A última polémica sobre ENCE non será, sen dúbida, a derradeira.Ademais da dimensión estritamente xurídica -a negativa da Abogacía do Estado a certificar a legalidade da prórroga concedida polo goberno de Mariano Rajoy- este episodio recente contén case todos os ingredientes económicos e políticos que avalan a pertinencia do debate público.
Existen, de entrada, dúas circunstancias indiscutíbeis que convén lembrar.Unha:a pesar da evidente relevancia da decisión tomada pola Abogacía do Estado, non estamos ante a definitiva resolución xudicial que finiquite o recurso presentado polo concello de Pontevedra e pola Asociación de Defensa da Ria.Outra:a prórroga aprobada polo Executivo de Rajoy tivo lugar despois da celebración das eleccións xerais de Decembro de 2015 e moito antes de que se constituira o novo goberno do PP, despois da repetición dos comicios en Xuño de 2016.Situación que, obviamente, non admite comparación coa que se vive na actualidade, cando faltan varios días para que se abran as urnas do 28-A.



