Internet, libertad y manipulación – Francisco J. Bastida

En estos siete últimos meses la campaña contra los empleados públicos no ha hecho más que crecer, y en julio llegaron los recortes, presentados, como era de esperar, no sólo como algo inevitable económicamente, sino también como necesario desde una buena Administración, que tiene el deber de acabar con la improductividad y los privilegios. Quizá el ya famoso grito de la diputada Fabra «¡que se jodan!» podría simbolizar ese desprecio político, pero también social, a los empleados públicos, esquilmados y además humillados profesionalmente.

Total, que el mencionado artículo ha vuelto a circular con intensidad por las redes sociales y en numerosos blogs, lo que indica la fuerza que puede alcanzar el llamado «quinto poder», el poder de los propios ciudadanos para conectarse entre sí, divulgar y crear opinión al margen de los partidos y de los medios tradicionales de comunicación, e incluso adoptar acciones de trascendencia pública.

El problema está en que por internet, como por las carreteras, corren desaprensivos, que pueden hacer un gran daño al quinto poder. No es descartable que sean el propio Gobierno y sus servicios de inteligencia los que se dediquen en algún momento a manipular e intoxicar las redes sociales, pero hay también mucho irresponsable encima de un teclado dispuesto a moldear la realidad a su gusto.

A raíz de la difusión del citado artículo empecé a recibir numerosos correos electrónicos felicitándome por su contenido, pero, de manera sorprendente, se mezclaban entre ellos mensajes de desaprobación por haber criticado a los empleados de la banca, y se documentaba el desacuerdo con párrafos subrayados de palabras que jamás escribí. Intrigado, intenté buscar en Google el origen del desaguisado. Por fortuna, en la mayoría de los casos se reproduce mi artículo original; en algunos incluso se cita la fuente y se redirecciona a la página de este diario. Sin embargo, en otros sitios aparece mi foto y debajo un artículo con un título y un contenido que no es el auténtico, atribuyéndome entre párrafos unas opiniones que no son mías. Puesto en contacto con alguno de estos blogueros y diarios digitales, me ofrecen disculpas, pero dicen que se limitan a reproducir lo que ya han encontrado en la red. Siguiendo mis pesquisas, encuentro que en un blog aparece mi artículo trufado y debajo la reproducción de una carta de José Luis Sampedro titulada «Querido Señor Presidente: es usted un hijo de puta», que resulta que tampoco escribió, y que lo mismo les ha sucedido a otros escritores como Arturo Pérez-Reverte e Isabel Allende. Imposible saber el origen de una falsedad que después se extiende como la pólvora.

Conclusión. Los derechos de autor son sagrados, no en su sentido patrimonial, pero sí como garantía de la formación libre de la opinión pública. Esto es de máxima importancia cuando la difusión de información y de ideas y opiniones se hace por internet. A los medios de comunicación clásicos (prensa, radio, televisión) es fácil identificarlos para poder exigirles rectificaciones y responsabilidades, pero es complejo deshacer falsedades cuando cualquiera puede crearlas y propagarlas a la velocidad de la luz y con cierto anonimato. Debería elaborarse un código ético para la fiabilidad de la información en internet, de manera que todo lo que se publique de otros se documente señalando la fuente original. Sólo así el quinto poder podrá realmente exhibir su fuerza democrática junto e incluso frente a los clásicos poderes.

Publicado en AUTORES, Francisco Bastida Freijedo | Deja un comentario

Os fillos de Fabra… Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Don Guillermo Collarte Rodríguez, señoria do grupo parlamentario popular, non é un fillo bioloxico de Fabra, pero perfectamente podería ser irmán de Andreiña “ Que se Fodan” con todo merito. Este honesto deputado do que o rexistro do Congreso sinala a súa febril actividade institucional, – nin unha soa iniciativa parlamentaria en todo o seu percorrido pola Carreira de San Jeronimo-. Propietario de dous pisos en Madrid e hospedandose como o recoñece en casa de mamá cando vai a Ourense, lugar que “representa” no Congreso, cobra  dietas por desprazamento (pese a recoñecer nunha entrevista nun  diario galego que leva 17 anos residindo na capital. Amparase sen o menor rubor no folgado exemplo de membros do seu grupo parlamentar incluídos algúns con asento no “goberno de España”. Noutra entrevista, nun xornal galego o deputado,  que  non dara pau a  auga como o da a entender sen empacho, pero locuaz na prensa si o é, nun trazo de exemplaridad afirma,… aínda que viva en casa  da miña nai cando veño a Ourense, aínda que os billetes págaos o Congreso, “os xantares e ceas que fago fora de casa e a gasolina págoma eu (sic)…É concelleiro da oposición no Concello ouresan…Os 416 euros que me dan por iso non me chega para nada…A súa esforzada tarefa municipal como opositor supón asitir ao os plenos…a todos? , e algunha comision quizais…Pois afirma que ten que estar en Madrid tres semanas ao mes…Entre  asubios e frautas este xornaleiro da politica embolsase do erario publico algo máis de 5.100 euros, ou sexa unhas 850.000 das antigas pesetas ao mes, ou sexa  case 11.000.000 das vellas louras ao ano contando catorce mensualidades.

Lamentablemente o coitado recoñece que as pasa canutas para saír adiante cos seus dous apaños publicos. Xusto é recoñecer que a vida está cara… Quizais compre para que non desperdiciar  tamaña xoia da cousa publica, unha cuestación popular (non do partido senón do pobo),  para complementarlle o seu orzamento. Pois anda o home mohino e meditabundo caindo en conta que non ten madeira de parlamentar e que  sintese  merecedor de maiores glorias. Pero os seus mandos xerarquicos esquecéronlle.

Fala o honorable patricio de cartos (osd seus), das súas ansias persoais, do seu posicionamiento, da súa conveniencia de si ser edil e deputado ou non… Con tanta preocupación polo “que hai do meu”, nin palabriña do neno Xesús da crise, dos problemas da súa circunscripción, de como xerar emprego na mesma, de solidariedade cos máis debiles, e desoutras minucias secundarias que algún inxenuo podria entender son o o eixe das precocupaciones dun representante publico cara aos seus electores…

Faise dificil asimilar ante o discurso deste eximio tribuno que ispe as súas miserias ante os lectores, – que o que o fai singular, é que non é un caso singular no seu grupo -, a tozudez do CIS en dicirnos que a cidadania ten nula confianza nos seus representantes e os ten mais  como problema  que como solución. Mesmo semilla imposible coa presenza de esforzados “politicos” como o deputado Collarte, ou como Andreiña “Que se Fodan” e outros de similar pelaxe que nos ofrece a maioria  de goberno como garantia de futuro do noso pais. A súa imaxe de oferta de cambio etico e austero.  Son os alicerces desta democracia de manto real onde a “mamandurria” que acusaba ufana Doña ESPE (a lideresa que se leva a casa mais de 90.000 euros anuais e que segundo a súa confesión tampouco alcanzanlle para chegar a fin   de mes), son peliños ao mar como nos da a entender o deputado Collarte na súa entrevista nun diario galego ao falar dos seus ingresos.

A verdadeira inxuria deste pais, son os parados sen futuro nin ingresos  que teñen a ousadia de berrar pedindo desesperadamente  os mesmos 400 euros que non lle chegan a nada ao deputado popular Collarte, para polo menos levar unha codia a boca uns dias mais. Os indignos e perseguibles de oficio con todos os mecanismos legais e coercitivos do Estado na súa versión “popular”, son os que dan badaladas nas superficies comerciais intentando lembrar que baixo o goberno dos correlixionarios do deputado Collarte este pais remata de empobrecerse dramáticamente, pero menos do que aínda ficará coas receitas que aplican sen astisbo de comprensión social. Que co salario mensual do deputado Collarte que pagan cidadáns e cidadás – incluidos moitos que ao ano apenas chegan ao que este levase nun  mes e non cobre as súas necesidades-, vivirian ao mes cinco familias.                

O que é realmente e unha vergonza son  esas voces que chaman a solidariedade e exixen dereitos sociais. Xentes que non comprenden o exemplo espartano de señores como Mendez, Gayoso, Rato, Pego, Varela, e moreas e moreas mais condenados a malvivir apenas cunhas cantas ducias de millóns de euros, miles de millóns das antigas pesetiñas, “afanadas” traballadamente cunha impecable folla de servizo que ben mostran o esplendor das nosas caixas e sistema bancario, sacrificandose toda unha vida abnegadamente polo ben común…

E aínda hai algúns cidadáns que indignanse….Deberia caerselles a cara de vergoña…

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Goberno enredado na inercia da crispación – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

Deostada na actualidade como salvaxe e cruel (sobre todo por aquela referencia bíblica ao ollo por ollo e dente por dente), a formulación da chamada lei do talión significou, no seu momento, un avance na configuración dunha xustiza que substituíse á vinganza persoal ou familiar incontrolada e establecese unha certa proporcionalidade entre o delito e o castigo. Con esa visión máis ou menos moderadora, converteuse a xustiza nunha sorte de socialización da vinganza, dentro ademais dos mecanismos de control social que tratan de manexar os poderes, incluídos os poderes que sustentan a súa lexitimidade no respaldo democrático dos cidadáns.

A partir da Ilustración, e precisamente desde perspectivas democráticas, foise elaborando un discurso que pretende transformar esa sorte de vinganza colectiva nun proceso de rehabilitación do delincuente. Na Constitución española do 1978 conságrase explicitamente a finalidade de “reeducación e reinserción social” das penas privativas de liberdade, unha finalidade que se esquece moi facilmente ante determinados crimes que provocan alarma social.


Neses casos, a algúns parece que non lles chega nin coa lei do talión. E resulta comprensíbel que reaccionen de xeito visceral as persoas directamente afectadas por eses crimes. Non se comprende, en cambio, que políticos que tiveron responsabilidades de goberno precisamente nesa materia (e adoptaron decisións moi semellantes ás que agora critican) empreguen palabras grosas e descualificadoras contra medidas estritamente legais, adoptadas por un goberno formado por compañeiros do seu propio partido. Refírome, por se non queda claro, a Jaime Mayor Oreja, que era ministro do Interior cando o presidente do goberno José María Aznar decidiu manter conversacións con representantes do “movemento vasco de liberación nacional” e era necesario “aliviar” as condicións de encarceramento dos terroristas para facilitar a negociación, como antes intentara influír na solución do secuestro de Ortega Lara co traslado de 43 presos etarras a cárceres vascas (o reagrupamento de todos os presos pedían os secuestradores). Agora, en cambio, considera unha traizón a concesión do terceiro grao (paso previo para que o xuíz de vixilancia penitencial conceda a súa excarceración) a un terrorista ao que se lle diagnosticou un cáncer terminal e que precisamente foi un dos secuestradores do funcionario de prisións Ortega Lara.


En realidade, non é máis que unha inercia do comportamento do Partido Popular desde a oposición ao goberno de Rodríguez Zapatero. A súa manipulación sectaria da política antiterrorista, impropia dun partido de goberno, vólvese agora na súa contra, con disensións internas e distanciamentos de medios de comunicación que, naqueles momentos, apoiaron con entusiasmo a crispación militante e agora consideran máis conveniente sumarse ás posíbeis audiencias da demagoxia.


Jaime Mayor Oreja declárase católico practicante e está considerado, desde sempre, como un dos líderes democrata-cristiáns integrados no PP, pero hai tempo que cristián non é sinónimo de compasivo. O cristianismo matizouse moito ao longo dos séculos e os dirixentes da súa estrutura organizativa incorreron, no devir da historia, en moitas e moi graves contradicións, con respecto ás mensaxes recollidas nos Evanxeos, fonte principal da súa doutrina. Nese contexto de desvalorización doutrinal, hai que entender que non pase da categoría de simbolismo retórico o contido do chamado Sermón da Montaña e as súas referencias explícitas á superación da lei do talión, mesmo suxerindo que se ofreza a outra meixela e que se ame aos inimigos. 

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario

Cinco anos despois – Xesús Veiga

Xesús Veiga

Hai poucos días cumpríanse cinco anos dende o estoupido da burbulla criada polas hipotecas subprime nos USA e a posterior extensión da crise financeira polos mercados de todo o mundo.A importancia do aniversario non tivo un impacto acaído na meirande parte dos analistas que emiten as súas opinións nos principais medios de comunicación do Estado español.Mais interesados por analizar o episodio protagonizado por Sánchez Gordillo e outros dirixentes do SAT, non quixeron acometer unha avaliación seria das cuestións básicas que a crise iniciada no 2007 colocou no centro do escenario internacional:por qué pasou o que pasou e cales foron as respostas promovidas polos poderes económicos e políticos mais relevantes do planeta.

Establecer un diagnóstico acertado sobre o sucedido resulta imprescindíbel para quen queira buscar alternativas de saída ao que hoxe padecemos.Aparentemente, existe un consenso xeralizado á hora de ubicar no sistema financeiro o kilómetro cero da desfeita.Porén, tal coincidencia fica diluída cando, nestes últimos cinco anos, contemplamos cómo dirixentes políticos ou directivos empresariais teñen formulado outras premisas como causas do desequilibrio económico:unha presunta regulación laboral inadecuada; a política expansiva rexistrada no gasto público e, singularmente no caso español, unha organización territorial do Estado que tería favorecido o medre do endebedamento público.A realidade é teimuda:as severas políticas de axuste practicadas en Grecia, Portugal, Irlanda, España e Italia non provocan a reanimación da actividade económica senón a súa progresiva depresión.As reformas laborais non deteñen o medre do desemprego e alimentan un notábel empobrecemento das persoas asalariadas.O sistema financeiro segue enfermo e contamina ao resto do tecido económico.A carencia de normas reguladoras e o incumprimento das existentes constitúe a substancial asignatura pendente do G-20, do FMI, do BCE, da Comisión Europea e dos gobernos.A dúbida é pertinente:non saben o qué pasa ou non queren modificar o status de poder realmente existente?


Coñeciamos recentemente que un dos directivos do Banco Popular percibiu unha pensión de 17 millóns de euros.O episodio, mais alá da súa indiscutíbel legalidade e da libre decisión que pode adoptar unha entidade financeira privada sobre as políticas de remuneracións e incentivos, resulta revelador da dinámica social na que estamos inmersos.No reparto dos custes da crise non rexe o principio da xustiza distributiva.Accionistas, directivos e grandes prestamistas están sufrindo un impacto mínimo nos seus beneficios a pesar de que a súa responsabilidade na orixe e desenvolvemento da crise foi determinante.A socialización das perdas ten outros destinatarios:medre do desemprego, redución de salarios no ámbito público e tamén no privado, novos mecanismos de repago dos fármacos ou medre dos impostos indirectos.


A desigualdade no sistema económico capitalista non naceu con esta crise pero está rexistrando niveis que non figuraban nas estatísticas das últimas décadas.O reto para hoxe e para mañá está servido:sermos capaces de construír unhas sociedades nas que a economía fique ao servizo das persoas e non sexa utilizada para alimentar a cobiza dunha minoría de tabeiróns financeiros.

Publicado en AUTORES, Xesús Veiga Buxán | Deja un comentario

Outono quente – Antonio Campos Romay

Antonio Campos Romay

Ao derrubo na intención de voto do PP tralo seu drástico programa de recortes falazmente agochado na campaña electoral e mesmo na sesión de investidura, acompañase  unha acelerada caída na credibilidade do goberno que perigosamente co seu  descrédito arrastra  ás principais institucións do Estado. 

O PP incrementou en poucos meses a tensión social, incorporando colectivos  alporizados ao observar que  tralos recortes, hai moito de carga ideolóxica que eles haberán de pagar. É o caso dos traballadores do sector público, nos que agás do profesorado ou os traballadores dá sanidade, tradicionalmente mantivéronse alleos ás movilizacions.


A manipulación da cidadanía desde diversos altofalantes extremistas acrecentase. Fomentando o desprezo pola política e os partidos. E de xeito moi especial aos sindicatos. Gabase sen disimulo o populismo. Gaña folgos unha dereita neofascista centrada en arremeter contra os dereitos democráticos e sociais. Demonizanse as conquistas do mundo do traballo como un estigma que frea a glorificada “eficacia” do capitalismo salvaxe frorido na máis absoluta desregulación. Mesmo algún impúdico personaxe tenta renacer da súa turbia biografía para pescar nas revoltas augas políticas.  Arremetese cunha especial acritude contra o estado autonómico desde unha solapada nostalxia do centralismo máis rancio. Agredese o municipalismo sen ofrecer  receitas racionais. Mesmo considéranse superflua a representación da cidadanía ante unha crecente febleza democrática.


Tras un verán  inquedo o goberno propoñerá  medidas mais crueis  para cumprimentar os ditados da Troika. O que de seguro levarao a requirir complicidades para impoñelas. Os elixidos serán as forzas que na primeira restauración chamábanse “dinásticas” e hoxe en expresión máis ao uso, “institucionais”. Non é arriscado aventurar que pese ao menosprezo mostrado cara elas polo Sr. Rajoy en varias ocasións, perdan a pouca vergoña que lles queda para ir na súa procura. Que non é exactamente procurar o mellor para a cidadanía. O  “rescate” dos mais febles da sociedade abonda non ser prioridade nas sisudas reflexións de tales forzas.


Nas  posicións da esquerda, polo menos aquela que goza  de máis respaldo electoral, so hai mostras de orfandade ideolóxica e estratéxica. Semellan ficar apampados na  irrealidade ou na nostalxia polas posicións de poder fuxido. A súa miopía impidelles ollar a urxencia de articular solución rigorosas para abordar a saída á catástrofe na que nos atopamos inmersos evitando que estas cheguen da man da dereita máis insolidaria de toda a Transición, esmorecendo aínda máis si cabe a cohesión social e o ben común.


A conflitividade deste  outono vai ser determiñante. Unha folga xeral no horizonte, que caso de producirse amaga ser severa. Múltiples iniciativas fronte a un goberno que mostrou con xenerosidade súa tendencia a poñer o estado ao ditado das oligarquías económicas locais e foráneas. Goberno cunha maioría legal absoluta e unha minoría moral salientable.  Un perfecto caldo de cultivo dunha crecente ira civil.


É un escenario que demanda profundar nun marco democrático. Que super a conxuntura e aborde temas de profundo calado sen resolver. Administración, territorio, forma de estado, etc… Un escenario no que e indispensable que a socialdemocracia,  ofreza unha resposta distinta dos seus comportamentos e discursos cargados de complexos e limitacións. Desvencellada do papel de escudeiro fiel sometido ás regras de xogo dos poderes económicos. Liberada definitivamente do cordón umbilical dunha transición, que polas circunstancias históricas habilitou un proceso político mais ou menos tutelado, onde  a implícita continuidade do réxime anterior tivo reflexo ata na xefatura do estado.


Seria miopía suicida non prever que sen unha fonda rexeneración democrática allea de tabús e complexos, que a presión social crecente anima un incerto desenlace. Tanto como non diagnosticar  que tras esta situación caótica agochase a realidade dun réxime caducado. Cuxo parte de defunción pode asinarse nun estourido social.

Publicado en Antonio Campos Romay, AUTORES | Deja un comentario

Os cidadáns gregos, na vangarda do deterioro social – Xosé A. Gaciño

Xosé A. Gaciño

O goberno grego está a pedir unha prórroga de dous anos, do 2014 ao 2016, no prazo para reducir o seu déficit público ao 3 por cento, e unha demora de catro anos, do 2016 ao 2020, para empezar a pagar a devolución dos préstamos dos seus rescates. Recordemos que este goberno, presidido polo conservador Antonis Samarás (Nova Democracia), con apoio parlamentario dos socialistas do Movemento Socialista Panhelénico (Pasok) e de Esquerda Democrática, foi saudado con alivio polo resto de gobernos occidentais, a pesar de que Nova Democracia fora o partido político que falsificou no seu momento as contas públicas para que Grecia fose admitida no euro.

Nas últimas eleccións, no pasado mes de xuño, as forzas de “orde” de toda Europa preferían a vitoria dos tramposos convictos e confesos ao triunfo electoral da Fronte Social Unificada (Syriza), formada por pequenas organizacións de esquerdas, que defenderon na campaña a renegociación da débeda pública e das condicións dos rescates. En ningún momento dixeron que quixesen saír do euro, pero ese foi un dos sambenitos que lles adxudicaron nunha intensa campaña mediática, dentro e fora do país, na que se anunciaban toda sorte de desgrazas, nun país saturado delas, para o caso de que as urnas propiciasen a chegada ao goberno dunha forza non controlada polos banqueiros (polo menos ate ese momento).


Apenas un par de meses despois, o goberno dos tramposos está intentando renegociar as condicións dos rescates, como non podía ser doutra maneira. Todos saben, aínda que non todos o digan abertamente e algúns traten de ocultalo, que Grecia non vai poder pagar nunca as débedas acumuladas e as que se van seguir acumulando. Naquelas eleccións de xuño, só a extrema dereita xenófoba e racista defendía a saída de Grecia do euro. Agora, son algúns ministros alemáns os que empezan a insinuar que non hai que descartala.


Non é a única recomendación dos fascistas que está a ser considerada, como o demostra a contundente persecución policial de inmigrantes emprendida por este goberno grego da dereita, con apoio parlamentario de socialistas “moderados” (despois de todo, ate o goberno de François Hollande en Francia segue a inercia racista de Sarkozy coa expulsión “administrativa” de xitanos romaneses). E iso que a liberalización da inmigración é unha das recomendacións do Banco Central Europeo para baixar os salarios (quizais tamén para que os inmigrantes sirvan de chibos expiatorios e as protestas cidadáns non se dirixan contra o poder?).


Nesta Europa desconcertada pola prolongación dunha crise contra a que non se combate, non se sabe se os que deciden son incompetentes desbordados pola situación ou se están a aproveitar esta situación para mentalizar aos traballadores e ás clases medias de que non queda outro remedio que traballar e cobrar como os chinos, mentres os millonarios chinos tratan de acadar o nivel dos millonarios europeos (que estes, de momento, non rebaixan os seus ingresos). En calquera caso, nesa fin previsíbel, de deterioro social e de desigualdade en ascenso, sexa por acción ou por omisión, os cidadáns gregos van nestes momentos en vangarda.

Publicado en AUTORES, Xosé Antonio Gaciño | Deja un comentario