Na vergoñenta entrevista entre o Sr. Rajoy e a xornalista Gloria Fernández Lomana, directora de Informativos de Antena 3, casada con D. Josep Pique o que fose compañeiro de Consello de Ministros de D. Mariano baixo a batuta do Sr. Aznar, a mellor conclusión a que pódese chegar, e que D. Mariano gaña moito cando fala a través do plasma. Garantida a imparcialidade e xeito inquisitivo da xornalista, que so podería ficar atoldada por D. Paco Marhuenda, faise difícil determinar quen cometía mais despropósitos. Dende o principio ate entrega pola xornalista do “libro gordo de Petete” a un Sr. Rajoy fora de escena, sucedéronse abraiantes secuencias de vacuidades e imprecisións que mesmo invitaban a unha longa soneca nunha tardiña desapracible a carón dun radiador.
Esforzouse a reo na defensa dos mais impresentables membros do seu gabinete, e da consorte de Undargarin, que por razóns que a razón agocha, un adiviñador Don Mariano Seguir leyendo




