A trampa olímpica – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.
Despois de máis de tres anos de continuos recurtes sociais, o prantexamento da candidatura Madrid 2020 amosaba unha suposta contención nos investimentos, mais agachando que cumpría construir todas as infraestruturas  condenadas ao futuro desuso, como a Vila Olímpica. Ficaría un investimento pendente de 2300 M€ e estaban xa executados 6200M€, acadando mentres o Concello madrileño unha débeda de 7430 M€ (2300 €/residente). Na práctica, de lle outorgar a organización do evento, os números dispararíanse. Canto aos retornos, serían seguros, mais  insuficientes para que as Administracións públicas madrileñas puidesen pensar noutra cousa ca en pagar a débeda. Non por acaso Roma, con ser Roma, desbotouse da carreira olímpica, ao priorizar o “panem” sobre os “circenses”.

Velaí como se advertiu nidiamente a diferenza entre as prioridades da cidadanía e clases medias e de determinada elite política, en colaboración con algúns operadores empresariais  gorentosos de ladrillo e negocios dirixidos dende os Poderes Públicos. Porque o modelo de Madrid 2020  apostaba, no longo prazo, por unha débeda improdutiva no canto da reactivación empresarial e os servizos públicos. Para as Olimpíadas habería o que non haberá  para a sanidade, educación ou innovación.

Esta realidade adubiouse estes días con doses de patrioterismo e descoñecemento do funcionamento do Comité Olímpico Internacional verdadeiramente inéditas. Despois de Brasil 2016 tocáballe, por tradición, a vez a Asia e Madrid non  xogaba. De feito, a poderosa París agardou a presentar a  súa candidatura até a edición do 2024, cando teoricamente lle cumpra organizar a Europa. Malia esta evidencia, algún falabarato conseguiu que os “media” madrileños repenicaran seguido que Madrid contaba con 56 votos, unha cómoda maioría absoluta. Pois ben, 26 votos obtidos, u-los outros 30?.

Canto á Galicia, excluída por Madrid da asignación das 8 subsedes (Valencia, Andalucía, Castela e Aragón, coma sempre), non perde nada con este fracaso. Porque, nesta  recesión, a recentralización brutal de gasto que agochaba Madrid 2020 tería sido moi prexudicial para o noso País, que desaparecería  do mapa dos investimentos públicos estatais.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

Os mercados non teñen memoria – Xesús Veiga

Xesús Veiga

O día 30 de Outubro de 1987 aparecía publicado en EL PAIS un artigo –“A loucura de 1929 repítese”- do economista John Kenneth Galbraith para comentar o derrube que se tiña rexistrado naqueles semanas no mercado de Wall Street.

Case vinte e seis anos despois, a lectura deste artigo resulta moi reveladora da lóxica do sistema económico dominante.Repasemos algunhas das afirmacións realizadas polo profesor canadiano:”A historia repítese en asuntos financeiros, por unha especie de sofisticada estupidez.Nos meses e anos que precederon ao grande crash de 1929 había unha grande cantidade de persoas e institucións dispostas a mercar na bolsa simplemente porque estaba subindo, pensando en liquidar antes de que baixara.O mesmo pasou nos últimos meses.(…) O factor dominante foi a cobiza, que se transformou de súpeto en medo –o remate da euforia especulativa-; o desexo de fuxir das persoas e institucións que seguiran no mercado mentres estivo en alza e o medo que orixinou inmediatamente cando o mercado comezou a baixar.(…) En Outubro de 1987, igual que no Outubro de 1929, descubrimos ate que punto as xentes creron cegamente no mito do mercado.(…) A memoria financeira dura uns 10 anos.Este é aproximadamente o intervalo entre un episodio de sofisticada estupidez e o seguinte.(…)Temos que rematar co déficit orzamentario.Parte de isto pode ser realizado eliminando o absurdo exceso dos gastos militares.Se é necesario aumentar impostos, eu faríao nas rendas superiores.Non creo na doutrina Reagan-Thatcher de que os ricos non traballaron porque teñen demasiado pouco diñeiro mentres que os probes non o fan porque teñen demasiado”.

Galbraith non formou parte da corrente de economistas de tradición marxista e mesmo foi considerado, en ocasións, como un exemplo de liberal norteamericano (pais onde desenvolveu a maior parte da súa actividade como pensador e profesor).Porén, o contido desas breves reflexións emitidas en 1987 certifican dúas realidades relevantes:a persistencia dunhas prácticas especulativas no cerne do sistema capitalista e a subordinación ou complicidade dos principais poderes políticos do mundo occidental cos grupos financeiros que provocaron a crise xurdida nos USA.Se Galbraith estivera vivo podería repetir os argumentos básicos do seu diagnóstico para describir o sucedido a partir do outono do 2007.

Cando se trata de explicar o que pasou nestes seis últimos anos existe unha ampla coincidencia entre a maioría dos economistas á hora de sinalar os principais vectores do proceso vivido:

a)Política de préstamos demasiado permisiva por parte de certas entidades financeiras norteamericanas e presenza de produtos financeiros cada vez mais complexos e descontrolados.

b)Insuficiente e inadecuada regulación das actividades do sector financeiro e deficiente actuación das autoridades políticas encargadas de exercer o control das mesmas.

c)Falta de información fiábel sobre os activos e as transaccións das institucións financeiras.

d)Ruptura da confianza entre os bancos e aparición dunha grave crise de liquidez:os propios bancos non obteñen recursos nos mercados financeiros e solicitan axudas aos gobernos para non desaparecer.

e)Translación da crise ao conxunto da economía:os bancos reducen e/ou encarecen os préstamos ás empresas e aos consumidores coa conseguinte diminución da actividade económica e o medre do desemprego.

Os impactos concretos da crise nos distintos territorios gardan, loxicamente, unha relación directa coas propias características de cada economía.No caso do Estado español, o peso excesivo do sector da construción e a importante dimensión do turismo provocaron efectos moi negativos no conxunto da dinámica económica.O forte endebedamento das familias e das empresas acumulado durante os anos da expansión –e mais importante, en termos relativos, que o contraído polas Administracións Públicas- constitúe unha debilidade estrutural que penaliza seriamente calquera proceso de saída da crise a curto prazo.

A economía galega tamén percibiu os efectos da crise a pesar da existencia dalgúns aspectos diferenciais a respeito do conxunto estatal (menor peso específico da construción inmobiliaria no tecido produtivo galego e inferior endebedamento das familias e das empresas).

As coincidencias na descrición do sucedido desaparecen no momento de formular criterios e propostas para saír da crise.Hai dous grandes ámbitos nos que se concentra a diverxencia.En primeiro lugar o relativo ás relacións que deben existir entre os chamados mercados financeiros e os gobernos xurdidos da vontade popular expresada mediante sufraxio universal.Para os grandes partidos actuantes en Europa e para aquelas persoas que crean a opinión hexemónica nos medios de comunicación de masas, os “mercados” son as novas divinidades laicas que deben establecer as regras do xogo e os gobernos deben adaptar as súas medidas ás decisións previas deses poderes económicos.”A reacción dos mercados”:velaquí a frase mais repetida nos últimos anos e a proba do nove desa grave adulteración das lóxicas democráticas.Gobernan a economía –e, por tanto, as condicións de vida de millóns de persoas- grupos que non se presentan ás eleccións mais que contan coa inhibición e/ou complicidade daquelas forzas políticas que reciben os apoios maioritarios dos corpos electorais.

Outro campo para o desacordo radica na distribución dos elevados custes provocados pola crise financeira de 2007.Reaparece, neste caso, o vello enfrontamento entre quen reclama unha asunción das cargas por parte daqueles sectores económicos causantes da desfeita e posuidores dunha elevada riqueza acumulada e os que postulan que a factura sexa asumida polas maiorías sociais mediante unha redución substantiva do seu nivel de vida.A pesar dalgúns matices diferenciais, os gobernos dos Estados da UE –mesmo aqueles que teñen unha orientación teoricamente socialdemócrata- están promovendo políticas de redución das prestacións historicamente asociadas ao chamado “Estado do benestar”.A dereita política europea está gañando, por agora, a batalla ideolóxica e práctica a respeito da resposta á crise económica que padecemos.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

LOS NEGOCIOS Y AMORIOS DEL BORBON

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Deja un comentario

Defendermos a Libertade – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

Cadernos da viaxe.

A democracia  alicérzase principalmente no principio de legalidade, na inclusión e cohesión social e nun réxime de liberdades plenamente garantidas. A democracia baséase no goberno da maioría, mais garantindo o respecto e integración no xogo político e social das minorías. A democracia esixe  dun réxime xudicial garantista, onde ninguén é culpábel até non ser condenado en sentenza firme por un tribunal independente e no desfrute do seu pleno dereito de defensa.

A  causa da liberdade no mundo non vai ben. E non só pola existencia das ominosas ditaduras norcoreana, siria ou birmana, polo totalitarismo teocrático de distinta caste que protagonizan Irán e Arabia Saudi ou polo imparábel crecemento económico de China, primeira potencia mundial dende parámetros políticos autoritarios e represivos .

Porque máis perigoso é o avance do autoritarismo no seo das democracias. Velaí o caso de Rusia, onde Putin liquidou na práctica o xogo parlamentario, a autonomía local e o autogoberno das nacionalidades e rexións que conviven na Unión Rusa e limitou substancialmente as liberdades de opción sexual e de conciencia. Ou dos USA, onde o 11-S xerou unha vaga obsesiva que permite manter detidas centos de persoas sen acusación formal en Guantánamo, outorgar competencia en casos de seguridade do Estado a Tribunais de excepción non independentes ou vulnerar o dereito á intimidade de millóns de persoas por mór de supostas necesidades da seguranza pública que tenden ver inimigos onde só hai discrepantes.

Na Unión Europea consolidouse un goberno burocrático, que non resposta perante a cidadanía. E, no Estado español, unha democracia de baixa calidade na que non existe a transparencia e os Tribunais Supremo, Constitucional e de Contas e o Consello do Poder Xudicial ficaron controlados polo bipartidismo dinástico PP-PSOE. Amáis da obsesión por converter o Dereito Penal nun instrumento táctico-político, vulnerando coa doutrina Parot o principio de irretroactividade que rexe este Dereito.

E na Galicia asistimos a prácticas policiais abeiradas nunha concepción autoritaria da orde pública, que permiten o illamento dos políticos a 4 kms dos manifestantes, as sancións administrativas abusivas a preferentistas ou opositores aos despexos ou a incautación, sen razón legal ningunha, de bandeiras estreleiras nos actos deportivos.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

O comportamento do alcalde de Baralla é unha anécdota ou unha patoloxía latente no PP? – Antonio Campos Romay

 Antonio Campos Romay

As reticencias permanentes do Partido Popular a condenar o réxime do xeneral Franco comprometen seriamente a súa credibilidade como necesario mecanismo de representación da dereita democrática española.

A historia do Partido Popular en relación co franquismo é un continuado exercicio de incoherencia democrática, refugando con sospeitosa tenacidade o recoñecemento dunha realidade histórica cada vez máis afastada. Unha evocación que  atragóanselles de xeito penoso. A súa percepción en orde a uns comportamentos pretéritos, que máis aló de crebar sanguentamente unha legalidade constitucional mostraron a peor cara da nosa sociedade reflicten unha convicción democrática epidérmica.

As diversas franquicias en que se acolleu a dereita española os derradeiros trinta anos, Coalición Democrática, Alianza Popular, Partido Popular, da man do finado Sr. Fraga mostraron formalmente a súa aceptación aos principios en que se abandeirou a Transición. Pero non é menos certo que no súa andaina abundaron sempre personaxes devanceiros do réxime fascista. O propio D. Manuel, ou personaxes como Licinio de la Fuente, Gonzalo de la Mora, Cruz Esteruelas, López Rodó, Silva, e un longo etc. formaron unha nomea que nalgún momento de afervoamento ao elenco mais notable cualificoullo como os “setes magníficos”, pretendendo asociar a magnificencia política con ser ministro destacado da ditadura cuxa prima doa era “La lucecita do Pardo” tamén coñecido como xeral Franco.

Máis próximos, diversos dirixentes populares desbullan perlas sobre tal materia. O Sr.Mayor Oreja ilústranos dicíndonos que o non pode condenar o fascismo franquista, pois durante o mesmo “a vida era plácida” (sic). O Sr. Hernando, un dos portavoces populares de significado compromiso social (a desnutrición infantil é culpa dos pais), a quen a bandeira constitucional de España durante a II República desquiciao como a novicia o acoso de varón libidinoso, non se recata en manifestar que o réxime do 14 de abril foi causante da morte de 1.000.000 de españois. Amen de mostrarse como un botarate indocumentado cuxos rudimentos da historia recente parecen bebidos dun Pío Moa que a si mesmo non dubida en taxarse como historiador, ten como dimensión o que é unha voz oficial da organización conservadora e as súas manifestacións fixan posición.

Que o Sr. alcalde de Baralla manifeste que os vitimados polos secuaces do xeneral africanista teríanllo merecido esta en sintonía con actos que se fixeron clásicos en Galicia, os funerais en Ponteares polo tal xeneral con non escasa asistencia de dirixentes populares.

Durante a Transición, as distintas franquicias ideadas por D.Manuel, maquillaron como demócratas de toda a vida aos servidores da ditadura que irromperon en municipios, deputacións ou parlamentos. En moitos casos non foi invasión senón continuidade mudando algo para que todo seguise igual. Pero o certo é, que o seu ánimo estaba moi afastado de calquera tipo de repudio ou rexeitamento a unha etapa cuxo ADN ía fixada nos seus sentimentos.

Cada día máis fachendosos polo TDT party, incluíndo a cadea auspiciada pola confesión relixiosa que co franquismo monopolizaba as conciencias e a moral e paseaba baixo palio ao ditador , a ultradereita que tan cómoda e protagónica atópase no seo dos conservadores españois, considera chegado o momento de prescindir de cosméticos. Superando incluso a fase de aleivosa necidade de equiparar vítimas e asasinos, fascistas e demócratas, legalidade e golpismo.

A Alemaña tan admirada polos dirixentes populares é sumamente ríxida coas veleidades apoloxéticas do fascismo, do xenocidio e de calquera acto de louvanza aos seus actores. Seria absurdo suscitar en chan xermano un Val dos Caídos para depositar os restos mortais de Hitler e Goering. Ou unha Fundación Francisco Franco, no seu caso Adolf Hitler sostida con diñeiro publico.

Certamente os infames despropósitos que saen pola boca do Sr. Hernando en aras de paliar as evidencias ideolóxicas que evidencian algúns mozos militantes do PP, son un suma e segue de sonoras actuacións, pronunciamentos e comportamentos de persoas integradas nas filas do PP con diversas responsabilidades. No caso do Sr. Hernando non cabria descartar que ao tempo intente iniciar outra manobra de distracción cunha “guerra de bandeiras” que asociar ao “Xibraltar español” tentando desviar do seu xefe de filas D.Mariano o suplicio ao que somételle o seu ex tesoureiro e pagador hoxe aloxado en Soto do Real.

España non ten afortunadamente dez ou once millóns de votantes  situados no fascismo. E non seria sensato entender que a nutrida militancia do PP, na súa inmensa maioría non sexan sinceros demócratas. Por iso, é absolutamente necesario que o partido conservador español que se reclama de centro dereito mire a Europa, aos seus partidos homólogos con tradición democrática. Á Sra. Merkell rendendo homenaxe aos masacrados polo fascismo nazi. E que evite que unha minoría moi concreta pero forte, infecte co seu virus os alicerces democráticos que sustentan a corrente ideolóxica conservadora española.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Financiación sindical – Isidoro Gracia

Isidoro Gracia

Pregunta: ¿Están tan subvencionados los Sindicatos como se acusa permanentemente por todos los medios? Respuesta: los datos dicen que no, ni por aproximación.

En este caso, como en otros muchos, se suelen mezclar churras con merinas. Lo lógico es que las afirmaciones se contrasten con datos, tanto los absolutos, como los comparativos. Lo justo es que se sea especialmente cuidadoso, para que la comparación no sea odiosa, en que los datos se analicen en condiciones homogéneas y que las fuentes sean las mismas para todos.


Tomemos como fuentes los Presupuestos Generales del Estado, los Boletines Oficiales, y los datos de un año concreto, 2012. Según esas fuentes las subvenciones recibidas por los sindicatos, ampliamente denunciadas por la mayoría de los medios de comunicación privados, fueron algo menos de 16 millones de €, cantidad similar recibieron las organizaciones empresariales. Esos mismos medios recibieron, por distintos conceptos, unos 360, la mayor parte prensa escrita y televisión, por motivos que ignoro la radio y los medios digitales quedaron fuera del reparto, salvo alguna notable excepción.
No conozco el peso relativo que esos 360 millones tendrán en los gastos de gestión de los medios, si sé que CCOO y UGT ingresan, cada organización, de los afiliados por cuotas y servicios, en torno a 120 millones al mes, por lo que el peso de la subvención es muy escaso.


Las organizaciones sindicales tienen reconocido un rol en la Constitución, la Iglesia Católica no. Esta recibió directamente 252 millones, porqué sí. Para que no haya equívocos, en esos 252 no están incluidos ni los 15 millones de los capellanes del ejército, cárceles etc. ni los 600 millones de los salarios de los profesores de religión (este dato es estimado por federaciones del ámbito de la enseñanza). Tampoco están incluidas las cantidades que la casilla del IRPF destinada a distintos programas, por los que solo Caritas recibe cada año unos 20, los Centros Socio Sanitarios Católicos de Cataluña más de 3,5 , las Hermanitas de ancianos desamparados, unos 3, etc. etc.


Por tener otras referencias, los partidos recibieron unos 85, la Federación de Futbol casi 5 y el cine unos 90, los toros 564 (sí más de 500). Cantidades siempre en millones de €.
No tengo datos ni espacio para analizar lo que ocurre con los presupuestos de las CCAA, o en los Ayuntamientos, pero de los que conozco, es muy evidente la desproporción en contra de las organizaciones sindicales, respecto a lo analizado.


Hay que recordar que los Sindicatos han constituido un elemento fundamental de modernización y garantía de un cierto bienestar para la clase obrera y del conjunto de ciudadanos, necesarios paralegitimar unos acuerdos imprescindibles para alcanzar la necesaria paz social que ha permitido el avance de la democracia en España, decisivas para que las tensiones sociales no desbordaran. Por poner un ejemplo, mucho más decisivas que los muchos clubs de futbol que han recibido, de CCAA y Ayuntamientos, muchas mayores cantidades, por medios mucho más obscuros y opacos.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario