A RUPTURA DO PACTO CONSTITUCIONAL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

A fronte do unionismo español sobarda todas as medidas posíbeis de centralismo e desprezo pola personalidade nacional de Galicia. Vox quere suprimir a limitada autonomía do noso Estatuto e Cs quere que o Congreso estatal aprobe unha proposición non de lei abertamente inconstitucional, pois que propón suprimiren o termo “nacionalidades” no artigo 2 da Constitución, para que só fiquen nel recoñecidos como  rexións os territorios todos do Estado. Tamén Galicia.

           O termo “nacionalidades” na vixente Constitución de 1978 refírese só ás nacións  (Galicia, Euskadi e Catalunya) que plebiscitaron afirmativamente cadanseu Estatuto de Autonomía antes de que chegase a terríbel represión franquista. A Disposición Transitoria Segunda da Constitución recoñeceu, en clara conexión coa devandita definición, o dereito de Galicia, Euskadi e Catalunya a aprobaren un Estatuto ao abeiro dun sistema bilateral, paccionado, no que cadansúa Asemblea de Parlamentarios aprobou un proxecto e o negociou de ti a ti coa Comisión Constitucional do Congreso, no canto do sistema de aprobación dos outros Estatutos, nos que as Cortes Xerais tramitaban cadansúa proposta case como a de calquera lei orgánica.

            Sucedeu que as forzas políticas unionistas e, nomeadamente o deep state do lobby construtor-concesional, das grandes distribuidoras eléctricas  e bancos e dos altos corpos da Administración civil e militarturraron por aguar este café autonómico das nacións sen Estado para repartir un cativo café para todos, a medio dun moi matinado programa lexislativo que igualou competencias por abaixo a medio da garantía estatal de cumprimento do Dereito europeo, as transferencias  ás Comunidades de vía lenta para igualar os teitos acadados polas nacionalidades e do abuso de cláusulas xurídicas usadas reviradamente,  como a unidade de mercado, a igualdade de dereitos entre os cidadáns ou os alicerces e coordinación  da política económica estatal. Cóctel múltipel que foi abenzoado, unha vez si e moitas outras tamén, por ese tan  caseiro árbitro que é o Tribunal Constitucional.

           Hoxendía é evidente que as  forzas políticas  recentralizadoras (PP, Cs, Vox, PSOE e non poucas persoas encadradas en UP e satélites), canda o reaccionario Estado profundo están a liquidar o autogoberno-e financiamento- das nacionalidades, rachando o pacto constitucional que os garantía  nun plano de bilateralidade Galicia-Estado.

           Deste xeito, o réxime do autogoberno que a Constitución e o Estatuto lle recoñeceron ao noso País ficou desnaturalizado. Velaí que o vindeiro Estatuto galego terá de xurdir doutros alicerces constitucionais. Doutros bimbios xurídico-políticos.

Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A RUPTURA DO PACTO CONSTITUCIONAL.-Xoan Antón Pérez-Lema*

FEIJÓO, EL REY DESNUDO. Jesús Pedreira*

Alberto Núñez Feijóo que llega a la presidencia del PP español con la aureola del “Mesías”,  el “Deseado” invocado por todas las gargantas conservadoras  como recambio de un Pablo  Casado (hoy Pablo Olvidado), el cual era totalmente inoperante como líder de la oposición en momentos muy difíciles para este país, pandemia, situación económica derivada de la misma, volcán de La Palma, el principio de la Guerra de Ucrania.

Un Casado que cavó su tumba política en el PP,  no por estar mirando siempre por el retrovisor a la extrema derecha,  sino por su denuncia de la corrupción surgido en el territorio de la ” sultana” Ayuso y que la afectaba directamente a nivel familiar. Sumado a ello, los desencuentros por sus afanes para presidir el PP en la Comunidad Autónoma de Madrid. Algo en lo que eran notorios los  recelos del todavía presidente popular, algo en lo  que  el tiempo le dio la razón.    

Feijóo en dos semanas no para de pisar charcos. Igual confunde la prima de riesgo con el tipo de interés, que habla en Granada, delante de la Alhambra de la puesta de sol de Finisterre,  o alude al tema de los fijos discontinuos como maquillaje del paro. A cada paso parece empeñado en mostrar  un preocupante  carencia para la “ cosa pública” y un escasa solvencia  para dirigir,  no ya un partido político y sino para el albur de gobernar España.

Seria curioso imaginar si en vez de ser Feijoo quien protagonizase estos patinazos, lo hubiese sido el líder del PSOE en su condición de  Presidente del Gobierno como sería el cariz de las portadas de los medios de comunicación al servicio de la derecha.  Sin duda espectaculares  los titulares descalificadores de El Mundo, ABC, La Razón. Por no hablar del disparado diapasón de los ya habitualmente alterados Carlos Herrera, Jiménez Losantos y demás corifeos.

No cabria la menor duda que tertulianos en cadenas de TV y Radio proclives a la derecha en diversos grados, tras despacharse a gusto terminarían concluyendo que no sería apto ni para presidir una comunidad de vecinos. 

Núñez Feijóo, la gran esperanza de una derecha convulsa, escasa de ideas y de proyectos, a través de sus palabras muestra su propia realidad, perfectamente recogida en  “El rey desnudo” de  Hans Christian Andersen, una fábula con una clara  advertencia: “No tiene por qué ser verdad lo que todo el mundo piensa que es verdad”. 

*Jesús Pedreira ha sido concejal en el Concello de Ordenes.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en FEIJÓO, EL REY DESNUDO. Jesús Pedreira*

A MORTE DO «JUANCARLISMO».-Xesús Veiga*

Para as persoas que participamos na resistencia antifranquista e que defendimos – a partir de 1976 – a instauración dunha forma de Estado republicana, o que está sucedendo co anterior xefe do Estado causa unha grande sorpresa porque, seguramente, non entraba nas previsións de quen profesaba as conviccións  mais intensamente antimonárquicas. Naqueles momentos iniciais do posfranquismo, as reivindicacións republicanas – mesmo aquelas que se postulaban mediante a demanda dun referendo específico sobre a materia – non semellaban ter os apoios maioritarios que desexaban moitos dos activistas organizados durante o franquismo. Aínda que non se coñecían estudos demoscópicos  sobre esta cuestión, sabíase cal era a posición das equipas dirixentes dunha boa parte das organizacións políticas ilegalizadas pola ditadura de Franco: PSOE, PCE, CiU e PNV aceitaron – con distintos argumentos – que a monarquía encarnada na figura de Juan Carlos de Borbón formase parte da nova arquitectura constitucional que se someteu a consulta popular en decembro de 1978.

Durante varias décadas, o republicanismo ficou reducido, practicamente, ás celebracións anuais simbólicas do 14 de Abril, protagonizadas por grupos e asociacións que vivían na periferia do sistema político dominante. O “juancarlismo” consolidaba a súa hexemonía grazas á lexitimidade outorgada por unha boa parte da oposición antifranquista e apoiado nos relatos apoloxéticos dos poderes económicos e mediáticos que gardaban silencio – cunha fidelidade cómplice digna de mellor causa – sobre calquera suceso que puidera cuestionar o mito do “Rei construtor da democracia”.

O relevo de Juan Carlos polo seu fillo no ano 2014 revelou que estabamos asistindo a unha crise importante na reputación da monarquía española. A erosión da “lexitimidade juancarlista” derivaba, sobre todo, do progresivo coñecemento das prácticas corruptas rexistradas durante o seu mandato como xefe do Estado. Os cambios operados – nesa segunda década do presente século – no cadro político xeral, aceleraron a velocidade da retirada do primeiro plano institucional. Dúas das forzas asinantes do pacto constitucional – o PCE e CiU – mudaron substantivamente a súa posición: nun caso pola recomposición do espazo á esquerda do PSOE como consecuencia da aparición de Podemos e no caso das formacións nacionalistas catalás herdeiras do “pujolismo” pola asunción de postulados independentistas que fican fora da lóxica constitucional.

A pesar de que, nos últimos anos, o CIS non quere realizar enquisas específicas sobre o estado de opinión presente na cidadanía a respecto da historia recente da institución monárquica, existen algunhas estimacións aproximadas que sinalan unha dupla ruptura xeracional e territorial. Nos segmentos poboacionais inferiores aos 40 anos e nos corpos sociais de Pais Vasco e de Cataluña habitarían as expresións mais críticas sobre o statu quo monárquico e, xa que logo, un maior potencial de apoios a fórmulas republicanas alternativas.

Para reducir a erosión reputacional que está padecendo a institución monárquica serían necesarias un conxunto de medidas que, polo momento, non figuran na axenda da actual Casa Real: retirada de todos os atributos honoríficos e protocolarios que aínda posúe Juan Carlos de Borbón, eliminación da inviolabilidade para todos aqueles actos que non están asociados ao rol da xefatura do Estado, establecemento dunha normativa que asegure a total transparencia no uso dos recursos públicos por parte das persoas integrantes da devandita Casa Real, levar a cabo unha investigación parlamentaria que permita substanciar as responsabilidades políticas derivadas do mandato do anterior Rei…

Mentres os dirixentes do PSOE non muden a posición estrutural que adoptaron en 1978, non existirá unha maioría parlamentaria capaz de reparar as graves anomalías antidemocráticas rexistradas nas últimas décadas de “juancarlismo”. Dende este punto de vista, resultan absolutamente cínicos os ataques realizados pola dereita política (PP, Vox) e mediática contra o actual presidente do goberno español en base a unha presunta complicidade coas opcións políticas expresamente republicanas. Os sectores conservadores deberían recoñecer publicamente que grazas á posición política defendida por Felipe González, Zapatero, Rubalcaba e Pedro Sánchez a Monarquía española logrou sobrevivir a todos os escándalos que agora coñecemos.

A destrución da lexitimidade “juancarlista” – construída, no seu momento, sobre a renuncia aos plans previamente deseñados polo réxime de Franco – suscita unha interrogante moi relevante de cara ás vindeiras décadas: resultará viábel consolidar, sobre bases parcialmente revisadas, a lexitimidade de Felipe VI como titular da continuidade monárquica? Será posíbel – a diferenza do sucedido hai 40 anos – un pronunciamento específico da cidadanía a respecto da forma de Estado?

*Xesús Veiga, economista, ex-deputado do Parlamento de Galicia, profesor xubilado da USC

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en A MORTE DO «JUANCARLISMO».-Xesús Veiga*

POESÍA Y POLÍTICA.-José L. Ortiz Güell*

El título no deja de ser curioso, pero tiene su razón de ser.  Es el procedimiento cualitativo el que permite descifrar lo que no se alcanza a comprender y para ello recurrimos habitualmente a la comparación y a la metáfora, herramientas especialmente eficaces en la educación.  

En el concepto religioso serían las parábolas y en el mundo literario los cuentos con moraleja. 

El mundo de la política no se aleja por tanto de esa realidad y es lo que propone este artículo aclarar. La verdad que los políticos tienen poco de poesía y mucho de prosaicos, que se nos va a contar.  

Son las elecciones los momentos en los que el mundo poético aparece, especialmente en el mundo democrático.  En ese momento son los políticos los amantes de sus patrias y patriotas, pues el tiempo así lo reclama, los que con hermosa oratoria dan lugar a hermosos juegos de palabras, juegan con los fuegos eternos de las esperanzas y recurren a todo tipo de luminarias que se conocen y en ocasiones hasta las superan. 

Sin embargo, los desesperados ciudadanos lejos de escribir loas sólo desean la imagen del papel timbrado que les solucione sus problemas y esa es la rima que en ese momento florece y los diferentes versos políticos (personas e ideologías) y los ciudadanos. 

En esos casos la rima que sigue los ciudadanos es previsible. Por un lado, es de los creyentes y seguidores que es consonante pues es completa, prefijada y previsible, con los mantras dictados por sus poetas (políticos de turno). 

Por otro lado, está el del ciudadano pensante que coincidiría con esa rima asonante en donde predomina la sonoridad, antes de nada, pompa, aunque el ritmo es previsible.  Esta rima de resultados imprevisibles ante un ciudadano con su hoja en blanco y aunque la métrica sigue siendo regular, no se puede esperar nada de la mediocridad política, se añoran los buenos sonetos ante los versos libres, que son los que se ofrecen.  

Poesía sin rima, ritmo ni un patrón lógico que juegan con el mundo emocional del votante. 

La verdad que no son los partidos, ni sus líderes que ofreciendo perfiles de bonhomía y paternalismo y poniendo el acento en la sonrisa cubren sus intereses y los de sus formaciones ofreciendo bálsamos de hermosas palabras, recordando pasados, buenos o malos, dependiendo de la ocasión y del momento. 

Hablan de versos blancos y hasta libres y lejos de ello son modificaciones, burdas y ancladas en el pasado. La conversión desde la mediocridad de lo que en su tiempo estaba reglado y conformado y nos lo quieren ofrecer como la nueva trova. 

Quizás lo que más se aproximase fuese esa sentencia que un día un cantautor como Sabina afirmo: 

“La poesía huye, a veces, de los libros para anidar extramuros, en la calle, en el silencio, en los sueños, en la piel, en los escombros, incluso en la basura. Donde no suele cobijarse nunca es en el verbo de los subsecretarios, de los comerciantes o de los lechuguinos de televisión.” 

Bueno para aquellos que les cueste entender la similitud voy a tener la osadía de traducirlo: 

“La política huye, a veces, de los políticos y partidos, para anidar en las paredes, en las calles, en los silencios, en los sueños, en la piel del ciudadano, en los conflictos e incluso en la pobreza. Donde no suele cobijarse es en el verbo de los subsecretarios, los poderosos o en los lechuguinos panfletarios de los que los creen”. 

*José Luis Ortiz Güell, funcionario.

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en POESÍA Y POLÍTICA.-José L. Ortiz Güell*

LLENOS DE ACRÓNIMOS

En tiempo de elecciones volvemos a fijarnos en siglas que identifican  par­tidos y agrupaciones políticas. Pero a diario nos llegan bombardeos de acró-ni­mos que presuntamente identifican organizaciones y/o productos. Cuando nos detenemos en alguno, y tratamos de conocer su origen y signifi­cado, sole­mos sorprendernos. El acceso a las redes informáticas nos ayudan a descifrar­los, pero también nos muestra que muchos tiene varios significados. Vamos que debemos conocer el contexto en que se emplean para precisar a que se re­fieren.

      Incluso en instituciones académicas el empleo de acrónimos es de tal magnitud que se producen confusiones en el significado, que debería ser uní­voco. Aunque hay consenso en que hay que detallar el acrónimo la primera vez que se cita en un texto, es cada vez más frecuente, en escritos oficiales y en medios de comunicación, encontrar escritos gran cantidad de acrónimos sin detalles  adicionales. Aún en grupos que comparten muchas comunicacio­nes surgen dudas sobre siglas muy semejantes, si no son precisadas adicional­mente.

      Hoy ya no es factible propugnar la desaparición de los acrónimos, que ya forman parte de la lingüistica usual, pero el abuso de ellos está provocando cuando menos despistes comunicativos, cuando no llevan a errores de inter­pretación.

  •  El listado de las candidaturas para las elecciones al Parlamento de Andalucia, a cele­brar el pr­óximo 19/junio/2022, incluye siglas como Partido Animalista Contra el Maltra­to Animal (PACMA); Partido Comunista del Pueblo Andaluz (PCPA); Por Un Mundo Más Justo (PUM+J); Izquierda Por ALmería (IPAL); Coalición Republicana Socialista Por Anda­lucía (CRSxA); Juntos por Granada (JxG); Por Huelva (XH); Jaén Viva (JV); Jaén Me­rece Más (JM+); JUbilados por el FUturo. DIgnidad y democracia (JUFUDI).
  •  La definición del DLE para acrónimo  es «Sigla cuya configuración permite su pronun­ciación como una palabra», mientras para sigla detalla«Abreviación gráfica forma­da por el conjun­to de letras iniciales de una expresión compleja.»
  •   Se lee en un anuncio «VLC te permite ver la TDT con listas IPTV», lo cual para ser des­cifrado hay que saber que TDT se refiere a Televisión Digital Terrestre (aunque también significa Terminal Deoxynucleotidy Transferase en bioquímica o Toronto Dance Theatre), que IPTV es Internet Protocol TV y que VLC es VideoLAN Client, aunque sería mejor si se enten­diese como Very Low Cost. Además esa sigla significa Variable Length Coding, Visible Light Commu­nications, Visual Logic Controller e incluso es el código del aeropuerto de Valencia.
  •  Un ejemplo de confusión es el que puede provocar el acrónimo Asime, que significa Aso­ciación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, pero también Asociación de profesio­nales contra la Sustracción Internacional de Menores en España.
  •   Pero tal vez sea el acrónimo ASAC  un buen ejemplo de una multitud de significados:

Asociación de Altas Capacidades de Galicia; Asociación Andaluza de Cirujanos; Asocia­ción del Sector del Animal de Compañía; Acuerdo sobre Solución     Autónoma de Conflic­tos laborales; Asociación Astronómica de Cartagena; Asociación Provincial de Supermer­cados y Autoservicios A Coruña; Agencia de Sanidad Ambiental y Consumo; Agrupa­ción de Servicios de Agua de Cataluña; Asociación Se­goviana de Amigos de las Cañadas;  Ap­plication  Security  Attack  Components; Associa­tion of Scottish Automobi­le ConstructorsAdmi­nistrative Sciences Association of Cana­daAir Sur­veillance and Control System (software); Aca­demic and Student Affairs Committee;  Austrian So­ciety of Analyti­cal ChemistryAmerican Socie­ty of Agricultural ConsultantsAntarc­tic Science Advisory Com­mitteeAustralian Statistics Advi­sory CouncilAviation Sys­tem Analy­sis CapabilityAu­tomated System for Army Com­missaries; An­tisubmarine Air Con­trollerAllied Signal Aeros­pace Company; Apicul­tural Science Associa­tion of China; Atlantic Swordfish Advisory Commi­ttee; Army Study Advi­sory Commi­tteeAla­ska State Area Com­mandAus­tralian Seed Adviso­ry Council; Airborne Surveilla­ce and Area Con­trol (UK).

  • Es difícil de deducir el significado de ASEPUMA, que resulta ser Asociación Espa­ñola de Profesores Universitarios de Matemáticas para la Economía y la Empres
  • *José María Barja Pérez, exrector de la UDC.
Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en LLENOS DE ACRÓNIMOS

MALTRATO E INSULTO Á INTELIXENCIA.-Xoan Antón Pérez-Lema*

 Prefiro sempre escrebir dende os dados e as cifras. Xa que logo, tendo  refugar ubxectividade do adxectivo e moito más dos xuizos de global desvalorización. Mais hai veces que até lle fan dubidar a un desta escolla.

   O Ministerio de Facenda ven de publicar a liquidación do orzamento de 2021. E os dados son arrepiantes, amosando moi nidiamente o proceso de teledirixida recentralización económica a prol de Madrid no que vivimos. Porque nesa rexión investiron 2086 M€ (un 84% máis dos 1.134 M€ orzamentados) mentres que no noso país investíronse só 533, un terzo menos ca os 793 previstos. O de Catalunya aínda foi peor, pois que só executaron un terzo dos recursos consignados. Compre salientar, que esta liña ten sido unha constante de todos os gobernos do Estado, quer do PP, quer do PSOE. Porque entre 2015 e 2020 a Administración estatal investiu na Galicia 1.400 M€ menos do orzamentado, privándonos duns recursos tan esenciais para a nosa economía e benestar.

  Ou sexa, que deputados e senadores elixidos polos distintos países e rexións do Estado van a Madrid, discuten obxectivos, aproban orzamentos e despois o Goberno do Estado, estea Rajoy ou Sánchez, incumpre o pactado, desobedece a lei orzamentaria e executa só o que lle vai ben a ese territorio succionador que amorea o 29% dos empregados públicos cun 19% do PIB ,  que desertizou a Meseta castelá e vai camiño de desertizar a península ibérica toda. Sempre a prol dos intereses das elites madrileñas, dese palco do Bernabeu. Supoño que o farán por España, por esa idea de España tan particular que teñen, onde uns son máis iguais ca outros.

 Este proceso onde a rexión madrileña vai dopada con investimentos esenciais dos que se lles priva a Galicia- e a case todos os demáis territorios- xera á súa vez un proceso de asentamento na capital madrileña dos mellores empregos e soldos dos investimentos multinacionais, ben coñecedores de que o español é un Estado absolutamente centrípeto no económico. Das resultas desta dopaxe económica e da súa absoluta falla de interese no benestar das clases populares o Goberno rexional de Madrid practica impunemente o dumping fiscal, atraendo ao seu paraíso fiscal ás persoas con máis renda e patrimonio dos outros países e territorios do Estado.

  Decatémonos de que non está a chover, senón que están a mexar por nos. Se nos maltratan que non insulten ao tempo á nosa intelixencia.

*Xoan Antón Pérez-Lema, avogado e analista político

Publicado en ARTÍCULOS DE OPINIÓN | Comentarios desactivados en MALTRATO E INSULTO Á INTELIXENCIA.-Xoan Antón Pérez-Lema*