Manipulacións e recortes con luces ao final do túnel – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Abafados polo bombardeo da dereita mediática (que, nestes momentos, representa a inmensa maioría dos medios convencionais de comunicación en España), non resulta nada fácil equilibrar as campañas de manipulación informativa coas que se pretende xustificar as medidas máis impopulares que adopta o goberno na súa batalla contra a crise (teoricamente, porque, na práctica, semella máis ben que combate a prol da crise). Como a insistencia manipuladora é moito máis poderosa que as limitadas resistencias rectificadoras, esténdese entre a opinión pública unha difusa convicción de que todos os políticos son iguais (corruptos todos, por suposto), que os parados son preguiceiros crónicos que prefiren vivir do subsidio en lugar de buscar traballo, que os funcionarios non son menos preguiceiros e ademais hai demasiados, que as comunidades autónomas son os principais focos da dilapidación pública e que esa dilapidación é a causa case única da crise financeira que nos angustia.

Outra lectura interesada é a que só le as subvencións que reciben, por exemplo, os partidos políticos, os sindicatos, os xornaleiros, a investigación científica, as actividades culturais ou as de cooperación. Con técnicas de lectura discriminadamente rápida, esquecen as axudas públicas que reciben, por exemplo, a patronal, as grandes empresas, os terratenentes, a igrexa católica e até as fundacións privadas desde as que os ideólogos neoliberais predican contra as subvencións e o intervencionismo estatal.

Esquecen, por exemplo, que todos os estudos universitarios están subvencionados, que as taxas –aínda coas últimas subidas– non chegan a cubrir nin sequera a terceira parte dos gastos das universidades. Calquera dos alumnos que se permiten suspender e repetir cursos, porque teñen recursos para pagar as taxas, consume moito máis diñeiro público que o que pode representar a bolsa máis xenerosa. E en lugar de xustificar os recortes polas penurias derivadas da crise –e tratar de distribuír máis ou menos equilibradamente as rebaixas dos recursos entre bolseiros e repetidores–, montan unha argumentación delirante sobre esforzo e excelencia para elevar a nota de acceso ás bolsas (e non ao resto dos universitarios subvencionados). Unha argumentación que transluce a impresión de que esta decisión, en realidade, ten pouco que ver coa crise, aínda que a tome como pretexto. Parece máis ben encamiñada a restablecer a “orde natural” (clasista, por suposto) no acceso á Universidade.

Ese parece ser o verdadeiro obxectivo xeral das diversas reformas que se promoven en España e no conxunto da Unión Europa aproveitando a recesión económica: recuperar o que consideran a orde natural das relacións de poder, eliminando en apenas uns anos as correccións das desigualdades máis renxentes conseguidas nos dous últimos séculos. De maneira que, cando quede “saneado” o sistema –é dicir, libre de cargas sociais e de dereitos laborais, vencido e desarmado o “inimigo” reivindicativo–, poda decretarse o final da crise e o comezo dunha nova era de próspera explotación salvaxe.

Os manipuladores xa empezan a adestrarse para o anuncio da boa nova coa premonitoria visión de luces ao final do túnel.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

España non representa os intereses galegos – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

CADERNOS DA VIAXE

A eventual declaración de incompatibilidade co Dereito da UE do chamado “tax lease”, canda a prohibición para construir barcos a Navantia-Fene, que Aznar pactou coa UE para salvar Navantia das perdas xeradas pola ineficiencia andaluza e cartaxenera, reflicten que España nunca entendeu a importancia da construción naval galega. Tampouco entendeu nunca a importancia da nosa industria conserveira, da nosa pesca e, en xeral, do carácter fulcral e  estratéxico do noso sistema produtivo mar-industria.

Do mesmo xeito, a axenda española cara a negociación da Política Agraria Común (PAC) centrouse só nas producións mediterráneas (olivas, laranxas) e nos intereses das rexións latifundistas, arrumbando os intereses das nosas producións cárnicas e lácteas. Outro tanto compre dicir dos nosos intereses do sistema monte-madeira-industria. Mentres, tentouse impoñer dende Madrid un sistema aeroportuario dependente dese xigante que é Madrid-T4, retendo as competencias sobre uns portos que remanecen desconexos e pequenos. Cando éstes,  xestionados a xeito, haberían ser o grande “hub” europeo cara América no horizonte da nova canle panameña, no 2015.

Certo é que a nosa produción por habitante chega só a pouco máis do 90% da nosa renda dispoñíbel. Mais, de existirmos con voz propia na Europa, ao xeito de Estados da nosa fasquía poboacional (Irlanda, Eslovenia, os países bálticos) semella que o noso PIB tería medrado substancialmente, pois que case todos os nosos sectores empresariais nos que presentamos vantaxes comparativas foron e son sometidos a acoso e soidade. E non precisaríamos daquela ningunha caste de subsidio.

O mapa complétase co desprezo da esquerda e dereita española polas nosas Institucións de autogoberno. Velaí o rexeitamento de Fdz Ordóñez e da montorista Cristina F. Currás a compareceren diante do Parlamento deste País. Quizais tamén para non ter que recoñecer que, canda a mala xestión dos seus dirixentes galegos, a inviabilidade da fusión das Caixas tivo algo a ver coa proa do PP e PSOE estatais a respecto da pervivencia de toda entidade financeira galega.

O peor de todo é que, cun 5% do PIB e cun 6% da poboación estatal, isto non vai mellorar. Velaí que sexan o autogoberno e o dereito á diferenza  as mellores armas para sermos económicamente viábeis.


A ARRINCADEIRA : YES SCOTLAND.

Escocia camiña cara ao seu referendo de autodeterminación de 2014. Moitos escoceses levan gravado a lume que o Goberno de Westminster  informara de que Escocia era un país pobre e subsidiado, contabilizando os ingresos do petróleo do Mar do Norte como xerados por un novo territorio chamado “plataforma continental”e distinto de Escocia. Até a lei de transparencia os escoceses non puideron saber do engano do Goberno británico.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

Pero que broma é esta? – Pablo González Mariñas

A reforma auspiciada por Mariano Rajoy e o PP e presentada como “administrativa” e “aforradora” nin é administrativa nin aforra cartos. Non responde a verdaeiros criterios de racionalidade, economicidade e eficiencia. As medidas que se adoptan ou se propoñen polo Gobewrno central non tocan en absoluto o problema central do entramado administrativo do noso país: a superposición de niveis de administración tarritorial, a súa uniformidade estúpida, a exclusión  da capacidade das Comunidades Autónomas para internalizar a Administreación local e darlle corpo propio, a treimudez do Estado en manter as provincias como intrumento de contrapoder autonómico… Nin se fala sequera do excesivo número de concellos, inviables en moitos casos (hai concellos en España de tres ou catro habitantes!) e de imprescindible reordenación mediante unha política de agrupamento ou fusións selectivas. Non se fala tampouco da supresión das Deputacións provinciais, malia a conciencia xeralizada da súa inutilidadxe e da súa praxe con frecuencia caciquil e clientelar cando non abertamente corrupta. Non se fala da supresión de entidades de ambigüa natureza xurídica, dacablo entre o púiblico e o privado e difícil control económico, ou de sociedades mercatís creadas polas Administracións públicas para fuxir da aplicación do Dereito público.

Non se fala da lóxica supresión dos Ministerios que, como o de Cultura, carecen de competencias por estar trasnferido o ramo ás Comunidades Autónomas…  Si, en troques, propónse, porque non se pode impoñer, aínda que si coaccionar dende o Ministerio de Facenda polo impresentable e montaraz  ministro Montoro, a reducción do número de deputados dos Parlamentos autonómicos, a supresión dos Consellos de Contas das Autonomías e a eliminación dos Valedores do Pobo…  Advírtase, porén,  que estas son institucións, son entidades, non órganos administrativos; entidades de orixe e lexitimación estatutaria que, dende a auctoritas democrática que lles da a súa dependencia parlamentaria, exercen funcións de control sobre as Administracións públicas. Na súa pretendida supresión non hai reforma administrativa, senón contrarreforma política. A súa supresión busca conseguir: menos control político (Parlamento), menos control económico (Consello de Contas) e menos contro social (Valedor do Pobo). En definitiva, unha Administración de mans libres na que sexa difícil ou imposible a interdicción da arbitrariedade, do abuso ou da corrupción. Vai ser máis eficaz e eficiente esa Administración? Depende de para que. Para o obxectivo político do PP de ir desmantelando a urdime institucional das Autonomías en aras dunha centralización rampante, si. Para a racionalización da aparataxe administrativa e a para o aforro de gasto inúltil, no. Un só dato: Rajoy di que co seu plan aforraremos 8.000 millóns de euros. Coa supresión ou sustitución racional das Deputacións por un organismo pereecuador, sen deputados nin cohortes de asesores presidenciais, sen dietas e sen audis oficiais, calcúlase que se aforrarían 22.000 millóns. Ah!, pero isto non, que faríamos cos “paniaguados” do partido e da presión laboiral do emerxente colectivo das novas xeracións, mocidades ou xuventudes? Hai moitas cousas malas a depurar na política. Pero quizáis a mentira, a hipocrisía, a doblez, o sementar estados de ánimo na opinión pública (neste caso contra as CCAA) para logo aplicar escuramente a demagoxia, emboscada en forma de aforro, é máis ca unha canallada; é unha insoportable broma digna de Rabelais Rajoy Brey.   

Publicado en AUTORES, Pablo González Mariñas | Deja un comentario

Citando a Cervantes – José María Barja Pérez

José María Barja Pérez

Cuando en esta época de expansión del ciberespacio se lamentan del escaso conocimiento del Quijote o cuando se premia la traducción de una cita latina del mismo, advertimos que hay que desarrollar herramientas para facilitar formas de acceso nuevas y atrayentes. Frente al gran número de páginas web especializadas en la obra de Shakespeare, con buscadores que permiten confirmar una cita incluida en una película, todavía se invoca la necesidad de imponer la lectura del Quijote en la enseñanza secundaria como míticamente “antes se hacía”.

Despertar la curiosidad, aún en accesos fragmentarios, y la posibilidad de acceder a informaciones adicionales permitirá atraer a los lectores del modo electrónico. E incluso terminar con las tradicionales citas apócrifas de la obra del mayor escritor en lengua castellana.

Datos:

•    Escribía Arturo Pérez-Reverte «entre los analgésicos a los que con más frecuencia recurro se cuentan Montaigne y Cervantes: los Ensayos y El Quijote.» Mas discutible es su rotunda propuesta: «la lectura de El Quijote no sólo no es obligatoria -obligar traumatiza, ya saben-, sino que ni siquiera figura entre las recomendadas por el ministerio de Educación en secundaria o en bachillerato.» [‘El Quijote’ como consuelo XLSemanal 2/junio/2013]

•    Un poco sorprendente resultó ser el premio otorgado por el Ayuntamiento de Sada a una presunta cita de Cervantes (www.concellodesada.com/es/comunicacion/gabinete-prensa/2546-dad-crédito-a-las-obras-y-no-a-las-palabras.html). Aunque está próxima a citas verdaderas del Quijote, como las que aparecen en blogs.lainformacion.com/treintaymuchos/2013/04/22/dia-del-libro-2013-las-mejores-frases-de-don-quijote-aplicadas-a-la-espana-actual/, que ha modificado su primera versión donde sí la incluía. Aunque en el ciberespacio se encuentra incluso su desmentido: «No es del Quijote ni de Cervantes «Dad crédito a las obras y no a las palabras.» pero sí lo son: «cada uno es hijo de sus obras» [Parte I, capítulo 3], «El agradecimiento que sólo consiste en el deseo es cosa muerta, como es muerta la fe sin obras [Parte I, capítulo 51]», etc.» (www.quijote.tv/elotroquijote.htm). Pero la frase latina Operibus credite, et non verbis sí aparece textualmente dos veces [Parte II, capítulo 25 y 50] convertida en máxima; esa expresión “creed en las obras, y no en las palabras”, procede del Evangelio de San Juan X.38, Et si mihi non vultis credere, operibus credite (“Aunque a mi no me creáis, creed por las obras”).

•    El Centro Virtual Cervantes ofrece la muy reciente edición del Quijote dirigida por Francisco Rico (cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/) con notas desplegables, muy elogiada por el también acadé-mico Pérez-Reverte, y la Biblioteca Nacional de España proporciona un Quijote interactivo que incluye un buscador (quijote.bne.es/libro.html). Si uno busca «algebrista» encontrará sólo una cita (Parte II, capítulo 15) y si busca «Mondoñedo» aparece otra, «si de mujeres rameras, ahí está el obispo de Mondoñedo, que os prestará a Lamia, Laida y Flora» (Parte I, prólogo), lo cual sigue escandalizando porque se desconoce el contexto. El obispo referido es fray Antonio de Guevara (en Mondoñedo, 1537- 45) quien en su obra Epístolas Familiares, publicada en 1539, incluye una carta a “Enrrique Enríquez” a quien le explica que las “tres imágines de tres mugeres a maravilla hermosas, y por extremo muy bien pintadas, los rétulos de las cuales decían así: «Sancta Lamia», «Sancta Flora» y «Sancta Layda» […] que vos, señor, tenéis por sanctas, fueron las tres más hermosas y más famosas rameras que nascieron en Asia, se criaron en Europa, y aun de quienes más cosas los escriptores escribieron, y por quienes más príncipes se perdieron.” (www.amigosciudadmondonedo.org/index.php/mondonedo-cervantes-y-guevara). Más ro- tunda es la nota que incluye la edición de Rico sobre este obispo: «tuvo merecida fama de inventor de falsas historias que daba por verdaderas.»

•    La expresión “llamarse a andana” (desentenderse) aparentemente no es lo mismo que “llamarse a altana” (acogerse a sagrado). Pero si conocemos que en germanía (la jerga de los pícaros del Siglo de Oro) el templo era altana y por derivación, andana o antana (mientras aldana no está en el DRAE), toma sentido la expresión, pues acogerse a lugar sagrado permitía desentenderse de los perseguidores.

•    El Trujamán es una revista diaria del Centro Virtual Cervantes dedicada en exclusiva a la traducción, lo que es concordante con uno de los significados de ese término, que también aparece en el DRAE como truchimán, aparte de otras acepciones cuasi-insultantes.

•    La Real Academia Gallega logró el patrocinio de la Fundación Barrié para una web que muestra incluso el uso de palabras técnicas (www.portaldaspalabras.org/videos?titulo=palabras-de-informatica), aunque nombrando a la Osa Mayor como Setestrelo, incurre en contradicción con su propio diccionario que considera esas estrellas como parte de la constelación Tauro.

Pasado el San Juan (Juhannuspäivä en Finlandia, Midsommardagen en Suecia), comienza una serie de celebraciones de independencia de paises: el 25/junio, Mozambique (de Portugal en 1975) y Eslovenia (de Yugoslavia en 1991); 26/junio, Madagascar (de Francia en 1960); 27/junio, Yibuti (de Francia en 1977); 30/junio, República Democrática del Congo (de Bélgica en 1960); 1/julio, Ruanda y Burundi  (ambas de Bélgica en 1962); 3/julio, Bielorrusia (celebran que en 1944 Minsk fue liberada de las tropas alemanas, aunque su fecha de la independencia de la Unión Soviética es 25/agosto/1991); 4/julio, Estados Unidos (en 1776, aunque reconocida por el Reino Unido en 1783); 5/julio, Argelia (de Francia en 1962), Cabo Verde (de Portugal en 1975) y Venezuela (de España en 1811); 6/julio, Malawi (de Reino Unido en 1964) y Comoras (de Francia en 1975); 7/julio, Islas Salomón (de Reino Unido en 1978); 9/julio, Argentina (de España en 1816) y Sudán del Sur (de Sudán en 2011); 10/julio, Bahamas (de Reino Unido en 1973); 11/julio, Mongolia (de Chima en 1921); 12/julio, Kiribati (de Reino Unido en 1979) y Santo Tomé y Príncipe (de Portugal en 1975) ); 20/julio, Colombia (de España en 1810); 26/julio, Liberia (de la American Colonization Society, que desde 1817 trasladaba allí a ex-esclavos negros estadounidenses, en 1847) y Maldivas (de Reino Unido en 1965) ); 28/julio, Perú (de España en 1821); 30/julio, Vanuatu (de Francia y Reino Unido en 1980). Además en Canada el 1/julio es el festivo Canada Day, entre 1867-1982 llamado Dominion Day, por el Salmo 72 El rey prometido, que en su verso 8 dice «dominará de mar a mar,/ desde el Rio hasta los confines de la tierra». Y el 9/julio el calendario de los bahaís recuerda el Martirio del Bab [fusilado en Tabriz, tal día de 1850]; además, en este año 2013, es el primer día del mes de Ramadán del año de la Hégira 1434.

Publicado en AUTORES, José María Barja Pérez | Deja un comentario

Condenarmos a violencia – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema

CADERNOS DA VIAXE

A violencia política de baixa intensidade non existe. Pór unha bomba é sempre un acto de violencia e terror, aínda cando se procure non causar vítimas persoais. Porque, logo de encetares ese xogo, non é doado botar a marcha atrás. Velaí que as manifestacións de Beiras, alcumando aos catro imputados galegos por terrorismo  de “anoxados”, rifen con toda consideración aos valores democráticos e á prudencia política. Diante da violencia política (como da machista ou da xerada polos carteles da droga) non é posíbel a equidistancia. Só a condena inequívoca e incondicionada.

O que non quita para rexeitar o oportunismo do PP ao pór o foco sobre dunha violencia política que non constitúe, arestora, motivo ningún  de preocupación para a cidadanía galega. Que si vive con grande anguria  o desemprego e a falla de impulsos ao crecemento, o deterioro na educación e na sanidade públicas, a ameaza ao sistema público de pensións ou as agresións ambientais do pouco pan para hoxe e moita fame para mañá.

E tampouco quita para analisarmos a resposta xudicial e policial a respecto desta caste de condutas e atoparmos disfuncións e ilegalidades. Os tempos de prisión preventiva semellan manifestamente longos de máis, impropios das limitacións constitucionais que considera ésta de aplicación moi restritiva e nunca como pena anticipada. O afastamento dos presos de Galicia atenta contra do recoñecido principio de Dereito penitenciario de que os presos permanezan preto de cadansúas familias e contornas. Para seguirmos co axuizamento da Audiencia Nacional, que é un Tribunal especial totalmente alleo ao principio constitucional do xuiz ordinario predeterminado pola lei. Non por acaso, a Audiencia Nacional sucedeu, no 1977 e sen solución de continuidade, ao Tribunal de Orde Publica franquista.

Compre falarmos, tamén, de que as persoas a xulgar son inocentes até que non se decida o contrario nunha sentenza definitiva. Mais nada poderá xustificar a desubicación política e mesmo axiolóxica (nesta cuestión) de X.M. Beiras nin o oportunismo tacticista do PP ao prantexar este debate para dividir á sociedade e agachar os problemas- e mesmo determinadas  agresións á cidadanía- verdadeiramente importantes.

 

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario

¿Verdades absolutas? – Isidoro Gracia

Isidoro Gracia

A través de los muy abundantes medios de comunicación que desde el pasado siglo XX imprimen, literalmente, la conciencia colectiva y modelan las conciencias  individuales, se han venido acuñando como verdades absolutas lo que, con un mínimo conocimiento de la realidad, se evidencia son justo lo contrario de lo que da por demostrado. Tomemos unos pocos ejemplos.

Verdad sostenida y aceptada: El actual sistema de reparto con el que se pagan las pensiones públicas no es sostenible, porque baja el número de activos.


Realidad: el sistema de reparto consiste en que, por voluntad política, buena parte de la riqueza que  se produce entre todos (PIB anual) se distribuye entre todos, incluidos pensionistas, por lo que resulta casi indiferente que se produzca por 20 millones de activos, solo 10 millones o 100 robots muy eficientes.
Lo que puede resultar insuficiente es como se financia ese sistema, hoy solo con cargas sobre la masa salarial. Incluso con ese tipo de financiación, en los cinco años de crisis el fondo de garantía ha pasado de 57.223 a 63.008 millones de €, todos los años han existido excedentes, salvo en 2012, con el actual gobierno, en que perdió 3.807 m. (Informe a Cortes Generales)


Verdad que nos venden: es imprescindible contratar un plan privado de pensiones para mantener poder adquisitivo.


Realidad: en los últimos 5 años la rentabilidad media de los 511 planes de pensiones privados más antiguos, ha sido negativa. Si el periodo se extiende a los 10 años y a 1200 planes, 2/3 de ellos han tenido rendimientos inferiores a la inflación, o negativos, (Publicación CSIC recogida en IMSERSO),  como quiera que la principal rentabilidad viene de los beneficios fiscales, podemos llegar a la conclusión que lo que se ha hecho, por la mayor parte de los gestores, ha sido detraer parte de lo otorgado desde impuestos hacia sus entidades financieras.


Verdad publicada y aceptada: España es más pobre, que antes.


Realidad: Según los datos oficiales el PIB en el periodo del anterior gobierno pasó de los 841.241 m. de € a 1.063.355. En 2012 se ha pasado a 1.049.525, cifra ligeramente superior a las de 2009 y 2010. Quienes sí que son más pobres son los españoles de a píe, ya que el reparto de esos años se hacía de forma diferente. En esos años los salarios y prestaciones sociales recibían una gran parte de lo que hoy reciben bancos y especuladores.


Repetido hasta la nausea y que está siendo dado por cierto: En España sobran funcionarios, porque hay duplicidades, demasiados asesores y en otros países pesa mucho menos una administración más eficaz.


Realidad: Según todas las fuentes, incluidos: la encuesta de población activa, OIT, Eurostat, etc., en 2010, España tenía menos funcionarios (trabajadores públicos s/OIT) por habitante, que casi todo el resto de los países europeos incluyendo Portugal, igual que Alemania, tenía uno cada 19 habitantes. Además  hasta el tercer trimestre de 2011 se habían reducido en más de 180.000 y la reducción ha continuado acelerándose hasta la fecha. Por cierto, el 70 %  del total son: maestros, profesores, médicos, sanitarios, fuerzas de seguridad, o trabajan en la Seguridad Social, Hacienda o Justicia.


Conclusión: No son verdades, ni absolutas, ni relativas, son propaganda ideológica.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario