inxustificábeis no trámite de denuncia contra o antigo alcalde do PP de Ourense, Manuel Cabezas) e a outros 18 meses de suspensión por outras dúas faltas moi graves, por continuar no uso da súa vivenda ourensá con cargo á Xunta cando ésta xa lle requirira a despexala.

         Pérez Jácome está sendo investigado por un delicto de malversación de diñeiro público polo Xulgado de Instrución nº 2 ourensán, polo desvío ao seu propio patrimonio persoal de 50.000 € e ao da súa canle Aurea TV polo pagamento da súa licenza  á Unión de Televisións Galegas.

         Este venres, 11-F, o alcalde ourensán botou fóra do Pleno arbitraria e ilegalmente ao voceiro do BNG, Luis Seara, feito que motivou o abandono do Pleno por parte dos grupos do BNG, PSdeG e PPdeG, canda os tres concelleiros non adscriptos no seu día elixidos ola candidatura da D.O.

         O  casco histórico ourensán agunía, amosando o meirande número de baixos comerciais baleiros de toda Galicia, mentres este alcalde transfire todos os recursos humanos municipais destinados ao casco histórico aos servizos xerais de Urbanismo. Tamén deixou sen orzamento nin xestión as principais actividades culturais que desenvolvía o concello, entre elas o Festival de Cinema.

          E que dí Núñez Feijóo? Que dí Tellado, secretario xeral do PPdeG?  Só calan cando non celebran os desaquelados actos e falas desta catástrofe ourensá e galega.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en PÉREZ JÁCOME E NÚÑEZ FEIJÓO.-Xoan Antón Pérez-Lema*

ENSINANZAS DAS TANXUGUEIRAS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

       1.- Unha parte moi importante da cidadanía galega está a medrar substancialmente na súa autoestima, síntese solidaria coa súa lingua e cultura e convirte a pertenza á galeguidade na súa referencia no mundo. A identidade nacional mantense e evolúe malia o proceso de globalización ou mesmo canda él.

      2.- A música das Tanxugueiras, canda moitos outros  produtos musicais e culturais galegos, son creacións dunha moi grande calidade, calquera que sexa a referencia (estatal, europea ou universal) coa que fagamos a comparanza. Elas amosaron que a música tradicional galega é unha creación popular e viva, que é quen de evoluir e se actualizar en interacción (que non mestizaxe) con outras achegas. Esta calidade comparativa é moi evidente, polo que no próximo futuro non haberíamos precisar da aprobación exterior para encher os concertos das nosas artistas e mercar a música e os libros das nosas creadoras.

  3.-  A lingua, cultura e música galegas son ben recibidas pola grande maioría da cidadanía do Estado español, como tamén no ámbito europeo e universal. O rexeitamento á nosa lingua e cultura, canda o encaixe nunha España plurinacional dunha Galicia de seu, non xurde dos pobos, senón da aparataxe do Estado, das estruturas do Deep State, das elites do palco do Bernabeu, do establishment cultural, musical e do espectáculo.

  4.- O problema non é só político, senón económico. O xuri nomeado pola RTVE, expresión dese establishmentdo espectáculo, serviu aos intereses de determinadas produtoras do Madrid artístico. Chanel non tiña dereito a percebir diñeiro pola explotación económica dos dereitos de autor (que van ir para esas produtoras), mais as Tanxugueiras si. Un trunfo das Tanxugueiras, ademáis, amosaría o bo acollemento do público español a produtos culturais e musicais en galego, catalán , euskera ou asturiano e iso non lles encaixa aos que só acreditan na España unilingüe, uninacional e unicultural que serve aos seus intereses económicos e á difusión dos seus produtos culturais.

 5.- O Estado e as súas Institucións (tamén a RTVE) son moi difícilmente reformábeis e non dubidan, quer de mudar as regras de xogo á metade do partido, quer de revirar a aplicación destas normas, como fixeron as dúas persoas do xuri que votaron Tanxugueiras coas puntuacións de “2”  e “4”, reservadas para a peor e a segunda peor escolla.

6.- O vivido habería valer para que centos de milleiros enxergaramos como funcionan tanto as institucións do Estado como as elites e conexións do Deep State e comprenderamos que a dificultade real de compatibilizarmos a galeguidade coa españolidade baséase só no concepto discriminador e supremacista co que a ideloxía dominante  define España.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en ENSINANZAS DAS TANXUGUEIRAS.-Xoan Antón Pérez-Lema*

VALLE INCLÁN EN EL CONGRESO.- Antonio Campos Romay * 

    

Fatiga terriblemente esperar que  en algún momento en la filas conservadoras se produzca el milagro de un acto de cordura, que les haga ver  que su presencia en la Cámara, como la del resto de las formaciones políticas, no tiene por objeto que sus posaderas se arrellenen cómodas, confortables y bien retribuidas en sus escaños. Que su presencia en ella tiene por objeto ver por el bien común, contribuyendo a mejorar la vida de una ciudadanía que estoicamente cumple su parte, con honradez, eficacia y sacrificio y que achica el cinturón con riesgo evidente de yugular su riego sanguíneo.

Escuchar a D. Jaime de Olano  alto  dirigente popular en su intervención esta noche pasada en el programa “24 Horas” de TVE, movería a hilaridad si el tema no fuera tan serio. Pataleaba contra la profesionalidad de los equipos  telemáticos de la Cámara  cuando de todas las formas razonables posibles (salvo la sinrazón histérica) estaban fuera de toda duda la pulcritud del servicio  del Congreso  y  la evidencia  del fallo humano. Los servicios de la Cámara recuerdan que existe un sistema de doble verificación de los votos telemáticos que ha funcionado correctamente sin que jamás se hubiere producido un fallo.  Y hacen hincapié en que una vez emitido el voto telemático, este no se puede suspender para votar de forma presencial, ni se puede cambiar. No una vez, no dos, sino en TRES ocasiones erró en esa sesión al emitir su voto el Secretario de Organización  popular, Sr. Casero,  mano derecha del Sr. Egea, a la vez mano derecha del Sr. Casado. Como dato curioso esta Señoría tan poco mañosa,  tiene abierta en  el  Juzgado de Instrucción  2 de Trujillo donde era alcalde una investigación por un posible delito de prevaricación continuada durante su etapa de regidor

Miente la Sra. Gamarra (quizás no sea novedad) cuando dice que se le impidió el acceso a la sede parlamentaria a la que llegó el interfecto en un periquete abandonando su lecho del dolor donde se trataba una desconocida y al parecer grave dolencia.

Eludía como gato escaldado ante agua  fría el tal señor Olano hablar del tema de UPN. De los “tamalitos” navarros que a falta de Doña Espe, quizás  D. Tomás (Egea por supuesto) podía aclarar a que se debía la inmensa fetidez llegada desde sus tierras murcianas que se sentía en   la Carrera de San Jerónimo. Los “Tamallitos”, el 1 y el 2, muy ufanos a media mañana afirmaban pomposamente su lealtad con el mandato de su partido. Voto favorable comprometido por su conciencia y honor. Bueno señores…quien osaría  dudar de su hombría…  

El Sr. De Olano con absoluto desparpajo  sacudiéndose cualquier responsabilidad, denuncia tongo. Y tiene razón. Un tongo urdido con premeditación y alevosía por…  Era enternecedor ver al P. P. con sus gemelos voxianos ovacionar  con júbilo histérico a los “tongueros” cual si Daoiz y Velarde se manifestasen en el hemiciclo cuando por er ror la Sra. Presidenta del Congreso comunica el decaimiento de la propuesta.

. Denuncia el Sr. De Olano que se degrada la  democracia…Y vuelve a tener toda la razón. El sostener desde Interior una policía paralela por muy patriótica que se la diga, con anuencia del Presidente (Sr. Rajoy) degrada la democracia. Manosear la judicatura para colocar afines benévolos  con los desmanes que han sido el pan nuestro de cada día de la práctica del PP, degrada la democracia. Ir dopado a todos los procesos electorales en detrimento de sus rivales con dinero de origen sucio, degrada la democracia. Bloquear  con feroz empeño la renovación del CGPJ con ánimo de aferrarse a unos Sres. Jueces que consideran, desde su punto de vista, útiles para aliviar sus manipulaciones y embrollos (camino ya del cuarto año de su mandato expirado), viola el mandato constitucional y degrada la democracia.   

¿Que aplaudían Sus Señorías en las bancadas de la las dos derechas a cada cual más extrema? ¿El que sus trucos inconfesables habían dinamitado el consenso social de la Patronal, los Sindicatos de clase y el gobierno de España?.  ¿Que iban a frenar, o incluso malograr  la llegada de varios miles de millón procedentes de la UE, que con inquina traidora están boicoteando por todos los medios en Bruselas, aunque el ridículo obsceno sea su única página de gloria?

¿Aplaudían entusiasta sus señorías que cientos  de miles de trabajadores vieran cercenados su estabilidad en el empleo, mejoras económicas, y proyecto de vida?  Quizás no se exagerado aceptarlo entendiendo como  interiorizan estas “singulares” derechas disfrazadas de conservadores demócratas la brillante frase de una ilustre ideóloga popular Andreita, de la muy conocida saga Fabra, (al menos judicialmente), que resumía su visión sobre los  parados…”que se jodan”… Poco más que añadir.  

Cabalgó no Pavía, sino Valle Inclán por el Congreso. El esperpento se enseñoreo del hemiciclo viéndose  alineaciones astrales curiosas…Gamarra y Rufián, Bildu y Vox, PNV y tongueros, en un alianza que ganas dan de pensar, lo que unió Dios no lo separen los hombres…

PD. Aviso a navegantes…El que juega con fuego un día se quema…El Gobierno debe tomar muy en serio realizar un cursillo intensivo de gestión de apoyos. En el bloque de la investidura, algunos deben tomar conciencia de hasta donde extender su frivolidad. Este  momento puntal ha sido salvado in extremis  con justicia poética dando pábulo a la frase, de escribir recto  con renglones torcidos…

Siguiendo el símil bíblico, muy propio a un agnóstico, allá ante la puerta de los Altos Cielos de la Justicia,  andarán  Casado, Gamarra, Abascal, Egea y algún otro entregados al llanto y el crujir de dientes, al ver a Abraham, a Isaac, a Jacob y demás profetas en el reino de Dios, pero ellos arrojados del Paraiso.

A quienes, con todo derecho en su maximalismo,  ven en esta reforma una entrega y no un paso poderoso en favor de los intereses de los trabajadores dentro del consenso indispensable para construir un país colectivamente más armónico, cabría decir que se hace camino  pisando la tierra con paso firme abriendo cada día alamedas por donde “transite el hombre libre para construir un futuro mejor”. (Allende dixit). 

*Antonio Campos Romay ha sido diputado n el Parlamento d Galicia.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en VALLE INCLÁN EN EL CONGRESO.- Antonio Campos Romay * 

¿BRECHA DIGITAL O SISTEMA BANCARIO QUEBRADO?.-José Luis Ortiz Güell

Mucho se habla de la brecha digital y del impacto especialmente en España, y su repercusión , derecho obligatorio por ley ,  en el acceso de las personas mayores a la banca un problema que se ha agravado especialmente en estos dos años de pandemia.

En España supone un 19,15 % del total de la población y algo que se agrava especialmente en las zonas despobladas y rurales. Estamos hablando de una población de 9.380. 554 personas y de las cuales un 87,06 % se ve gravemente perjudicada por ello. Si en porcentaje no es visible, si quizás lo sea en números totales, 8.166.712 personas vulnerables.

Si tenemos en cuenta que esas personas tienen un ahorro medio en sus cuentas de 27.980 euros y con las propiedades pagadas al 100 % con un valor medio de 150.000 euros eso hace un ahorro de 174.800 por persona.

Eso genera un montante total de 30.934.181.200 de los que los bancos hacen un abuso indebido y que va en perjuicio de esa población excesivamente vulnerable en estos tiempos.

Si nos atenemos a los ingresos del sistema bancario en el último año asciende a 324.992 miles de millones, en España, como valor de referencia, no lo olvidemos.

El sistema bancario hace un abuso ilegal de 1 billón 639 mil millones, más de cinco veces el valor de los ingresos.

A pesar de esa situación la banca dio una cuenta de rendimientos de beneficios de 25.000 millones y su correspondiente reparto de beneficios entre sus accionistas.

¿Entonces estamos hablando de “brecha digital” o eso encubre un sistema bancario quebrado?

No tengo suficiente criterio, quizás para definirme ante ello, pero eso podría llevarnos a la conclusión que el sistema bancario en España está quebrado y que para ello prefieren sacrificar a esa población vulnerable y repartirse más de 25.000 millones a cuenta de beneficios para sus accionistas anualmente.

Según lo poco que tengo de conocimientos una quiebra técnica supone una situación patrimonial en la que el valor de los activos sea inferior al pasivo tanto a corto como a largo plazo.

Sea lo que sea la realidad es que estamos abandonando a la peor de las suertes   a 8.166.712 de personas que han sustentado la sociedad en la que vivimos. en los últimos tiempos. Mientras tanto acercarse a retirar dinero a una ventanilla es cada vez una misión más imposible.

*José Luis Ortiz Güell, funcionario

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en ¿BRECHA DIGITAL O SISTEMA BANCARIO QUEBRADO?.-José Luis Ortiz Güell