O retorno de Aznar – Xesús Veiga

A Mariano Rajoy só lle faltaba a moción de censura televisiva de Aznar para completar o seu illamento político e social.Regresou o ex -presidente coa súa habitual exhibición de caudillismo sen complexos.En realidade, Aznar nunca abandonou as tribunas mediáticas para impartir doutrina –previo pago de abondosas compensacións monetarias- aos seus discípulos.

A mellor defensa é un bo ataque.Cando se acumulan as evidencias de que, durante moitos anos, os dirixentes do PP recibiron soldos específicos –a maiores dos que percibían na súa condición de deputados ou representantes institucionais- polas súas actividades orgánicas, o máximo responsábel do aparato do partido comparece para criticar duramente a liña que está a seguir o actual inquilino da Moncloa.Aznar sabe que non é inocente.O medre da burbulla inmobiliaria, a corrupción que percorre todo o sumario do caso Gürtel e a total carencia de exemplaridade ética nas prácticas de retribucións adicionais repartidas entre o cumio dirixente da rúa Génova figuran no seu debe como persoeiro político.Calquera das prédicas que realice na actual conxuntura fican hipotecadas por semellante traxectoria.

Estamos asistindo ao nacemento dunha versión española de Berlusconi?O contido da entrevista en Antena 3 permite pensar nesa hipótese:utilización de recursos argumentais populistas (baixada de impostos ás clases medias), reivindicación das posturas simplistas e duras fronte á presunta “resignación” de Rajoy e idealización do seu pasado presidencial.O eventual retorno de Aznar á primeira liña abriría unha fenda grave na aparente unidade que se contempla no PP e podería favorecer indirectamente a mobilización do voto abstencionista que habita no universo da esquerda.

Ten o ex –presidente a credibilidade requirida para seguir conservando o apoio electoral acadado polo PP o 20 de Novembro de 2011?Que ten “hooligans” mediáticos poderosos non é discutíbel.Que posúe un atractivo notábel para quen reclama un salvador autoritario para saír da crise tamén forma parte do evidente.Pero está por ver se todo iso será suficiente para contrarrestar os efectos derivados dos casos de corrupción que están sendo tramitados no ámbito xudicial.

Coas obrigadas fórmulas eufemísticas, Aznar fixo un retrato demoledor de Rajoy.Seguro que unha boa parte dos fans de Jose Mari  desexaban que o seu líder establecese unha relación causal entre a orixe galega do actual presidente do PP e a “lánguida resignación permanente” que lle atribuíu expresamente.Sería un epilogo verbal excitante para os que suspiran polo retorno do Xefe.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

A crise e os seus efectos colaterais – Antonio Campos Romay

A estas alturas descubrir que a crise na que estamos mergullados ten unha globalidade que supera as nosas fronteiras ou as continentais é unha obviedade. Do mesmo tenor que no caso español, afrontamos unha severa crise política e social máis aló da catastrófica situación do desemprego enseñoreándose dun 27% da poboación laboral, o que requirirá chegar a 2018 ó 2020 para reducilo polo menos en cinco ou seis puntos.

A pregunta dramática que cabria facerse é si no deseño de saída da crise acéptase por quen a xestiona, que unha franxa moi ampla da poboación dese por amortizada, abandonándoa á súa sorte ou condenándoa á marxinalidade permanente. Ou si a erosión da solidariedade que se fomenta sibilinamente desde o poder actual permitirá tal aberración.

A orixe das actitudes ante a crise quizais atope resposta na fractura da alianza das correntes socialcristiáns e socialdemócratas que foron a xénese da Unión Europa post bélica. Unha unión centrada en orixe no Estado de Benestar. Un modelo característico do espazo europeo, xurdido cunha perspectiva de economía social de mercado. A metamorfose sobrevenida no interese dos sectores conservadores por manter os dereitos políticos, sociais e civís logrados, asoma ao mostrarse esta opción política permeable á involución ideolóxica de novo cuño, en grande medida de orixe transatlántico. Propícianse doutrinas desreguladoras, a precarización do estado e en definitiva rómpense as regras de xogo previas. O que devén no retroceso de dereitos e na ampliación espectacular da brecha social. De xeito secundario, pero non menos preocupante, crece o cuestionamento da razón europeísta.

O froito máis envelenado da crise é a deslexitimación profunda da política. E a crecente aparición dunha tendencia (eficazmente orquestrada) cara a un apoliticismo perigosamente próximo ao que imperaba entre os bempensantes do franquismo, obedientes a consigna do «caudillo» que encomendaba ter a gala non meterse en política. Os apóstolos disto, son os tecnócratas devotos. Tecnócratas que no seu día, foron os nenos consentidos  dos réximes totalitarios. Para tales apóstolos é pernicioso e xa que logo obxecto da súa cólera, calquera contrapeso, cortapisa ou proceso transaccional que impoña unha democracia de razoable calidade como freo a súa avidez.

A deslexitimación da política para ser efectiva, necesita dunha crítica corrosiva dos seus actores. A clase política. «A casta», segundo sinónimo moi utilizado entre os sectores mais reaccionarios. Os mesmos que aos catro ventos proclaman que a política «é o apousento dos mediocres», «que todos son iguais», e «que só se vai a ela para medrar». Conceptos cos que se sentía moi cómodo o fascismo, que consideraba perniciosos aos políticos, deixando o mester da cousa pública en mans de técnicos, como protestatarios únicos da probidade. Esquecían citar, que utilizaban a súa posición e dependencia, coma material fráxil e maleable nas mans do poder totalitario.

A invasora involución ideolóxica que padecemos non é improvisada. Leva larvándose décadas, planificada con esmero nos espazos do neoliberalismo máis agresivo. De aí xorde con poderosos padriños e potentes altofalantes. E con poderío suficiente para poñer en xaque o modelo de sociedade existente. A súa mellor arma é a transmisión de medo e inseguridade de xeito sistemático. Os seus efectos, a demolición metódica dun modelo baseado na confianza e certeza de valores que  dábanse como afianzados. A educación, a sanidade, o sistema de pensións, a estabilidade no traballo, a igualdade de oportunidades, os dereitos da muller, a remuneración apropiada…Un a un son dinamitados deliberadamente para deixar á poboación vulnerable en mans dos poderes económicos transnacionais e locais.

Fronte a iso a esquerda convencional perdeu as súas enerxías en acomodos institucionais de curto percorrido. De costas á cidadanía enfrascouse en xestionar, suavizándoos levemente, os intereses do capital e con iso distanciouse do interese do común. Postura temeraria que ignora que o cidadán necesita saber que é protagonista da súa propia historia e anda farto de interlocutores revestidos de falsos roupaxes democráticos.  No seu autismo foi incapaz de prever a dimensión do tsunami reaccionario que invadía a sociedade coa coartada dunha crise que tampouco interpretou. Non percibiu a súa natureza e menos o seu alcance. Un estrepitoso fallo político que puxo en evidencia a súa extenuación ideolóxica e a súa pobreza estratéxica. Cunha miopía alarmante non allea de nostalxia aférrase a respostas e modelos de acción política propia de décadas anteriores cando os seus servizos aínda eran necesarios. Incluída na crise do sistema de partidos, o seu liderado  derrubase cando seria máis urxente. No seu debe compre imputar a desmobilización da cidadanía, -domesticada desde a propia esquerda institucional-, e con iso desposuída da súa capacidade de presión. Tal comportamento alfombrou o camiño cara á hexemonía sen trabas do capitalismo, tanto na súa faciana industrial como  financeira. O triunfo é de tal calibre, que os interesados xa non se molestan en disfrazar o seu asañamento. Por vía de exemplo a impune laminación de dereitos sociais históricos tan penosamente conquistados.

Como remate, non parece ocioso albiscar, non soamente unha agresión frontal ao estado de benestar ou á calidade de vida coñecida ata a data, senón tamén un grave risco para  unha democracia cunha saúde moi deteriorada.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

La entrevista a Aznar y enseñanzas de Maquiavelo – Isidoro Gracia

Aprovechaba en el jardín el sol de una tarde de mayo, hojeaba casi al azar algunos libros, de los que sirven para entender los procesos a los que nos está empujando, de manera inmisericorde, la actual crisis, y en el capítulo IX del Príncipe de Maquiavelo encontré algo de sabiduría, de la contrastada por la historia.

“El que consigue la soberanía con auxilios de los grandes se mantiene con más dificultad que el que la consigue con el del pueblo, porque se halla cercado de muchas gentes que se tienen por iguales con él”. Ganar elecciones gracias a la ventaja de aportaciones anónimas, permite a los donantes, normalmente gentes poderosas, no ser mandadas ni manejadas a discreción del gobernante.

En el capítulo XIX la recomendación es: El Príncipe debe evitar ser despreciado y aborrecido, y “Siempre que no se quitan a la generalidad de los hombres su propiedad  ni honor viven ellos como si estuvieran contentos”. El paralelismo de lo antes expresado con los desahucios, las participaciones preferentes y la pérdida de la dignidad, derivada de la exclusión del trabajo que dignifica, salta a la vista sin necesidad alguna de formación política profunda.


En otras obras, el mismo autor indica a donde llevan algunas de las situaciones que hoy tienen paralelismo: “Cuando la masa es corrompida en un Estado, las buenas leyes no sirven ya de nada, a no ser que se confíe su ejecución a un hombre que pueda tener suficiente fuerza para hacerlas observar”.
Esa misma tarde noche se entrevistó a Aznar, un personaje narcisista clínico en palabras que escuché en una emisora a un ilustre psicólogo.


¿Y si algunos de los que detentan el poder también leen a los clásicos?

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario

España: Desconcertante país cun presidente desconcertante – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

É desconcertante observar como o Ministerio Público esfórzase en acudir en defensa de imputados para eludilos de tan incomoda posición, a condición claro de que  polas súas venas circule sangue distinto ao común dos mortais, ou as tropelías realizadas achéguense a un buraco na economía nacional de mais menos 40.000.000 de euros.

A “dozura” da fiscalía, acudindo en socorro dos poderosos contrasta ca súa severidade fronte a indignados, desafiuzados, e demais ralea de marxinados pola depreciación desproporcionada do país. Recortados que manifestan o seu desazón  na vía pública (na que cada vez  faise máis presente o exabrupto do Sr. Fraga, “a rúa é miña”).

É desconcertante ver entrar por unha porta de Soto del Real e saír por outra dous millóns e medio de euros mais tarde, ao responsable do maior furado no sector bancario de España, no que compre incluír compras dolosas dunha entidade bancaria ao sur da exótica Florida, prestamos auto concedidos ou agasallados ao libre albedrío a amigos do alma, as tristemente famosas preferentes ó un longo etcétera publico e notorio.

O Sr. Blesa, pupitreiro entrañable do ex – presidente Aznar, o que á vez que coa súa bendición entregoulle as chaves da cuarta Caixa de España e tacitamente converteuno no seu banqueiro de cabeceira, desde o seu Olimpo económico non dubidou en cualificar de fusilería, un cochiño de alta gama blindado e ademais incomodo para as súas esclarecidas pousadeiras. O valor do mesmo, 510.000 €. O mesmo a casiña de Miami cuxo inestimable servizo social está fóra de toda dúbida. Este cabaleiro de melenas arxentadas, soberbio e desafiante coa chulería de quen  sabese impune e inmune (de seguro con razón), contempla ao resto dos mortais con pedante desdén. No seu Consello de Administración escrútanse as presenzas partidarias de esquerda e sindicais con indubidable morbo aínda que ninguén dubide  que apenas eran floróns inútiles, esquécense nomes como o de D. Rafael Spottorno actual xefe da casa real. Don Rafael foi un dos aprobantes da compra “singular” do City National Bank de Florida, E en 2011 coa Caixa en creba e rescatada con fondos públicos pese a múltiples presións de diversos sectores incluída a entón presidenta madrileña Sra. Aguirre, montou  gran balbordo insistindo no seu dereito a cobrar un bonus de 25.000.000 de euros…Tras isto, cesa na presidencia da Fundación da Caixa e pasa á casa real substituíndo a D. Alberto Aza.

É desconcertante nun país economicamente desafiuzado, ver a obscena cantidade de millóns malgastados e desviados impunemente a mans de desvergonzados manilongos baixo formulas de indemnizacións, xubilacións, pensións, etc., diñeiro dos contribuintes que aplicado de xeito honesto podería contribuír a paliar algunhas das urxencias nacionais. Algo que ao gran publico revolvelle o estómago aínda que a fiscalía parece máis temperada ante o tema.

É desconcertante ver ao xefe do estado ceder, -desafectar-, como mostra de austeridade e sacrificio en tempos de tribulacións, “a súa” Fortuna, o iate duns 20 millóns de euros financiados en xentil derrama entre empresas e goberno mallorquino para uso e goce estival do Sr. De Borbón pai e familia. Desconcerta que fronte a tan probas intencións xurdan relatos que indican que chegase a tal decisión  cando Patrimonio Nacional indica ao xefe do estado que non vai facerse cargo dos case dous millóns de euros que custa o mantemento anual do citado navío ao que só en encherlle os tanques vanse 26.000 euros…Quizais acudindo ao refraneiro áchese algunha luz…”de diñeiro e santidade a metade da metade”…

É desconcertante os apuros que sofren os xuíces que ousan nos seus “autos” circular polas enredadas “autovías” da corrupción dos todopoderosos, os tocados pola graza de Deus, e os clásicos do poder no país.  É desconcertante nun país onde todos son iguais ante lei, como sabiamente apuntou o xefe do estado televisivamente. Desconcerta que sentado isto, casualmente aos condutores dos citados “autos” os desfolen sen piedade desde sectores moi concretos…Algúns como o Sr. Garzón pagando de xeito notorio o seu “gurtelazo”. Outros, como o Sr. Castro, D. Elpidio José Silva…iremos vendo…

É desconcertante como un país formalmente non confesional a paus do Sr. Wert acata as piadosas indicacións do lúgubre presidente episcopal Sr. Rouco, facendo a asignatura de relixión (a do Sr. Rouco) materia cotizable e obrigada nos expedientes académicos. E o aborto, convértese en pecado mortal e cívico da man de D. Alberto Ruiz Gallardon, que talmente lembra a Jardiel Poncela polo seu corazón con freo e marcha atrás.

E o máis desconcertante é que cando esta España que debatese entre o cero e a nada necesitaría un presidente próximo, human, cálido, activo e enérxico, confórmase cun home-plasma que como desde ultratumba balbúcea mensaxes aínda máis inintelixibles que os da Sra. Cospedal explicando o despedimento do Sr. Barcenas.

Seria case divertido tanto desconcerto si tralo o mesmo non houbese máis de seis millóns de parados, un 20% da poboación empobrecida en limites intolerables, a clase media arrasada, os traballadores desposuídos dos seus dereitos, a mocidade sen horizontes, as mulleres levadas a situacións predemocráticas, os anciáns coa espada de Damocles sobre as súas pensións, as innumerables desgrazas e calamidades, convertidas no pan o noso de cada día. Para moitos, demasiados, o único pan posible.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Perogrulladas y Estulticia – Isidoro Gracia

Isidoro Gracia

Pero Grullo es un personaje de ficción que tiene como característica utilizar expresiones que no tienen contenido práctico, aún cuando parezcan muy sesudas y de  “sentido común”. La principal llamada al personaje se hace con el dicho: Pero Grullo que a la mano cerrada la llama puño. Estulticia es equivalente a necedad o ignorancia por no querer aprender.

Estoy seguro que no es necesario que yo aporte ninguna propuesta de nombre, para que ya esté en la mente del lector el personaje que hoy mejor refleja este tipo de actitud, en sus escasas comparecencias públicas.
Cuando se afirma que es objetivo del gobierno mejorar cualquiera de las condiciones de los ciudadanos a su cuidado, se está expresando una perogrullada, para apoyar la expresión el personaje, no nombrado, suele utilizar el argumento que eso es de sentido común. El problema surge cuando se contrasta el medio legal o la medida aprobada por el Consejo de Ministros con sus consecuencias sobre la sufriente realidad de los destinatarios de esas propuestas de “mejora”.

¿Dónde está la bondad de la “Estabilidad y reformas para el empleo” comprometidas en el programa 2011 del PP, si el empleo cae en picado? ¿Cómo casa el resultado con el sentido común? No darse cuenta de cuáles son las consecuencias, constatables, sobre sus ciudadanos,   de las reformas aplicadas por muchos gobiernos, especialmente por el español, es estulticia voluntaria.

Anunciar repetidamente lo imprescindible, para el bienestar ciudadano, de la sostenibilidad de los sistemas públicos de educación, salud y pensiones, son repetidas perogrulladas. Ignorar en  las medidas tomadas cada semana que privado y público son términos antagónicos, incompatibles, es incluso algo más que estulticia maliciosa.

Los gobiernos que, en contra de sus propios predicamentos y promesas escritas, toman continuamente decisiones que perjudican los intereses de la inmensa mayoría de los ciudadanos a su cargo, de acuerdo con lo que Rousseau  proponía para respetar en contrato social, entran en el terreno de la ilegitimidad.

Publicado en AUTORES, Isidoro Gracia Plaza | Deja un comentario

Carga de dignidade – Xoán Antón Pérez-Lema L.

Xoán Antón Pérez-Lema L.

CADERNOS DE VIAXE.

A dependencia do Goberno do Estado sempre lle xerou desgrazas á construción naval civil ferrolá. A salvaxe reconversión de Felipe González reduciu os empregados de Astano-Fene de 6500 a uns 1000, mentres priorizaba os estaleiros de Sestao e Puerto Real, a pesar de que Astano era o máis experto e eficiente. Pola súa banda, Aznar pactou sen decoro ningún a prohibición da construción naval civil até 2015 da factoria fenesa para garantir o saneamento da débeda de 1200 M€ de Navantia, xerada entre 1999 e 2004 pola ineficacia andaluza e cartaxenera, xa que  Navantia-Fene estaba inactiva na altura . 

Esta prohibición impediu a única iniciativa da Xunta (a do vixepresidente Anxo Quintana e do conselleiro Fernando Blanco no 2006) nestes trinta anos para lle dar carga de traballo aos activos ociosos de Navantia-Fene. Impediu que ésta puidese construir barcos,a pesar de se tratar dunha actividade na que estaba preparada para concorrer internacionalmente.

A suicida dependencia de Madrid neste eido non leva a ningures. Velaí a boa idea dos promotores da plataforma cidadá ferrolá “Rumbo 21”: compre segregarmos Navantia-Fene e artellala a xeito de empresa pública galega aberta á entrada de capital privado, no marco da consideración da construción naval como estratéxica para Galicia, que fixou a Lei galega de fomento do sector naval de 2010.

Mais esta independización da empresa non garante soa o éxito no relanzamento da construción naval en Ferrol, que require da continuidade da acción cidadá do cadro de persoal de Navantia-Fene e dos axentes sociais de Ferrolterra canda as Administracións Públicas para a  construción do dique flotante e a inmediata fixación dun marco xurídico-financeiro (“tax-lease) viábel.

A ARRINCADEIRA:   Unha nova política portuaria.

Os pobres resultados acadados do grandisimo investimento feito no peirao exterior coruñés poñen o foco na falla de eficacia e profesionalidade dos seus dirixentes politicos.  Compre rendibilizar este investimento no contexto da apertura inminente da Canle de Panamá, porque Galicia é central no transito maritimo entre América e Europa. Mais precisa asumir a xestion duns portos que España non sabe xestionar e, no caso da Coruña e Ferrol, fusionar a sua administración nunha Autoridade conxunta.

Publicado en AUTORES, Xoan Antón Pérez-Lema | Deja un comentario