UNA SOCIEDAD DEL DESCONCIERTO.- Antonio Campos Romay*

Brilla la indignidad de los seres inhumanos que desde las poltronas  y los despachos de caoba  construyen con los huesos de la plebe sus imperios , en tiempo preciso y bien tasado, Que usan sus modos arteros y la sangre inocente para paliar reveses o engrandecer victorias pirricas.

Brilla la indignidad en su rezos hipócritas que recuerdan al «Gott mit uns” (Dios con nosotros) que usaban los nazis en las hebillas de los cinturones. Vanidades y orgullos de ínfimos personajillos en el el puente de mando de poderosos almacenes de destrucción masiva, a los aque solo alienta su infame locura de la destrucción planetaria jaleada por fundamentalistas desquiciados. Los que no dudan en trazar estelas sangrientas, convirtiendo a modestos seres del común en carne de cañón   obligados a ser asesinos al servicios de oligarcas y poderosos holdings internacionales especializados en la industria de la muerte.


Las calles destrozadas con inquina criminal son avenida de caras mustias y rostros que liban las lagrimas que ya no quedan para ser paridas por ojos horrorizados ante los cadáveres de deudos y amigos….Avenidas que sustituyen las flores de malva, los girasoles, las rosas y hortensias, los viejos arboles de frondoso ramaje hoy arrancados de cuajo en noche sin mañana, en un mar de horror que entrega a la playa del olvido muertos en las posturas mas inverosímiles…El  drama de un niño destripado en la proximidad de lo que fue un colegio no es hazaña bélica sino crimen salvaje de una vida que morirá en un baño de sangre y moscas sin saber porque.

Un sol frio, desvaído, tan frio como las almas encanalladas que provocan el holocausto será apenas sudario de su muerte mientras ni los mas atrevidos de los gorriones se fían de la aparente serenidad de la tarde. Ya ni la luna asqueada de tanto horror mira piadosa cuando llega la noche. Ni la sequedad helada del viento helado que sacude cruel las llanuras hace un mínimo gesto solidario con las victimas del canalla del Kremlim, o del cinismo especulador y oportunista de Wasingthon que ve goloso como los dividendo del negocio del horror crecen como la espuma al tiempo que  manipula a sus cipayos necesitados de bailar a sus sones.

El Dragón Rojo (lo de rojo es un decir), el Celeste imperio, observa con sus ojillos oblicuos la escena con su ancestral paciencia, listo para saltar a la yugular del púgil que sonado a duras penas se mantenga en el cuadrilátero, aunque no quepa descartar que para entonces el túnel del tiempo nos haya devuelto a la edad de piedra…

Algo muy posible cuando ya existe el precedente de un genocida en la Casa Blanca, siempre llena de almas negras, que tras una guerra ya ganada no dudó en usar armas nucleares sobre dos poblaciones civiles para marcar como perro rabioso su territorio ante la guerra fría que estaba por comenzar…

La brutalidad de ciertos “seres humanos” frente al tablero de ajedrez de sus intereses especulativos y económicos, que no patrióticos, en  su ansia enfermiza de dominar el mundo para su beneficio, (jamás para el bien común), en cada jugada cada pieza tiene una ¿razón? …noooo…sinrazón. Mientras cantos de sirena de todo tipo mienten de forma permanente para blanquear una partida de auténticos mafiosos.

Una sociedad dc desconcierto, desconcertante por su rumbo erratico, ignorante de pautas trabajadas durante décadas, confiando su destino a personajes siniestros, estrambotes y chabacanos, cual fantasmas venidos del ayer mas negro, cuya música es trágico silencio de cementerio.

 .Es casi imposible a un  autocrata con capacidad de apretar un botón nuclear  ponerle trabas a su locura…Hitler, Musolini, Stalin fueron los últimos ejemplos de la locura en el poder. Incluido un Churchil deificado  inicialmente con clara simpatía por el dirigente fascista italiano y entusiasta en la destrucción de la República Española, aunque  posteriormente blanqueó sus veleidades con diligencia. Cabria invocar la mente flexible y abierta de la Sra. Eleanor Roosvelt exigiendo una ponderación ausente ante lo que desenbocaria en la II Guerra Mundial…. “mentes grandes hablan de ideas; las mentes medianas hablan de eventos; las mentes pequeñas hablan de los demás. 

No dejemos en olvido las palabras de D. José de Saramago, Premio Nobel, lo que no deja de ser anécdota, siendo la categoría el hombre colmado de sabiduría y ponderación : “ A veces lo que más deseas, nunca se cumple y a veces lo que menos esperas que suceda, ocurre. Por ello es importante no olvidar que dentro de nosotros hay algo que no tiene nombre, ese algo es lo que nosotros somos.

*Antonio Campos Romay ha sido diputado en el Parlamento de Galicia

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UNA SOCIEDAD DEL DESCONCIERTO.- Antonio Campos Romay*

A CHEGADA DE FELIPE GONZALEZ Á MONCLOA.-Xesús Veiga*

Instalados no ronsel da lembranza de importantes acontecementos históricos, atopámonos coa conmemoración dos 40 anos da vitoria electoral de Felipe González que propiciou a formación do primeiro goberno do PSOE despois da morte de Franco.

No plano estritamente político, aquel triunfo rematou co dominio da UCD rexistrado nos comicios de 1977 e 1979, colocou nunha posición nitidamente minoritaria á dereita que representaba Alianza Popular -dirixida por Fraga- e arruinou practicamente a potencialidade acumulada polo PCE durante a resistencia antifranquista. A dimensión acadada por este último fenómeno non figuraba nas predicións que se manexaban a partir de 1976. Os 4 deputados obtidos polo partido de Santiago Carrillo non se correspondían coas expectativas xeradas pola arriscada legalización acometida por Adolfo Suarez no mes de Abril de 1977. O comunismo oficial español naufragou a pesar das reiteradas demostracións de moderación exhibidas durante aqueles anos. No imaxinario da maioría da esquerda social, Felipe González non aparecía como unha oferta menos radical que a de Carrillo (nas hemerotecas poden atoparse paradoxos como a defensa retórica do dereito de autodeterminación por parte do PSOE mentres o PCE fuxía deses pronunciamentos para reforzar a súa imaxe de partido de «orde») e tiña dúas vantaxes que resultaron decisivas: a pertenza a unha xeración que non participara directamente na guerra civil e a conexión coa socialdemocracia europea, peza básica na construción do Estado de benestar durante as décadas posteriores á barbarie do nazismo. Dolores Ibarruri e Santiago Carrillo representaban moi ben aos derrotados polo golpe de Franco e aos combatentes contra a súa ditadura pero tiñan mais dificultades para conectar con sectores xeracionais mais afastados da confrontación directa vivida nos anos pasados e, ademais, non podían exhibir exemplos de gobernos amigos nos países da Europa occidental.

Poucos meses antes desta vitoria do socialismo español, chegaba F. Mitterand á presidencia da República francesa e tomaba dúas medidas moi significativas: aceitar a presenza de 4 ministros do Partido Comunista no novo goberno e acometer a estatalización dalgunhas empresas enerxéticas, automobilísticas e bancarias. A pesar de que González obtivo 202 escanos, non quixo seguir a lóxica do seu colega de París. Por unha banda,deixou que a febleza do PCE alimentara un notábel transvase de cadros e dirixentes dese partido cara o PSOE. Ao mesmo tempo e da man de ministros como Boyer e Solchaga levou adiante unha política económica distanciada dos criterios clásicos da socialdemocracia: reconversión dura dalgúns sectores industriais básicos (nomeadamente o da construción naval e o da siderurxia) e primeiros pasos para privatizar unha parte do sector público empresarial. As importantes folgas obreiras rexistradas na primeira metade da década dos 80 (Ferrol, Vigo, Sagunto, Euskadi…) foron o contrapunto ao depósito de confianza electoral daquel Outubro de 1982. Posteriormente, durante a segunda maioría absoluta de F. Gonzalez (1986-1989), o distanciamento entre a base electoral e o goberno socialista acadou unha expresión máxima na folga xeral de 1988 que, ademais, certificou o divorcio co sindicato -UXT- que viña funcionando como o principal referente histórico do partido no ámbito das clases traballadoras.

O primeiro goberno do Partido Socialista tivo que facer fronte a dous problemas de moita envergadura: a intensa actividade de ETA e a controversia sobre a presenza do Estado español na OTAN. No primeiro caso e despois dun intento frustrado de negociación en Arxelia, o executivo de González viuse implicado nas accións do GAL, con algunhas consecuencias penais graves -condenas a Barrionuevo e Rafael Vera- e con importantes incógnitas a respecto da eventual responsabilidade do propio presidente na xénese daquela particular forma de terrorismo de Estado. No asunto da Alianza Atlántica, o goberno cumpriu a promesa de celebración dun referendo aínda que mudou completamente a proposición realizada en campaña electoral -«OTAN, de entrada non»- e apostou pola participación na alianza militar. A vitoria acadada na consulta de 1986 abriu unha fenda definitiva cunha parte significativa daqueles sectores da esquerda social que deran o seu aval electoral ao primeiro presidente socialista que ocupaba os despachos da Moncloa.

Como é sabido, Felipe González completou catro mandatos gobernamentais -entre 1982 e 1996-, establecendo un ciclo temporal que aínda non foi igualado. Nese amplo período houbo, como é lóxico, luces e sombras. Entre as primeiras destacan, sobre todo, o fortalecemento de tres piares básicos de calquera Estado de benestar: o ensino, a sanidade  e un sistema público de pensións. Entre as segundas, ademais do xa enumerado anteriormente, compre sinalar a inexistencia de leis de reparación das vítimas do franquismo como as que foron elaboradas posteriormente, durante os gobernos de Zapatero e de Sanchez. As sucesivas maiorías absolutas do Partido Socialista non serviron para pechar, coa dignidade debida, as feridas abertas polo golpe de Estado de 1936.

Neste 40 aniversario daquel espectacular triunfo electoral temos que asistir a un paradoxo moi revelador: moitos voceiros da dereita mediática -e tamén da política- decláranse abertamente felipistas a pesar de que durante os últimos anos da súa presidencia fixeron todo o posíbel para derrubalo, amparándose nos episodios de corrupción e de guerra sucia. Feijoo xa dixo hai tempo que votara por el en 1982 e Rajoy aproveita calquera ocasión para louvalo como antítese do que hoxe representa Pedro Sánchez. Uns e outros comparten con González unha intensa nostalxia polo vello modelo bipartidista que ficou seriamente erosionado nos comicios de 2015.

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A CHEGADA DE FELIPE GONZALEZ Á MONCLOA.-Xesús Veiga*

UNHA FOTO QUE CONECTA COA MAIORÍA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

A visita da líder do BNG, Ana Pontón, ás instalacións centrais de Inditex en Arteixo sementou lóxica preocupación no PP galego, encaixado nese perfil baixo definido despois da marcha de Núñez Feijóo. Neste senso, foi ben expresiva a reacción do vicepresidente Conde, na súa liña da comunicación pouco xeitosa á que nos ten afeitos. Pola contra, a iniciativa da líder soberanista só recibiu críticas moi illadas dende o ámbito dos seus seareiros. Ficou, logo, ben amosado que a execución dunha política transversal pode conectar coa maioría social sen xerar graves tensións nas bases nacionalistas.

    Visitar Inditex e avaliar positivamente o seu liderado empresarial dende Galicia non quere dicir esquecer momentos da historia da multinacional nos que o seu crecemento construise, en parte, sobre o lombo de centos de traballadoras de cooperativas que ficaron fóra da estrutura empresarial despois do proceso de deslocalización da produción ou os efectos negativos  sobre ducias de pemes do téxtil  galegas-e algunhas empresas  máis grandes- ás que o modelo da multinacional botou fóra do mercado. Tampouco supón deixar de incidir, dende Galicia e dende as institucións estatais e europeas, na necesidade de que seevite usar mecanismos legais de elusión (non evasiön) fiscal, que xeran redución da recadación fiscal nos ámbitos territoriais onde se desenvolven as principais actividades de dirección, xestión, produción e vendas.

   Inditex pertence ao Ibex 35 do mercado español de valores, mais non pertence aos sectores regulados (banca. construción e concesións  públicas e distribución eléctrica) que dependen do BOE (ou, máis ben, o definen). Non pertence ao deep state, senón dos mercados e non dos financeiros, senón dos de bens físicos. Nin  Amancio Ortega nin ninguén da multinacional falou nunca contra o aumento do SMI ou contra a renda mínima vital,  nin tampouco  contra o autogoberno da Galicia ou contra a plurinacionalidade do Estado, como adoito fixeron outros persoeiros do mundo empresarial español.

 Ana Pontón, como moi probábel futura presidenta deste País, ten a obriga de coñecer Inditex e de percurar que ésta siga a liderar as actividades da multinacional dende Galicia, relocalizando na medida do posíbel a súa actividade produtiva e desenvolvendo a dixitalización de xeito que contribúa-como xa o está a facer- ao grande salto adiante das empresas tecnolóxicas (TIC) galegas. De xeito, tamén  que se aproveite primeiro e desenvolva, despois, o grande potencial das facultades e escolas tecnolóxicas galegas (Físicas e Matemáticas na USC, Teleco na Uvigo e Informática na UDC).

Pensan vostedes que o lehendakari.Urkullu ou a first minister  Stugeon ían dubidar en manter as mellores relacións de cooperación coa multinacional galega se tivera a súa sede en Euskadi ou Escocia?

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en UNHA FOTO QUE CONECTA COA MAIORÍA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

TÓCALA OTRA VEZ… GABRIEL.-María Purificación Nogueira Domínguez

      

El primer ángel tocó la trompeta, y hubo granizo y fuego mezclados con sangre, que fueron arrojados sobre la tierra; y quedó abrasada la tercera parte de la tierra, y quedó abrasada la tercera parte de los árboles, y toda hierba verde quedó abrasada… (Apocalipsis).

Cada mañana cuando sonaba aquel maldito aparato:¡ Riiing riiing riiing! la gente se desperezaba y se dirigía a hacer su trabajo: producir, contaminar… y destruir.

El calentamiento global era algo incuestionable. La temperatura extrema de la Tierra hacía  muy difícil la cría de animales y la recolección de vegetales. Durante una década hubo campos fértiles y ganadería… hasta que las pertinaces sequías, los incendios y la contaminación originaron su extinción. El nivel del mar se elevó considerablemente cuando los glaciares comenzaron a derretirse en tiempo récord. El mar ocupó kilómetros de costa y desaparecieron en su totalidad las playas y las islas. El agua del mar aumentó extremadamente su temperatura y toda la fauna marina pereció, incluso en las zonas abisales, de la misma manera que lo hizo la flora. No se podía pescar, no se podía navegar y no se podía nadar. El agua del mar era parte del pasado… de la Historia. Los habitantes del planeta Tierra que se desplazaban de un continente a otro en avanzadas naves que surcaban el cielo, que se trasladaban por tierra en modernos y rápidos vehículos, que se veían en pantallas y se comunicaban aunque estuviesen a miles de kilómetros unos de los otros, se quedaron varados y sin autonomía… cuando las industrias y las tecnologías dejaron de funcionar, y los combustibles fueron disputados en cruentas guerras entre unos países y otros. Y las diferentes alternativas que buscaron para producir energía fracasaron estrepitosamente, debido a los frecuentes huracanes, tsunamis, terremotos, y demás catástrofes meteorológicas. La desertificación por falta de lluvias y la deforestación a causa de la rapiña humana… posibilitaron la aparición de infinidad de nuevos virus y enfermedades que ya se consideraban erradicadas. Y el hambre y la miseria humana aceleraron… el principio del fin.

NIETA: Abuela… ¿Ya estás otra vez con tus delirios apocalípticos?Eres lo más Gretathunbergiana y Nostradamusiana que me he echado a las rastas.

ABUELA: Sí, hija, sí. Pero toma nota y cuéntale todo esto a tus nietos… cuando cenen ratas y cucarachas, con mucha suerte de riquezas, se acuesten a dormir en el suelo de la choza y se tapen con pieles de animales, con mucha suerte de caza. Cuéntaselo, e intenta memorizarlo porque, después de utilizar todo lo que arde, también quemaréis las hojas de papel y los libros…

NIETA: Abuela, queridiña, entonces me veré obligada a decirles que fueron mis antepasados: mis bisabuelos, mis abuelos y mis  padres, los que empezaron a producir sin control, los que tras siglos de saqueo a la naturaleza, de maltrato a los animales y de destrucción masiva… nos robaron el futuro. Les tendré que contar que, durante mucho mucho tiempo, científicos, ecologistas, biólogos, meteorólogos y diferentes defensores del bienestar del planeta, os avisaron y os pidieron a gritos que dejaseis de contaminar, de devastar, pero estabais muy distraídos disfrutando vuestra tecnología, comodidad, avaricia… y vuestra suprema estulticia. Y todavía tenéis la desfachatez de llamarnos pusilánimes, de almidonar vuestros egos diciendo que nos habéis dado todo hecho y una vida fácil. ¡Insensatos! Lo que nos hemos encontrado es todo deshecho: contaminación, cambio climático, virus, guerra, disputas políticas, crisis económica, corrupción, bullying, y un largo etcétera de males. Lo mucho que os gusta meter la mano en la Caja de Pandora. Mi generación, los que tenemos dieciocho años, no llegamos al mundo con un pan bajo el brazo… portábamos un manual de supervivencia. Así que … no voy a traer criaturas a malvivir en un planeta que agoniza. Y vosotros habéis sido los responsables, los que le proporcionasteis la trompeta y la partitura a Gabriel. Pobre arcángel, años y años soplando notas y todavía no le habéis oído… ¡Tócala otra vez, Gabriel. Alto y claro, que mi abuela es lenta procesando sonidos!            

“Cada vez que suena un despertador: ¡Riiing riiing riiing!… la luz de de la Tierra… parpadea”.

María Purificación Nogueira Domínguez.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en TÓCALA OTRA VEZ… GABRIEL.-María Purificación Nogueira Domínguez

DESACELEERACIÓN PROGRAMADA.-José Luis Ortiz Güell*

Aunque lo que afirme en este artículo, a algunos escandalizará y a otros favorecerá para criticarme, algo que no temo, pues tras mi apariencia tradicional, se esconde un alma anarquista y reaccionaria de un activista vocacional.
Esto que estamos viviendo, no es otra cosa, que algo programado y que tiene una finalidad. Esto es lo que este artículo demostrar.
Esta desaceleración sincronizada forzará, como lo está haciendo, a tomar medidas que en un 99 % serán ineficaces y en breve, en el año 2023, producirá una recesión global en el mundo, con pérdidas en masa de puestos de empleo y una subida de intereses mucho mayor que producirán la quiebra de bancos.
Una nueva GRAN CRISIS, como la de 29 del siglo pasado, en la que los Bancos Centrales no podrán hacer nada, pues la situación los superará y ese momento se acelerará la adopción de las monedas digitales.
Los precios seguirán incrementándose mucho más que lo que estamos viendo y los Gobiernos serán incapaces de superarlo.
Es algo que debemos pensar que está propiciando el Banco Central Americano, o lo que es lo mismo la Reserva Federal y la política de Jerome Powell, que fue nombrado en 2017, por Donald Trump, Presidente de la Reserva Federal.
Los inversionistas buscarán refugio en el dólar y en el bitcoin y eso les reportará jugosos beneficios y generará una burbuja muy peligrosa con el dólar y depreciará otras monedas (recordemos que la libra esterlina días atrás llegó a mínimos impensables).
Esto favorecerá a que la economía digital entre, por la puerta grande y con honores, y el referente mundial será el bitcoin, junto a otras monedas de peso como el eYuan, y otras.
Algo que Asheed Birla, director general del proveedor de servicios de pagos basados en bolckchaim RippelNet ha estimado con una viabilidad asegurada y de futuro.
RippleNet es una red global descentraliza de bancos y proveedores de pago que utiliza tecnología financiera que proporciona mensajería, compensación y liquidación de transacciones financieras en tiempo real.
La única alternativa será disponer de “dinero” y no “moneda”. Creo que no hace falta explicar esta pequeña diferencia de matices, es muy distinto. Hasta ahora era el tiempo de la moneda y en breve eso pasará a la historia del colectivo de la memoria mundial.
Este es el futuro en el que estamos inmersos y que intento desvelar en este artículo.

*José Luis Ortiz Güell, funcionario.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DESACELEERACIÓN PROGRAMADA.-José Luis Ortiz Güell*

DEFENDERMOS O DEREITO Á PESCA SOSTÍBEL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

Dende o 9 do mes que andamos rexe a prohibición de pesca na Unión Europea (UE) para as artes de fondo (arrastre e artes fixas) entre os 400 e os 800 mts de profundidade en 87 zonas do Atlántico pertencentes ás Repúblicas de Irlanda, Portugal e Francia e ao Estado español. Zonas que supoñen o 17% da plataforma continental atlántica, polo que o impacto na rebaixa substancial das capturas vai ser moi potente.

 Esta prohibición deriva dun Regulamento de execución aprobado pola Comisión Europea o 15 de setembro (regulamento que, xa que logo, non permite veto ningún do Estado nin está suxeito a regla de maioría ningunha), previsto nun Regulamento lexislativo de 2016 aprobado polo Cosnsello de Ministros e o Parlamento europeo. O Regulamento de execución ía ser xa aprobado no 2018 mais demorouse até de agora. O seu principal antecedente é un informe técnico de 2017 (alicerzado en dados do 2011) do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES).

 É dicir, a Comisión Europea está a se basear  en dados de hai 11 anos para adoptar unha decisión. Mais tamén adoptou unha fórmula de execución moito máis rigorosa ca as propostas polo ICES, que excluían da prohibición ao palangre de fondo, por se tratar dunha arte fixa e selectiva, de moi limitado impacto ambiental. E velaí, precisamente, o cerne da cuestión para a frota galega (uns 210 barcos entre os que faenan no Gran Sole e nos caladoiros galegos, dos que 69 teñen a súa base nos portos de Burela e Celeiro, na Mariña). Porque o grande impacto económico quie imos sofrir concéntrase no uso desta arte de tan limitado impacto ambiental. É dicir, sofrimos un grave dano económico (3.000 empregos directos e uns 18.000 indirectos) e social sen xustificación ecolóxica ningunha ou, polo menos, abonda. Do que non se enterou a decepcionante Greenpeace por non ler nin escoitar ás nosas Adega e FEG.Velaí a forza gráfica da eurodeputada Ana Miranda (BNG) amosando na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo un aparello desta arte sostíbel, para ilustrar do seu limitado impacto ambiental.

  Do dito tírase : i) o Regulamento de execución era agardado, mais nunca nos termos que se aprobou para o palangre, ii) a única solución arestora é a xudicial, que o Estado recorra perante o Tribunal de Xustiza da UE reclamando directamente a nulidade parcial do Regulamento e pedindo axiña como medida cautelar a súa suspensión desta normativa, baseándose tanto na propia falla de vixencia dos dados como dos termos favorábeis para o palangre do informe de 2017 do ICES e iii) a moi limitada importancia que o complexo mar industria ten  para o Estado- e case nula para a UE-fronte á moi fulcral importancia que ten para a economía galega.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en DEFENDERMOS O DEREITO Á PESCA SOSTÍBEL.-Xoan Antón Pérez-Lema*